Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 23 de xaneiro de 2014

Circular 12 do 23 de Xaneiro de 2014


OBRADOIRO CABEZUDOS CURSO 2013-2014

A Anpa organiza un obradoiro para cativos e proxenitores (nais, pais, titores, avós...) de fabricación de cabezudos. 

Lugar: Edificio do comedor do colexio.

Horario e días: de 11 a 13 hs. Os 5 sábados até entroido, 25 de xaneiro e 1,8,15,22 de febreiro.

Prezo: 0,00 € para socios da Anpa e 5,00 € para non socios.

Material necesario aportado por cada participante: periódicos vellos, caixa de cartón de medidas suficientes para conter o cabezudo, recipiente para auga (botella de plástico recortada), idea do “Cabezudo” que se quere realizar.



Descripción: Consiste en facer en varias sesións, 3 ou 4 deben ser suficientes, un cabezudo por participante e logo nun día do entroido facer unha saída pola cidade. É unha actividade para pequenas/os e maiores sen límites de idade. Cada quen fará o seu cabezudo e poderá conservalo.


      


Agardamos que ista iniciativa sexa do voso interese.

0 comentarios:

Publicar un comentario