Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 30 de setembro de 2013

FANPA: Cambio de oficina



Informarvos que a FANPA esta a facer  cambio de oficina, o noso novo enderezo é rúa Xan Guillermo núm 9, 36002 Pontevedra.

Tedes que desculpar porque igual nestes primeiros días estan tendo problemas de teléfono e internet, trataran de poder atendervos a todos do mellor xeito posible.










venres, 20 de setembro de 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CEIP ALVAREZ LIMESES 2013-2014




Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 19 de setembro de 2013 decidiuse que a empresa Anias siga levando a organización das actividades extraexcolares que teñen lugar no centro.

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria excepto o mes de Outubro, tal como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e unha copia de ter feito o ingreso bancario do mes de outubro (ver folla informativa de Anias). A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 26  de setembro de 2013.

  • DATA DE REALIZACIÓN do 1 de outubro de 2013 ao 13 de xuño de 2014.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía email extraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 26 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a,por email ou na nosa oficina.
  • COTA (mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para mais informacion consultar as Circular de Actividades que seguen :

 Horarios Actividades Extraescolares Anias 2013-2014 

 Ficha inscripción Actividades Extraescolares ANIAS CURSO 2013-2014 



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FÓRA DO COLEXIO:



Así mesmo, continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Campolongo e no Ximnasio Budo:





INFORMACIÓN ASOCIARSE A ANPA CURSO 2013-2014



Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de setembro de 2013 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:

 Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21  euros


Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2013-2014. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes de outubro ou novenmbro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o dia Luns 30 de Setembro de 2013 no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o Luns  30 de setembro de 2013.

As socias e os socios terán dereito a matricularse nas actividades extraescolares que se realizan no colexio (ver horarios e informacion aqui), realizadas pola empresa Anias.

Tamén se poderán matricular con prezos rebaixados en actividades extraescolares fóra do colexio, piscina do Centro Budo e Piscina municipal de Campolongo (ver horarios e informacion aqui)

Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripcion de socio da Anpa poderan adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2014.nunhas condicións moi vantaxosas.






                                         



Circular 3 de 20 de setembro de 2013. Curso 2013-2014: SEGURO DE ACCIDENTES


Circular 3 de 20 de setembro de 2013. Curso 2013-2014.

Nesta circular infórmase das coberturas do seguro individual de accidentes e anexos leva a ficha de inscrición á ANPA e a información da actividade de natación no Centro Budo (para ista actividade deben anotarse aló directamente facendo mención de que son socios da Anpa).

É imprescindible ser socio da Anpa para participar nas actividades extraescolares organizadas por ista (ver folletos da empresa Anias e das piscinas). O terse asociado implica unha serie importante de beneficios para as familias durante todo o curso dende o nivel pedagóxico ao lúdico.

A participación de todas/os é básica no desenvolvemento das capacidades de menores e adultos. Participade na comunidade educativa do Colexio Álvarez Limeses!

SEGURO DE ACCIDENTES
A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.

O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), 
e é válido até o 1 de outubro de 2014.

Coberturas do seguro de accidentes:



Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.


Para contratalo preencha as casillas correspondentes na ficha de inscrición á Anpa. O cobro será a primeiros de outubro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.



 

mércores, 18 de setembro de 2013

Circular 2 de 16 de setembro de 2013. Curso 2013-2014: PISCINAS CAMPOLONGO




PISCINAS DE CAMPOLONGO 

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o xoves 19 de setembro entre as 9:00 e as 10:00 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (de 1 de outubro de 2013 a 31 de xaneiro de 2014) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración
Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!
A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 1 de outubro de 2013 ao 31 de xaneiro de 2014.

HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.
Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.
Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!

NOTA IMPORTANTE: LEMBRAVOS QUE PARA PODER ASISTIR AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA TANTO EN NAS INSTALACIONS MUNICIPAIS DE CAMPOLONGO COMO EN CENTRO BUDO SERA NECESARIO FACERSE SOCIO DA ANPA NOS PRAZOS HABILITADOS PARA ILO NO SEU MOMENTO.

