Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 18 de setembro de 2013

Circular 2 de 16 de setembro de 2013. Curso 2013-2014: PISCINAS CAMPOLONGO




PISCINAS DE CAMPOLONGO 

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o xoves 19 de setembro entre as 9:00 e as 10:00 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (de 1 de outubro de 2013 a 31 de xaneiro de 2014) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración
Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!
A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 1 de outubro de 2013 ao 31 de xaneiro de 2014.

HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.
Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.
Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!

NOTA IMPORTANTE: LEMBRAVOS QUE PARA PODER ASISTIR AS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA TANTO EN NAS INSTALACIONS MUNICIPAIS DE CAMPOLONGO COMO EN CENTRO BUDO SERA NECESARIO FACERSE SOCIO DA ANPA NOS PRAZOS HABILITADOS PARA ILO NO SEU MOMENTO.

              

    0 comentarios:

    Publicar un comentario