Dentro do ciclo de cine infantil que organiza a ANPA do CEIP Alvarez Limeses de Pontevedra, tivemos o pracer de presenciar unha proposta da artista galega Raquel Queizás introducir os nenos no cine mais antigo, o primeiro que se fixo alá nos principios do século XX. Tomando como motivo a figura do pioneiro do cineSegundo de Chomón, proxectáronse unha serie de películas de curta duración, realizadas entre os anos 1903 e 1907, que fixeron as delicias de nenos e grandes.
Fonte: http://www.raquelqueizas.com/
0 comentarios:
Publicar un comentario