Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 29 de abril de 2013

Aviso para a excursión de 2º e 3º de primaria




Hoxe repartimos entre os alumnos/as de 2º e 3º de primaria un aviso para que, debido as primeiras comuñóns que se celebran o 25 de maio, as familias teñan a posibilidade de escoller data para realizar a excursión.

Só se entenderán válidos os votos emitidos entre as tres datas posíbeis: 

  • 25 de maio 
  • 8 de xuño 
  • 15 de xuño 


Sinalando na propia comunicación e depositadas antes das 14:00 hs. do próximo venres 3 de maio na caixa de correo da Anpa.

Grazas. 


domingo, 28 de abril de 2013

ACTO DE ENTREGA PREMIO V CONCURSO DE CONTOS E DEBUXOS A SABELA CAMPOS

O pasado venres dia 26 de Abril ás 15:00 h tivo lugar no comedor  o acto de Entrega de Premio do V Concurso Nacional de Contos e Debuxos a  Sabela Campos alumna de 2ºA do CEIP ALVAREZ LIMESES ao que asistiron Representantes de SERUNION e da ANPA ALVAREZ LIMESES asi como o personal do servizo de comedor e os orgullosos pai e nai de Sabela


O presidente da Anpa Alvarez Limeses fai entrega do Premio


O presidente  da Anpa e Representantes de Serunion acompañan a Sabela

         


     Sabela  posa orgullosa co personal do servizo de Comedor doAlvarez Limeses (Nayara, Patricia; Mar, Marcelo etc..)


                                Sabela comparte feliz cos seus amigos/as de 2ºA e de comedor


                           A Familia Campos Lopéz  posa respladecente no acto de entrega






Carballo trata de imitar a Pontevedra para construir una ciudad más amable




Pontevedra es el «paradigma» de que es posible recuperar las ciudades para las personas, y el concejal de Tráfico de Carballo, Xosé Regueira, está decidido a intentar seguir ese ejemplo aunque el entorno sea muy diferente. «A nosa pretensión é que Carballo sexa unha cidade máis amable, sobre todo cunha parte da sociedade que é pequeniña en estatura pero que ten os seus dereitos», expuso.
El primer paso será la puesta en marcha, probablemente a mediados de mayo, del camino escolar o pedibús, un proyecto que ha sido presentado ya a la comunidad educativa y que centró una interesante jornada informativa celebrada ayer por la tarde en el Fórum. Entre los cuarenta asistentes se encontraban, sobre todo, técnicos municipales, pero muy pocos padres de alumnos y profesores.
Pilar Monterrubio, del Centro Nacional de Educación Ambiental, propuso una reflexión sobre «la importancia de la infancia» y sobre datos tan «alarmantes» como que más del 20 % de los niños de siete a trece años son obesos. Para ellos, la ciudad se ha convertido, dijo, en «un lugar de paso», de casa al colegio y de una actividad a otra. «Si hubiese un sindicato de la infancia, las madres y los padres estarían denunciados por matricular a los niños en tantas actividades». Desde su punto de vista, el camino escolar es «un pequeño paso para la autonomía infantil, pero el objetivo es conquistar la ciudad «soñada».
El concejal pontevedrés Demetrio Gómez; el jefe de la Policía Local, Daniel Mancelle, y los padres de alumnos Juan Pérez y Manuel Álvarez explicaron la iniciativa iniciada en el CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, y que el próximo curso se extenderá a casi todos. El representante del Concello destacó que los niños no van solos al colegio, sino que van «sen os pais», a través de unas rutas delimitadas en las que hay colaboradores que los ayudan a cruzar y una serie de comercios adheridos a los que pueden acudir si tienen algún problema. Pontevedra creó el escenario propicio para cambiar el tráfico rodado por el peatonal, y hoy es, aseguró el jefe de la Policía, «un escenario seguro. Os nenos poden ir sos ao colexio. O problema é vencer o medo dos pais, e iso non é fácil». Pero, al menos en ese caso, se ha conseguido.

Charla para adultos sobre Os menores ante as novas tecnoloxías




MUSEO DE PONTEVEDRA
Está organizada pola Deputación de Pontevedra e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FANPA) e será impartida por Jose E. Torres Meira, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil, e nesta ocasión está dirixida única e exclusivamente a persoas adultas.

Nela serán tratados os seguintes aspectos de interese, especialmente para os pais e nais, pola súa actualidade: telefonía móbil, bluetooth, redes wifi, mensaxería instantánea ou chat, redes sociais, redes P2P, datos de carácter persoal, vantaxes e inconvenientes da webcam e recomendacións para unha navegación segura, ofrecendo ó finalizar a posibilidade de que os asistentes presenten ó conferenciante dúbidas ou cuestións que poidan ser interesantes.

xoves, 25 de abril de 2013

Jornada formativa en Pontevedra para ampliar el «Camiño escolar»

Como había adelantado el Concello de Pontevedra el pasado 5 de marzo, el programa Camiño escolar se extenderá a todos los centros de Primaria de la ciudad donde el tratamiento urbano permita su puesta en marcha. Para ello tendrá lugar una jornada informativa dirigida a padres, comerciantes y vecinos que tendrá lugar el 14 de mayo por la tarde en el Pazo da Cultura. Asistirán Jean Picard, presidenta de Stop Accidentes en Galicia; Eva Muiño, coordinadora del grupo de Tráfico y Seguridad del Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia;María Sintes, técnica del Centro Nacional de Educación Ambiental (Ceneam) del Ministerio de Medio Ambiente; y la concejala de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, en representación del Concello. El Camiño escolar, que busca que los niños de 7 años en adelante aprendan a ser peatones acudiendo solos al colegio, está en marcha desde hace tres años en el CEIP Álvarez Limeses. El próximo curso se ampliará a otros seis centros: cuatro públicos, Barcelos, Campolongo, Froebel y Manuel Vidal Portela, y dos privados concertados, Doroteas y Calasancias. 

Por otra parte, mañana tendrá lugar en Carballo una jornada para la puesta en marcha de esta iniciativa en este municipio coruñés. Asistirán como invitados el concejal Demetrio Gómez, el jefe de la Policía Local, Daniel Macenlle, y representantes de la ANPA del Álvarez Limeses.


EXPOSICIÓN E FORO DE DEBATE SOBRE O CAMIÑO ESCOLAR
CARBALLO, 26 de abril de 2013, 17h, FORUM CARBALLO


PROGRAMA
17h   Presentación do foro e inauguración da exposición
-Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo.
-Xosé Regueira, concelleiro de xestión municipal do Concello de Carballo.
-Virginia Rodríguez, Presidenta de ADEGA.
17:10h    O camiño escolar e a autonomía infantil
-Pilar Monterrubio, Área de Educación e Cooperación do CENEAM.
 
17:40h    A experiencia de Pontevedra co camiño escolar
-Demetrio Gómez, concelleiro coordenador do rural, xuventude e normalización  do Concello de Pontevedra.
-Daniel Macenlle, xefe da Policía Local do Concello de Pontevedra. 
 
18:20h    A experiencia das nais e pais
-Representantes da ANPA do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.
18:45h    Proxección do Vídeo “Camino Escolar, pasos hacia la autonomía infantil”, de Marta Román Rivas e Isabel Salís Canosa.
19:00h    Foro aberto de debate
20:00h    Encerramento


EXCURSIÓN DE 4º e 5º de Primaria a DOMUS e MUNCYT (A Coruña)




  HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 9:00

 Ficha Inscripción EXCURSIÓN DE 4º e 5º de Primaria a DOMUS e MUNCYT




EXCURSIÓN DE INFANTIL 3 e 4 anos a Apípolis



HORA E LUGAR DE SAÍDA:  Rúa Cobián Areal ás 9:30
NOTA: A merenda  do descanso das 11:30(incluída no prezo)

 Ficha Inscripción Excursión Apípolis 2013 3 e 4 anos Infantil




Circular 11 de 24 de abril de 2013. Curso 2012-2013


Circular 11 de 24 de abril de 2013. 
Curso 2012-2013

Excursións 2013
A Xunta directiva da Anpa programou as seguintes excursións para este final de curso 2012-2013:

Cursos
Data
Lugar

Prezo
socias/os
Prezo
non socias/os
Infantil 3 e 4 anos
4 de maio
Apípolis (Xeve)
Medio día
11,00 €
25,00 €
Infantil 5 anos e 1º de primaria
25 de maio
Parque arquelóxico
(Campo Lameiro)
Día enteiro
19,00 €
40,00 €
2º e 3º de primaria
25 de maio
Sendeiro da Fraga do Barragán
(Pazos de Borbén)
Día enteiro
12,00 €
30,00 €
4º e 5º de primaria
4 de maio
Muncyt e Domus (A Coruña)
Día enteiro
20,00 €
45,00 €

Entregaranse papeis específicos explicando os pormenores de cada excursión, con ista circular van os das excursións do sábado 4 de maio. Lede con atención a proposta e as/os que queiran enviar aos seus cativos fagan o pago o día e hora indicadas. Se queredes algunha aclaración poñedea en coñecemento o antes posíbel polos medios habituais e rápidos, teléfono e en caso de que queredes que haxa constancia escrita por correo electrónico.


Baile galego. Día da muiñeira 2013

Para participar no Día da muiñeira que se celebra na tarde do venres 31 de maio queremos facer un grupo específico de nenas/os os sábados no ximnasio do colexio en horario de 12:00 a 14:00 hs. os días: 27 de abril, 4, 11 e 25 de maio. O custo para socias/os é de 5,00 €, e para non socias/os de 20,00 €. Tentaremos conseguir un bo prezo para as rapazas e os rapaces que teñan que arrendar o traxe para participar na concentración, paseo polas rúas da zona vella e posterior baile na Avenida Montero Ríos.
As persoas interesadas deben apuntarse no teléfono da Anpa, 688 90 80 80, de inmediato.

Fotos recordatorio

Lembrade que durante ista semana na tenda Bambola da rúa Cruz Gallástegui (a 100 ms. do colexio) recollen os cartos (8,00 €) para as/os que queiran as fotos recordatorio e tamén o sobre sen abrir para as/os que non as queiran. A empresa de fotografía fixo un grande esforzo para ofertar este servizo polo que debemos facilitar a súa labor, e a mellor forma de agradecerllo é levando o diñeiro ou devolvendo as fotos aló. Grazas.

Reparto de balde de libros

Con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas e debido á relación de colaboración con OQO editora a Anpa entregará gratuitamente un libro da citada editorial a cada rapaz e rapaza membros da Anpa. Ista entrega é persoal, debe acudir cada cativo a recoller o libro que elixa dos presentes. O acto de entrega terá lugar o sábado día 11 de maio de 2013 de 11:00 a 14:00 hs. no edificio do comedor do colexio.



Acordo coa empresa FIMEGA

A Xunta directiva da Anpa ven de asinar un acordo coa empresa FIMEGA polo que as/os asociadas/os a Anpa terán descontos nos servizos que contraten coa citada empresa en calquera dos seus centros. As/os interesadas/os simplemente deben comunicar a condición de socias/os da Anpa a FIMEGA e comezarán a disfrutar das condicións pactadas e resumidas nos cadros que se inclúen nista páxina.
Asemade a Anpa sorteará entre todos as/os asociadas/os o día 11 de maio de 2013 ás 13:30 hs. no edificio do comedor do colexio, 2 vales para unha masaxe de costas e 3 bonos de iniciación a pilates, obsequio de FIMEGA. www.fimega.com




Pazo da Cultura: Programación 26 -28 abril


Cabaret
"Ultranoite do Aquí" de Grupo Chévere
Venres 26 e sábado 27 ás 22:30 horas
Lugar: Vestíbulo Pazo da Cultura
Prezo: 12 eur. + gastos / 10 eur. + gastos

O Grupo Chévere tomará o vestíbulo do Pazo da Cultura a noite do venres 26 e sábado 27 para representar o seu cabaret "Ultranoite do Aquí". Un formato inventado e levado a cabo durante máis de 20 anos na xa pechada Sala Nasa, que mestura teatro, humor, música e baile ao tempo que fai escarnio da actualidade a tempo real. Un espectáculo nunca visto que non deixa títere con cabeza nun espazo xamais empregado: o vestíbulo do Pazo da Cultura, que se acondicionará para o mesmo, permitindo aos asistentes sentarse arredor de pequenas mesas e acompañar a velada coas súas consumicións.
 
Interveñen entreo outros Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantxa Vilar, César Goldi, Mónica Caamaño, cos músicos ao vivo Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián e os videos de Quadra Producións.
 
Venda anticipada de entradas a web www.servinova.com a un prezo de 12 euros máis gastos de xestion (10 euros máis gastos para estudantes, parados e xubilados) dúas horas antes na billeteira do Pazo da Cultura




Encontro
8º Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra
Domingo 28 de abril de 10:00 a 14:00 hhoras e de 16:00 a 20:00 horas
Lugar: Recinto Feiral

O Recinto Feiral de Pontevedra acolle o 8º Encontro de Palilleiras cidade de Pontevedra, que, oeganizado pola Asociación de Palilleiras "A Fieitiña", congregará a miles de artesanas non só do noso país, senón chegades de Urugai, Portugal, Alemaña, Italia, etc. Haberá postos de venda de encaixe e de utensilios para facelo, ademais de demostracións das diversas técnicas e talleres de iniciación e dúas exposicións de traxes rexionais e de época feitos con encaixe.
 

venres, 19 de abril de 2013

Reunión informativa mobilización LOMCE


Informamos de que o vindeiro martes 23 ás 20.00 horas na galería Sargadelos, terá lugar unha reunión informativa para dar a coñecer as movilizacións que se realizarán en Pontevedra en contra da nova Ley educativa e as medidas que se pretenden tomar co sistema educativo actual.


Federación de ANPA de Pontevedra
Rúa Alfonso XIII, nº 7, 3 andar (Edificio antigo conservatorio)
36002 Pontevedra
Apartado de correos Nº 511 36080 Pontevedra
Teléfono: 986 84 34 12

E-mail: info@nontedurmas.org
http://www.nontedurmas.org


mércores, 17 de abril de 2013

XIX Cross escolar Vilaverde - Mourente





O Colexio de Educación Infantil e Primaria Vilaverde-Mourente pretende celebrar coa colaboración dos demais Colexios do Concello de Pontevedra, o XIX CROSS ESCOLAR, o sábado día 20 de abril, a partir das 10 da mañá. Coma todos os anos celebrarase nos arredores do Colexio.

Haberá probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3,4 e 5 anos) e para as categorías pre -benxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e alevín ( 5º e 6º). A todos os nenos se lles entregará auga e un bocadillo, e haberá reparto de premios.



Uns días antes da data sinalada, porémonos en contacto para confirmar si o voso Centro participa, e o número de nenos que participaría en cada categoría. Os dorsais entréganse o mesmo día da competición. Para axilizar a confección dos dorsais e que estean listos o día da carreira, precisamos que nos mandedes unha lista cos rapaces que se apunten co seu nome, curso e categoría. Podedes mandalo ao correo da ANPA anpaosvalados@gmail.com ou ó do centro ceip.vilaverde.mourente@edu.xunta.es . O día da carreira tamén poderanse apuntar no posto disposto ao efecto.

Os nenos poderán vir acompañados por persoal do colexio, responsables da ANPA ou ben individualmente cos seus pais.

Pretendemos que máis que unha competición, sexa unha xornada festiva para os rapaces e rapazas. Para aclarar calquera dúbida pódese chamar ó teléfono 690 731 207 (ANPA) ou 986858187 (centro).

As distancias a percorrer serán as seguintes:



Contarase coa colaboración da policía local, protección civil e cruz vermella.
O horario aproximado e orde das carreiras será o seguinte:






luns, 15 de abril de 2013

Museo de Pontevedra: Presentación da ONG Creart




A ONG Creart preséntase en Pontevedra o sábado 20 de abril, coa celebración da xornada A educación a través da arte, que comeza no Sexto Edificio do Museo ás 10:00 h e que contempla a realización das seguintes actividades:

  • Na sesión da mañá, entre as 10:30 e as 13:30 h, obradoiro de portas abertas de creación artística en educación de valores para nenos e nenas en idades comprendidas entre 5 e 12 anos, sobre Educación a través da Arte.
  • Na da tarde, entre as 17:00 e as 18:30 h, obradoiro para formadores de Educación para a Paz a través da Arte, no que se mostra dun modo vivencial a metodoloxía socio-afectiva que utiliza Creart nos seus talleres de formación de formadores, orientado a profesionais e estudantes do sector da educación, artistas, estudantes de Belas Artes e outros profesionais do sector. As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade poden facelo chamando ó teléfono 986 804 100, extensión 42436.
  • Ás 19:00 h, charla na que será presentada formalmente a ONG Creart, organización que traballa para a educación da infancia a través da arte, explicando os seus proxectos e metodoloxía de traballo.


Mediante unha exposición dixital mostraranse as actividades levadas a cabo por Creart en diferentes países e culturas, coa proxección en bucle dos seguintes vídeos: -Sus otras voces, de 15 minutos de duración, que conta a realidade dos nenos e das nenas na Franxa de Gaza, Territorios Ocupados Palestinos, despois dun bombardeo, e como a arte e a creatividade os axuda desde o apoio psicosocial. -Proyectos Creart, de 5 minutos, unha revisión fotográfica dos distintos obradoiros realizados por Creart en diferentes partes do mundo. -Babaganush, de 4 minutos, que narra a preparación, montaxe e inauguración da exposición final dun proxecto de formación de formadores a través da arte na Franxa de Gaza.

Nun stand pódese obter diversa información sobre a ONG Creart:
-Principais proxectos e actividades levadas a cabo.
-Proxectos actuais.
-Presentación da colección Qontextos, da editorial galega OQO Editora, que cede a Creart, en apoio ós seus proxectos, parte dos dereitos dos seus álbums ilustrados.
-Información sobre o proxecto de reconstrución parcial da escola da aldea de pescadores de Mboro sur Mer, en Senegal.
-Colaboración en dito proxecto, a través da construción simbólica do centro educativo con pezas lego.

                   http://www.oqo.es/
                   http://creart.org.es/

martes, 9 de abril de 2013

Circular 10 de 8 de abril de 2013. Curso 2012-2013



Circular 10 de  8  de abril de  2013. Curso 2012-2013


A Anpa chegou a un acordo coa empresa de fotografía Beni Feijoo polo cal ista ofrece unhas fotos dos cativos, de forma individualizada, con retratos individuais e de grupo a un moi bo prezo. Proximamente entregarase a cada alumno un sobre pechado de plástico transparente para que sen abrilo podan ver as diferentes fotos.


IMPORTANTESe NON lles interesa compralas non deben abrir o sobre senón devolvelo tal como o recibiron no enderezo sinalado no mesmo, se polo contrario SI queren as fotos poden abrilo e no sobre que atoparán no interior deben poñer o diñeiro e entregalo no enderezo citado.

Ciclo de cine



No ciclo de cine infantil proxéctase o sábado 13 de abril ás 17:00 hs. no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac) a película “Kirikou e as bestas salvaxes” dos directores Michel Ocelot e Bénédicte Galup con música orixinal de Youssou N´dour e Manu Dibango.

Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

ENTRADAS: A Anpa distribuirá as localidades o vindeiro xoves, 11 de abril de 9:00 a 9:30 hs. para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio. Outra posibilidade de conseguir os billetes é no mostrador de recepción do Sexto edificio do Museo de Pontevedra.

Como queira que nas películas anteriores houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que só aquilas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela por non ter billete, e dentro da sala butacas baleiras



xoves, 4 de abril de 2013

Acción de Verán 2013: CAMPAMENTOS





Campamentos de verán para mozos/as de 9 a 17 anos. Xunta de Galicia

O obxectivo dos campamentos de verán é que a mocidade empregue o seu tempo libre en actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, ao tempo que coñecen outros territorios e viven novas experiencias

Serán 4.990 prazas en Galicia, ás que se suman un total de 173 noutras comunidades autónomas  e a maiores  reservaranse 271 prazas para menores con discapacidade, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, ou menores tutelados.

Haberá distintas quendas, de entre 8 e 12 días, durante os meses de xullo e agosto e poderán participar nenos e nenas de entre 9 e 17 anos. 

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 17 de abril no rexistros da Xunta de Galicia.


 O sorteo das prazas realizarase, ante notario, nos 45 días seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia.(DOG do 2 de abril de 2013)

A praza inclúe o programa de actividades, o aloxamento, a manutención en réxime de pensión completa, o material, e atención sanitaria.

 No caso de traslado a outras comunidades autónomas, inclúese tamén o transporte desde Santiago de Compostela ata o destino.


Ademais das prazas de xestión directa, Xuventude tamén oferta o uso das súas instalacións entre o 15 de xuño e o 30 de setembro ás asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, concellos e mozos non asociados.

CAMPAMENTOS


Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais.

Haberá quendas de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, de multiaventura, teatro...)



Só tes que animarte a participar!



Consulta a información:

    Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2013 ( programa completo, e tamén por campamentos)


    MAIS INFORMACIÓN:  www.xuventude.net