Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 14 de xaneiro de 2014

Circular 10 do 14 de Xaneiro de 2014

  

CICLO DE CINE: SÁBADO 18 DE XANEIRO “ESPECIAL SEGUNDO DE CHOMÓN”



O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h do  18 de Xaneiro e o filme que se proxectará será:

“ESPECIAL SEGUNDO DE CHOMÓN”.

“Os comezos do cinema” . 60 minutos. A artista Raquel Queizás tomando como base a obra do turolense Segundo Víctor Aurelio Chomón e Ruiz, fai unha libre recreación dos comezos do cinema e rende homenaxe a unha figura descoñecida para o público xeral pero que hoxe é recoñecido como grande mestre do cine fantástico.



Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.
A Anpa distribuirá as localidades o Xoves, 16 de Xaneiro
 para socias/os da Anpa  no vestíbulo de dirección do colexio
de 9:00 a 9:30 horas.

TODOS AQUELES QUE NON TEÑADES ENTRADAS PODEDES TENTAR CONSEGUILAS O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN NO SEXTO EDIFICIO DO MUSEO

0 comentarios:

Publicar un comentario