Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 11 de setembro de 2013

Volta ao Cole 2013-2014: BENVIDOS


Hoxe 11 de Setembro de  2013, comezamos  de novo o Cole. Tras as vacacións estivais, os nosos nen@s volven ás aulas e con eles, a frenética cotineidade  do día a día e das mil e unha tarefas e actividades coas que completar cada xornada.

Un saúdo ao novo equipo  directivo  e persoal docente ao que desexamos un grato labor na dirección e xestión  no CEIP ALVAREZ LIMESES.

Aproveitamos tamén para dar a benvida aos novos alumnos que se incorporan este ano ao CEIP  ÁLVAREZ  LIMESES e aos seus pais e nais, animándoos a participar e colaborar nas diversas actividades que se organizan dende o Anpa, que son moitas e variadas ao longo do curso e como non, a contarnos os seus pareceres e opinións a través deste  Blog, ou correo electrónico da anpa ou o buzon da Anpa do Colexio

Un saúdo e Feliz Curso 2013-2014 para todos/as e como non podia ser doutro xeito facemolo cantando e con humor

Se crías que non iamos regresar
se pensabas que isto non pintaba nada ben
que as musas nos deixaron para non voltar
que estamos acabados xa
¡ti mesmo!

Sempre traballamos para facervos esquecer
os malos momentos e o que doe vivir

para ver os nosos nenos/as sorrir.
Todo o que somos é grazas a vós
Nunca nos iremos mentras queiras ti.


Seguiremos traballando
ninguén nos poderá parar
esta ANPA ALVAREZ LIMESES
é a vosa é de verdade.

Seguiremos loitando
ninguén nos poderá parar
esta ANPA  é a vosa
voltamos un ano mais.

Brindaremos por todos
os que se asociaran
e que vos vaia bonito
verémonos pola seman.


Se esqueciches que o espírito deste “tinglao”
esta en vós en vez de algún “pringao”
nunca vos fallaremos pois a ANPA segue aquí.
Sempre traballamos escoitando o corazón
todo o que somos esta nesta asociación
estaremos ao voso lado ata fin de curso.


Seguiremos loitando
ninguén nos poderá parar
esta ANPA  é a vosa
voltamos un ano mais.

Brindaremos por todos
os que se asociaran
e que vos vaia bonito
verémonos pola seman.


 

0 comentarios:

Publicar un comentario