              

    venres, 13 de setembro de 2013

    Convocatoria de Asemblea Xeral ordinaria: Xoves 19 de Setembro de 2013






    Circular 1 de 13 de setembro de 2013

    Convocatoria de Asemblea xeral ordinaria

    A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Llmeses convoca Asemblea xeral ordinaria para o vindeiro xoves día 19 de setembro de 2013 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

    Orde do día:

    1.     Presentación da nava dirección do colexio.
    2.     Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
    3.     Informe da Xunta directiva sobre o curso 2012-2013.
    4.     Balance de ingresos e gastos do curso 2012-2013, aprobación se procede mediante    votación.
    5.    Proposta de nava cota anual que de 21,00 € pola/o primeira/o filla/o e 11,00 €              pola/o seguinte pasaría a ser de 21,00 € pala unidade familiar independentemente do   número de cativos no colexio. Votación.
    6.     Orzamento para o exercicio 2013-2014. Votación.
    7.     Renovación de membros da Xunta directiva.
    8.     Proposta de actividades extaescolares.
    9.     Ideas e preguntas.
    É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos sico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa asistencia á Asemblea e sendo parte da Xunta directiva.

    NOTA: Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.

    É posíbel delegar a asistencia noutra persoa, así deberán prencher e entregar na entrada o formulario:





    xoves, 12 de setembro de 2013

    Ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (2013-2014)


    V  I  S  O

    No BOE do 19 de agosto publicouse a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o próximo curso 2013-14 para alumnado de estudos non universitarios, PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO.

    Toda a información desta convocatoria pódese atopar na páxina do Ministerio de Educación : www.educacion.es

    O prazo de presentación será até o día 30 de setembro.  Non se admitirá ningunha solicitude posterior a esa data agás nos casos especificados no artigo 46.2


    INSTRUCCIÓNS PARA AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (BOE 19-08-13, www.educacion.es)

                    TODAS as solicitudes para as axudas de reeducación pedagóxica ou de linguaxe deberán ir acompañadas de:

    1. Fotocopia do certificado de minusvalía do alumno, no caso de que a teña recoñecida.
    2. Certificado do departamento de orientación do centro educativo que indique que o alumno presenta necesidade de apoio educativo, no caso de non ter recoñecida a minusvalía. Este certificado debe ser breve e conciso, pois é o que substitúe ao certificado oficial de minusvalía.
    3. Fotocopias dos DNI dos membros da unidade familiar que teñan feitos os 14 anos.
    4. Documento bancario dos datos da conta onde desexa recibir a axuda e na que o alumno debe estar incluído.
    5. Fotocopia do carné de familia numerosa, de ser o caso.
    6. Fotocopia do certificado de minusvalía dos irmáns do solicitante se os houbese.
    7. IMPRESO DA SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUBERTO, tendo especial coidado nos datos que deben cubrir no centro educativo para o cal lles solicitamos que presten moita atención
    -          aos apartados das páxinas 5 e 6 do impreso manual e as 6 e 7 do impreso da páxina web, en tódolos casos deberá encherse do seguinte xeito:
    ·         Apartado A – poñer os datos e o cuño do centro.
    ·         Apartado B – encher tódolos datos tendo en conta que as axudas concederanse en función das cruces que se marquen.
    ·         Apartado C – o alumno aportará o impreso con este apartado cuberto.
    ·         Apartado D – deberá cubrilo a inspección de zona.
    -          aos apartados D e F da páxina 1 no impreso manual ou no caso de facer a solicitude por internet son os datos da páxina 8 (curso no que está escolarizado e axudas que se solicitan)

    As solicitudes que non inclúan as axudas de reeducación nin de linguaxe, por exemplo as que soliciten as de comedor ou de transporte, deberán aportar a mesma documentación.
     En tódolos casos as axudas de comedor publicadas no DOG do 13 de agosto son incompatibles coas desta convocatoria, mais no suposto que as axudas da Xunta non cubran o total do que paga o alumno deberán facer constar a diferenza.

    As solicitudes de axudas para o programa específico de altas capacidades non precisarán  a conformidade do inspector do apartado 7.

    Lembrámoslles que para o trámite nesta sección de Bolsas de Estudo NON SE PRECISAN INFORMES MÉDICOS, NIN FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA.  No suposto de precisar calquera outra documentación solicitarémoslla no seu momento.

    As familias teñen de prazo para presentar as solicitudes no centro educativo até o día 30 de setembro.





    mércores, 11 de setembro de 2013

    Volta ao Cole 2013-2014: BENVIDOS


    Hoxe 11 de Setembro de  2013, comezamos  de novo o Cole. Tras as vacacións estivais, os nosos nen@s volven ás aulas e con eles, a frenética cotineidade  do día a día e das mil e unha tarefas e actividades coas que completar cada xornada.

    Un saúdo ao novo equipo  directivo  e persoal docente ao que desexamos un grato labor na dirección e xestión  no CEIP ALVAREZ LIMESES.

