Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 30 de maio de 2016

XORNADA DE CONVIVENCIA ESCOLAR: ILLAS CIES VENRES 24 DE XUÑO 2016


















Dende a ANPA ÁLVAREZ LIMESES ofrecémosche celebrar o San Xoán  dun xeito distinto e convidámosche  a visitar este auténtico paraíso dunha maneira diferente, amena e divertida, achegándoche ao seu valor natural, cultural e a súa historia, todo iso combinado con animación e diversión tanto nas illas como a bordo do catamarán que nos levará ata elas. O día elexido foi  venres  24 de Xuño de 2016 para vir a pasar un maxico San Xoán co embruxo da Anpa Álvarez Limeses.


  •   10,00 hs. Embarque no Porto de Cangas(Detrás da Estación de Autobuses). Chegada a Illa de Cies, Desembarco na Praia de Rodas. Actividades de Animación e xogos na praia para nenos e maiores en conxunto. Posibilidade de elixir unha das dúas rutas guiadas. Tempo libre para comer , desfrutar da illa...
  •       19,30 hs. Regreso de Cies.



INSCRIPCIÓN E PAGO: Para desfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos dias 2 e 3 de xuño (xoves e venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs.Cubrir, e entregar a ficha da inscrición cos datos de todos os asistentes

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 8,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa. Nenos menores de 3 anos gratis.


NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc.

PRAZAS LIMITADAS A 240  BILLETES!!!
IMPORTANTE: A PERDA DO/S BILLETE/S  IMPLICARÁ NON PODER EMBARCAR



2 comentarios:

Anónimo dixo...

Vos días:

Realmente e unha xornada de convivencia escolar ou una reunión dun par de familias de alumnos, resúltame realmente curioso que se establezan dous días de inscrición, e so existan prazas para aqueles alumnos que se apuntaron no primeiro día.

Un saúdo.

ANPA CEIP ÁLVAREZ LIMESES dixo...

Bo día: É unha xornada de convicencia escolar ou excursion fin de curso para familias do centro limitada por temas de aforo do buque. Na circular que se enviou a tal efecto para informar se deixaba ben claro que as prazas estaban limitadas a 240 billetes polo que é moi doado deducir que se estas se agotaban o primeiro día non haberia dispoñíbilidade para o segundo día de inscripción. Independentemente do anterior, quizáis descoñezas que o segundo día tamén se entregaron billetes ate as 9:20 momento en que esgotamos os tickets e moi ao noso pesar quedaron fora tres familias.A nomenclatura ou termo coa que desexes referirte non é moi relevante , ainda que chamarlle "reunión dun par de familias" cando acuden 240 pasaxeiros non sexa moi afortunada. De todas formas dende Anpa Alvarez Limeses seguimos e seguiremos a traballar mellorar ano tras ano estas xornadas dentro das posibilidades loxisticas que manexamos. Moitas grazas pola tua aportación. Recibe un cordial saúdo

Publicar un comentario