Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 3 de maio de 2016

Excursión de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) :SÁBADO 21 DE MAIO GRANXA KIRIKO(Fornelos de Montes - Pontevedra)




O Centro O KIRIKO atópase en Soutosico, Fornelos de Montes (Pontevedra). Está situado nun espazo natural de grandes zonas de bosque autóctono (carballeiras, bosques de ribeira.), ao pé do encoro de Eiras, no río Oitavén, Os programas do Centro O KIRIKO, ofrecen un conxunto de experiencias enmarcadas no ámbito rural e en contacto coa natureza, e fomentando o sentido crítico do uso dos recursos naturais e a súa preservación Centro O KIRIKO conta cun edificio de 1.850 m2.Dispón de aulas-taller, aula de audiovisuais, biblioteca e enfermería. As instalacións complétanse con zonas de xogo con parque infantil de 800 m2.No exterior dispoñen de aulas adecuadas para o desenrolo de múltiples actividades en contacto coa natureza como son: horta, invernadoiro, zona de animais , cortellos e aviarios, compostoiro, aula de natureza e carreiro polo bosque de ribeira. Na granxa terán contacto directo cos animais, pequenos traballos de horta, xogos para relacionar alimentos de orixe animal e vexetal coa súa procedencia. Aprender a ver, tocar, cheirar, etc. o que nos rodea e espertar o interese e a curiosidade por animais, as plantas e o seu coidado e fomentar hábitos de hixiene.


AVISO: A merenda do descanso das 11:30 está incluída no prezo 
(Se fai calor non esquezades a gorra)

NOTA: Saída en autobús as 9.30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.

NOTA: Os vogais da Anpa que asistirán a mencionada excursión e todos os monitores da Granxa Kiriko cumplen a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015 de voluntariado, achegaron os respectivos certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.



0 comentarios:

Publicar un comentario