Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 27 de maio de 2016

Fotos excursión 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) :SÁBADO 21 DE MAIO GRANXA KIRIKO

Aqui tedes as fotos e un video da excursión dos alumnos/as de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) :SÁBADO 21 DE MAIO GRANXA KIRIKO(Fornelos de Montes - Pontevedra) do pasado sábado día 21 de Maio 2016. Grazas a todos por a vir de excursión coa Anpa, agardamos que fose do agrado de todos os asistentes, pasamos un dia entre xogos e risas, tiveron contacto directo cos animais, fixeron pequenos traballos de horta, xogos para relacionar alimentos de orixe animal e vexetal coa súa procedencia. Aprenderon a ver, tocar, cheirar, etc. o que nos rodea e espertar o interese e a curiosidade polos animais, as plantas e o seu coidado e fomentar hábitos de hixiene.







A continuación podedes ver unha presentación , se non logrades ver, pinchando no seguinte enlace teredes acceso ao álbum completo: Albúm fotos excursión Excursión de 4º Infantil e 5º de Infantil: GRANXA KIRIKO (21/05/2016)



   


0 comentarios:

Publicar un comentario