Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 4 de maio de 2016

Excursión de 6º Infantil (5 anos) e 1º de Primaria: Sábado 28 de Maio VIGO EN KART- MUSEO DO MAR

Comezaremos o noso percorrido no paseo de Bouzas, que é un dos barrios máis antigos da cidade, o seu carácter mariñeiro segue presente na súa fisionomía. O paseo ten un unha lonxitude de 3km ( ida e volta) que bordea a praia do Adro.O camiño conta cun carril específico para ciclistas e patinadores, está rodeado dunhas magníficas vistas da ría o museo do Mar e a ponte de Rande. O novo tramo chamado “ o paseo dos peixes”, está decorado con diversas esculturas de bronce que representan especies propias da ría: centolas, mexillóns, polbo, sardiña…


O museo do mar é un lugar onde comprender a enorme vinculación dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento. Grandes cubos iluminados que suxiren colectores de mercancías portuarias conforman a exposición permanente, na que podemos ver documentos de vídeo e audio, pantallas interactivas e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca.







AVISO: Poden levar un pequeno tentempié e una botella de agua.
NOTA: Saída en autobús  as  9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.




0 comentarios:

Publicar un comentario