Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 20 de xaneiro de 2014

Circular 11 do 20 de Xaneiro de 2014

      

PISCINA DE CAMPOLONGO. 2º CUADRIMESTRE


Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o xoves 23 de Xaneiro entre as 9:00 e as 10:00 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (luns 3 de febreiro de 2014 ata o venres 30 de maio de 2014, ambas datas incluídas.) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguiráse rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.) e entregar o impreso debidamente cuberto: 



NORMAS:

DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

VESTIARIOS

Hai dous vestiarios destiandos ó uso dos colexios.

Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amárelo.

Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e nenas menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
Os país que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.

Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e nenos menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
As nais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

0 comentarios:

Publicar un comentario