PISCINA DE CAMPOLONGO. 2º CUADRIMESTRE
Para
incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio
é mester efectuar a inscrición e pago o
xoves 23 de Xaneiro entre as 9:00 e as 10:00 no vestíbulo de Dirección do
colexio. A cota cuatrimestral (luns 3 de febreiro de 2014 ata o venres 30
de maio de 2014, ambas datas incluídas.) é de 33,60 €. Por favor traian o
diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguiráse rigorosa orde de
inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de
45 minutos de duración Este ano a empresa concesionaria aumenta as
posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a
venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.) e entregar o impreso debidamente cuberto:
NORMAS:
DURANTE A ACTIVIDADE
Durante a actividade deberá haber polo menos un
representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar
con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os
nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os
rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación
axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo,
pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.
VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destiandos ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amárelo.
Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e
nenas menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero
só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para
cambiarse.
Nembargantes, as nais non poden acceder nin asomarse á porta
das duchas, xa que son duchas masculinas.
Os país que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo
con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de
colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas
que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos
aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos
para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os
nenos están na clase.
Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e
nenos menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero
só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para
cambiarse.
Nembargantes, os pais non poden acceder nin asomarse á porta
das duchas, xa que son duchas femininas.
As nais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo
con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de
colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas
que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos
aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5
minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os
nenos están na clase.