Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 12 de setembro de 2013

Ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (2013-2014)


V  I  S  O

No BOE do 19 de agosto publicouse a convocatoria de bolsas e axudas ao estudo para o próximo curso 2013-14 para alumnado de estudos non universitarios, PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO.

Toda a información desta convocatoria pódese atopar na páxina do Ministerio de Educación : www.educacion.es

O prazo de presentación será até o día 30 de setembro.  Non se admitirá ningunha solicitude posterior a esa data agás nos casos especificados no artigo 46.2


INSTRUCCIÓNS PARA AS SOLICITUDES DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (BOE 19-08-13, www.educacion.es)

                TODAS as solicitudes para as axudas de reeducación pedagóxica ou de linguaxe deberán ir acompañadas de:

  1. Fotocopia do certificado de minusvalía do alumno, no caso de que a teña recoñecida.
  2. Certificado do departamento de orientación do centro educativo que indique que o alumno presenta necesidade de apoio educativo, no caso de non ter recoñecida a minusvalía. Este certificado debe ser breve e conciso, pois é o que substitúe ao certificado oficial de minusvalía.
  3. Fotocopias dos DNI dos membros da unidade familiar que teñan feitos os 14 anos.
  4. Documento bancario dos datos da conta onde desexa recibir a axuda e na que o alumno debe estar incluído.
  5. Fotocopia do carné de familia numerosa, de ser o caso.
  6. Fotocopia do certificado de minusvalía dos irmáns do solicitante se os houbese.
  7. IMPRESO DA SOLICITUDE DEBIDAMENTE CUBERTO, tendo especial coidado nos datos que deben cubrir no centro educativo para o cal lles solicitamos que presten moita atención
-          aos apartados das páxinas 5 e 6 do impreso manual e as 6 e 7 do impreso da páxina web, en tódolos casos deberá encherse do seguinte xeito:
·         Apartado A – poñer os datos e o cuño do centro.
·         Apartado B – encher tódolos datos tendo en conta que as axudas concederanse en función das cruces que se marquen.
·         Apartado C – o alumno aportará o impreso con este apartado cuberto.
·         Apartado D – deberá cubrilo a inspección de zona.
-          aos apartados D e F da páxina 1 no impreso manual ou no caso de facer a solicitude por internet son os datos da páxina 8 (curso no que está escolarizado e axudas que se solicitan)

As solicitudes que non inclúan as axudas de reeducación nin de linguaxe, por exemplo as que soliciten as de comedor ou de transporte, deberán aportar a mesma documentación.
 En tódolos casos as axudas de comedor publicadas no DOG do 13 de agosto son incompatibles coas desta convocatoria, mais no suposto que as axudas da Xunta non cubran o total do que paga o alumno deberán facer constar a diferenza.

As solicitudes de axudas para o programa específico de altas capacidades non precisarán  a conformidade do inspector do apartado 7.

Lembrámoslles que para o trámite nesta sección de Bolsas de Estudo NON SE PRECISAN INFORMES MÉDICOS, NIN FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA.  No suposto de precisar calquera outra documentación solicitarémoslla no seu momento.

As familias teñen de prazo para presentar as solicitudes no centro educativo até o día 30 de setembro.





0 comentarios:

Publicar un comentario