Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 10 de febreiro de 2014

Comunicado oficial Anpa Álvarez Limeses: Rogelio Carballo, novo presidente de FANPA PONTEVEDRA



Estimados socios/as e familias do Ceip Álvarez Limeses:

En nome de toda a xunta directiva do Anpa, queremos informasvos de que o  Rogelio Carballo actual presidente da nosa Anpa foi elexido polos socios da Federación Provincial de Anpa de Pontevedra( FANPA), como novo presidente na Asamblea Xeral extraordinaria celebrada o pasado sabado dia 8 de Febreiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.


Dende a  Anpa Alvarez Limeses creemos que a túa aportación e direccion da Fanpa é un dos pasos máis importantes que poden darse para fortalecer o correcto exercicio do dereito á información, que é á súa vez é un dos pilares da democracia.

Asumir con responsabilidade a tarefa de informar, estando disposto a recibir as queixas do público e someterse ao dictame dunha asamblea de socios, significa un grado de madurez por parte de quen se desenvolve no complexo mundo da comunicación social como viñas facendo na nosa Anpa.

É moi grato para nós poder colaborar na formación dunha nova e renovada Fanpa, e esperamos seguir desenvolvendo unha fructífera cooperación, porque sabemos da túa aportación inextimable a esta Anpa Alvaez Limeses durante todos estes anos e somos sabedores da túa calidade, tanto humana como profesional.

Grazas presidente, pola tua aportación durante todos estes anos a esta ANPA ÁLVAREZ LIMESES, e sabes que tes o apoio desta ANPA, na nova tarefa que ves de emprender, e estamos seguro conseguirás facer unha FANPA para os seus asociados.

              UNHA APERTA ENORME ROGELIO¡¡¡

Atentamente,
A XUNTA DIRECTIVA DA ANPA ALVAREZ LIMESES
                                           

    
 


0 comentarios:

Publicar un comentario