Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 26 de febreiro de 2014

Concurso Deseña unha xoia para a túa nai


Xa estamos en febreiro, en plena época do Concurso de deseño infantil para o día da Nai. Este ano imos coa quinta edición e agardamos que participen moitas nenas e moitos nenos de toda Galicia. Desta vez temos un desexo especial: batir o récord dos 8.000 debuxos de xoias recibidos o ano pasado. Daremos feito?
A esencia do concurso é que os nenos e as nenas debuxen a xoia que desexan agasallar á súa nai: a xoia que soñan. Os nosos profesionais fabrican cada ano doce das xoias plasmadas no papel por estes xóvenes deseñadores, escollidos entre os oitenta deseños finalistas.
As bases completas do concurso poden consultarse premendo aquí.
Os dípticos tamén poden descargarse premendo aquí.
A data límite para presentar un deseño é o martes 25 de marzo 2014.
Os deseños finalistas do ano pasado poden consultarse todos premendo aquí.
Os deseños gañadores e as xoias realizadas do ano pasado poden consultarse premendo aquí.
Como no 2013, este ano temos por toda Galicia unha pequena rede de Establecementos Colaboradores nos que se poden recoller os dípticos para participar e tamén entregalos co debuxo feito. Estes establecementos (todos de profesionais colexiados) encárganse de facer chegar á oficina do COXGA, a tempo, todos os dípticos participantes para que os valore o Xurado.
Fonte: http://www.coxga.es/

    

0 comentarios:

Publicar un comentario