    Aproveitamos tamén para dar a benvida aos novos alumnos que se incorporan este ano ao CEIP  ÁLVAREZ  LIMESES e aos seus pais e nais, animándoos a participar e colaborar nas diversas actividades que se organizan dende o Anpa, que son moitas e variadas ao longo do curso e como non, a contarnos os seus pareceres e opinións a través deste  Blog, ou correo electrónico da anpa ou o buzon da Anpa do Colexio

    Un saúdo e Feliz Curso 2013-2014 para todos/as e como non podia ser doutro xeito facemolo cantando e con humor

    Se crías que non iamos regresar
    se pensabas que isto non pintaba nada ben
    que as musas nos deixaron para non voltar
    que estamos acabados xa
    ¡ti mesmo!

    Sempre traballamos para facervos esquecer
    os malos momentos e o que doe vivir

    para ver os nosos nenos/as sorrir.
    Todo o que somos é grazas a vós
    Nunca nos iremos mentras queiras ti.


    Seguiremos traballando
    ninguén nos poderá parar
    esta ANPA ALVAREZ LIMESES
    é a vosa é de verdade.

    Seguiremos loitando
    ninguén nos poderá parar
    esta ANPA  é a vosa
    voltamos un ano mais.

    Brindaremos por todos
    os que se asociaran
    e que vos vaia bonito
    verémonos pola seman.


    Se esqueciches que o espírito deste “tinglao”
    esta en vós en vez de algún “pringao”
    nunca vos fallaremos pois a ANPA segue aquí.
    Sempre traballamos escoitando o corazón
    todo o que somos esta nesta asociación
    estaremos ao voso lado ata fin de curso.


    Seguiremos loitando
    ninguén nos poderá parar
    esta ANPA  é a vosa
    voltamos un ano mais.

    Brindaremos por todos
    os que se asociaran
    e que vos vaia bonito
    verémonos pola seman.


     

    martes, 10 de setembro de 2013

    A Concellería de Educación mantén as axudas directas ás ANPA


    As actividades extraescolares que as asociacións de nais e pais (ANPA) dos colexios públicos de Pontevedra organizaron durante o pasado curso escolar teñen apoio da Concellería de Educación. A pesar dos recortes neste eido, o Concello volverá repartir un total de 24.670 euros en subvencións, a mesma cantidade que vén asignando nos últimos tres anos.





    O concelleiro de Educación, Agustín Fernández, subliña que obteñen financiamento do Concello a totalidade das 20 ANPA que presentaron a documentación das actividades en tempo e forma. Trátase de dous máis que o curso anterior.Fernández pon de manifesto o esforzo económico que a Concellería está a facer por manter esta partida, atendendo así a unha petición unánime das asociacións de nais e pais, acentuada despois da desaparición de todo tipo de apoio económico dende a Xunta de Galicia. O concelleira destaca que, de non ser polo apoio municipal, as ANPA non poderían organizar boa parte das actividades.

    O concelleiro pontevedrés quere agradecer publicamente a actitude do grupo municipal do Partido Popular, que votou favorablemente durante a Comisión de Avaliación celebrada esta semana.

    O tope a subvencionar mantívose nos 2.000 euros por solicitude e as cantidades finais outorgadas dependeron dos programas de actividades, entre os que predominaron as excursións, as actividades deportivas, culturais, de lecer e algúns bancos de libros.

    As ANPA beneficiadas foron as de O Areeiro (San Bieito de Lérez), San Pedro (Parada-Campañó), Virxe do Carme (Ponte Sampaio), Helenes (IES A Xunqueira II), San Miguel (Marcón), O Galo (Barcelos), San Xosé (Campolongo), Andaina (Xunqueira 2), O Miradoiro (Marcos da Portela), Os Campos (EEI Fina Casalderrey), Cucú (gardería da Parda), Celso Emilio Ferreiro (Xunqueira 1), Os Valados (Vilaverde-Mourente), San Andrés (Santo André de Xeve), Anduriña (EEI Concepción Crespo Rivas), San Martiño (San Martiño-Salcedo), Pardo Bazán (Froébel), San Martín (EEI Verducido), Río Lérez (Manuel Vidal Portela) e Joaquín Costa (Álvarez Limeses).

    O apoio directo ás asociacións de nais e pais é un esforzo adicional que fai o seu departamento, a maiores do convenio que ten asinado coa Federación Provincial, Fanpa-Pontevedra, para financiar actividades tan importantes como os comedores escolares, ou os programas de escrita creativa “O Cartafol do Lérez”, de apoio ás familias con nenos hiperactivos ou con déficit de atención. Tamén serve para desenvolver as ludotecas de Nadal e verán e boa parte das actividades de lecer.