Circular
3 de 20 de setembro de 2013. Curso 2013-2014.
Nesta
circular infórmase das coberturas do seguro individual de accidentes e anexos
leva a ficha de inscrición á ANPA e a información da actividade de natación no
Centro Budo (para ista actividade deben anotarse aló directamente facendo
mención de que son socios da Anpa).
É
imprescindible ser socio da Anpa para participar nas actividades extraescolares
organizadas por ista (ver folletos da empresa Anias e das piscinas). O terse
asociado implica unha serie importante de beneficios para as familias durante
todo o curso dende o nivel pedagóxico ao lúdico.
A
participación de todas/os é básica no desenvolvemento das capacidades de
menores e adultos. Participade na comunidade educativa do Colexio Álvarez
Limeses!
SEGURO DE
ACCIDENTES
A Anpa negociou un seguro de
accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada
nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.
O
seguro custa 6,00 € (pago anual
único e por nena/o),
e é válido até o 1
de outubro de 2014.
Cubre
os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades
extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que
teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as
actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades
extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida
privada do alumno.
Para
contratalo preencha as casillas correspondentes na ficha de inscrición á Anpa.
O cobro será a primeiros de outubro xunto coa cota da Anpa mediante
domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.
0 comentarios:
Publicar un comentario