Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 9 de outubro de 2012

Pazo da Cultura: Información "A Hora do Conto" e " A procura do Tesouro"




A Concellaría de Cultura volve a por en marcha os obradoiros A hora do conto e Á procura do tesouro, que este ano chega á súa XI edición. O Pazo da Cultura será o escenario onde se impartirán estes obradoiros dende o mes de outubro até maio. Lola Dopico, responsable de Cultura no Concello, animou aos pais e nais a que se acheguen a coñecer estas actividades que ano a ano teñen máis acollida entre a poboación infantil (máis de 150 inscritos por cursos na última edición), xa que busca desenvolver a creatividade, a  imaxinación e a expresividade dos nenos.



Á PROCURA DO TESOURO 

É un programa de actividades de expresión dramática, plástica e musical pensada para rapaces entre 4 e 12 anos, coa coordinación de Migallas Teatro

Dende o seu comezo o número de participantes nestes talleres artellados en catro grupos segundo as idades foi en aumento ata acadar na actualidade o de 150 nenos e nenas. Durante as 22 sesións das que consta cada taller os nenos descobren e fomentan os seus recursos expresivos e desenvolven as súas capacidades creativas utilizando diversas técnicas de expresión artística ( pintar con chocolate, modelaxe con masa de sal, barro, fabricación de papel, impresións, collage, etc).

Os dous grupos de rapaces máis maiores, de 8 a 12 anos, traballan con máis profundidade a expresión dramática e realizan cada ano unha montaxe de creación colectiva que representan no Teatro Principal de Pontevedra durante o mes de maio.

Os talleres serán os seguintes:

Taller 1: de 8 a 12 anos
Os luns de 18,30 a 20,00 h.
Comezo: luns 26 de outubro.

Taller 2: de 8 a 12 anos
Os martes de 18,30 a 20,00 h.
Comezo: martes 27 de outubro.

Taller 3: de 4 a 7 anos
Os mércores de 18,00 a 19,30 h.
Comezo: mércores 28 de outubro.

Taller 4: de 4 a 7 anos
Os xoves de 17,30 a 19,00 h.
Comezo: xoves 29 de outubro.

A cota de inscrición é de 30 euros polas 22 sesións. O inicio da inscrición comezará o 13 de outubro, será por orde de inscrición e até esgotar prazas. Pódese obter máis información no Pazo da Cultura entre as 8.00 e as 14.00 horas ou no teléfono 986 833 061.


A HORA DO CONTO

"Contos de cores" é un proxecto de animación á lectura que acercará os cativos ao mundo multicolor dos contos. As cores son parte intrínseca do mundo onde se desenvolven as historias: o vermello da carapucha, o azul da barba, o negro da bruxa, o verda da ra, o amarelo do ouro... As cores como vehículo de comunicación de estados de ánimo o negro misterioso da noite, o gris desacougante da nube de tormenta, o azul fresco do mar, o verde relaxante dun prado na primavera, o amarelo escintilante do sol...
Con este tema como fío condutor achegarémonos ás tradicións orais galega e de outras culturas a través da narración e dos xogos.
Pavís Pavós serán os pintores encargados de facer as mesturas apropiadas, sábado tras sábado, e conseguir novas cores que logren atraer aos personaxes que nos traerán novos xogos, novas cancións, que narrarán historias ou que nos farán a proposta de debuxalas.

Os obxectivos desta actividade é a animación á lectura a partir da oralidade; a recuperación da literatura popular; e o achegamento pracenteiro destes materiais aos rapaces.

A actividade está pensada para nenos entre 4 e 11 anos. Impartirase no Pazo da Cultura, os sábados dende outubro até maio.

                                                                Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario