Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 25 de abril de 2013

Circular 11 de 24 de abril de 2013. Curso 2012-2013


Circular 11 de 24 de abril de 2013. 
Curso 2012-2013

Excursións 2013
A Xunta directiva da Anpa programou as seguintes excursións para este final de curso 2012-2013:

Cursos
Data
Lugar

Prezo
socias/os
Prezo
non socias/os
Infantil 3 e 4 anos
4 de maio
Apípolis (Xeve)
Medio día
11,00 €
25,00 €
Infantil 5 anos e 1º de primaria
25 de maio
Parque arquelóxico
(Campo Lameiro)
Día enteiro
19,00 €
40,00 €
2º e 3º de primaria
25 de maio
Sendeiro da Fraga do Barragán
(Pazos de Borbén)
Día enteiro
12,00 €
30,00 €
4º e 5º de primaria
4 de maio
Muncyt e Domus (A Coruña)
Día enteiro
20,00 €
45,00 €

Entregaranse papeis específicos explicando os pormenores de cada excursión, con ista circular van os das excursións do sábado 4 de maio. Lede con atención a proposta e as/os que queiran enviar aos seus cativos fagan o pago o día e hora indicadas. Se queredes algunha aclaración poñedea en coñecemento o antes posíbel polos medios habituais e rápidos, teléfono e en caso de que queredes que haxa constancia escrita por correo electrónico.


Baile galego. Día da muiñeira 2013

Para participar no Día da muiñeira que se celebra na tarde do venres 31 de maio queremos facer un grupo específico de nenas/os os sábados no ximnasio do colexio en horario de 12:00 a 14:00 hs. os días: 27 de abril, 4, 11 e 25 de maio. O custo para socias/os é de 5,00 €, e para non socias/os de 20,00 €. Tentaremos conseguir un bo prezo para as rapazas e os rapaces que teñan que arrendar o traxe para participar na concentración, paseo polas rúas da zona vella e posterior baile na Avenida Montero Ríos.
As persoas interesadas deben apuntarse no teléfono da Anpa, 688 90 80 80, de inmediato.

Fotos recordatorio

Lembrade que durante ista semana na tenda Bambola da rúa Cruz Gallástegui (a 100 ms. do colexio) recollen os cartos (8,00 €) para as/os que queiran as fotos recordatorio e tamén o sobre sen abrir para as/os que non as queiran. A empresa de fotografía fixo un grande esforzo para ofertar este servizo polo que debemos facilitar a súa labor, e a mellor forma de agradecerllo é levando o diñeiro ou devolvendo as fotos aló. Grazas.

Reparto de balde de libros

Con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas e debido á relación de colaboración con OQO editora a Anpa entregará gratuitamente un libro da citada editorial a cada rapaz e rapaza membros da Anpa. Ista entrega é persoal, debe acudir cada cativo a recoller o libro que elixa dos presentes. O acto de entrega terá lugar o sábado día 11 de maio de 2013 de 11:00 a 14:00 hs. no edificio do comedor do colexio.



Acordo coa empresa FIMEGA

A Xunta directiva da Anpa ven de asinar un acordo coa empresa FIMEGA polo que as/os asociadas/os a Anpa terán descontos nos servizos que contraten coa citada empresa en calquera dos seus centros. As/os interesadas/os simplemente deben comunicar a condición de socias/os da Anpa a FIMEGA e comezarán a disfrutar das condicións pactadas e resumidas nos cadros que se inclúen nista páxina.
Asemade a Anpa sorteará entre todos as/os asociadas/os o día 11 de maio de 2013 ás 13:30 hs. no edificio do comedor do colexio, 2 vales para unha masaxe de costas e 3 bonos de iniciación a pilates, obsequio de FIMEGA. www.fimega.com




0 comentarios:

Publicar un comentario