Estimados socios, alumnado , familias e
comunidade educativa do CEIP Alvarez Limeses en xeral.
Dados os comentarios publicados na
entrada ENTREGA E COBRO REPORTAXE FOTOGRAFICA asi como en diversos grupos de Whatsapp dos
grupos de clase existentes, para dar resposta os devanditos comentarios e
informar ao resto de socios, non socios e comunidade educativa en xeral da
controversia xerada pola Reportaxe Fotográfica realizada este ano pola empresa “Huella Digital”
a Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do Colexio
Álvarez quere manifestar o seguinte:
Para realizar esta
reportaxe fotográfica é o colexio quen ten a autorización para realizar
fotografías, sexan ou non da Asociación de Nais e Pais do Colexio Álvarez
Limeses (a partires de agora, Asociación de Nais e Pais). É o colexio quen a
principio de curso solicita dita autorización para actividades propias do
centro, e unha delas, é a da realización de fotografías ás/os nenas/os que se
ven facendo dende fai moitísimos anos (hai directivos que levan 7 e 9 anos traballando
na Asociación de Nais e Pais). O que se nos plantexa é que o colexio pida
autorización tódo-los días lectivos do ano, pois tódo-los días se realizan
actividades nas que se pode quitar algunha fotografía. O feito é que o prezo é
exactamente igual para todas/os sexan ou
non asociados a Asociación de Nais e Pais.
A Asociación de Nais e Pais, non posúe autorización nin de asociados nin de non
asociados, este tipo de autorización e só o solicita de xeito puntual cada ano,
polo interese das familias, para actividades como as excursións fin de curso, o
cal poderás comprobar nas fichas de inscrición das mesmas no apartado reservado
a solicitude de esa autorización tanto de toma de fotos como videos.
Tódolos anos se seguiu o mesmo proceso o único que se modificou este ano
foi o fotógrafo, o cal a súa vez modificou o prezo polo seu traballo. No
tocante o da calidade das fotografías realizadas non admite dubida de ningún
tipo, as de este ano son moi superiores en cantidade e en calidade, esto é un
feito recoñecido pola maioría dos intregantes da comunidade escolar.
O fotógrafo (Huella Digital) de este ano deunos a maiores, cousa
que o anterior non aportaba, documento nos que nos informaba do
cumprimento da Lei Organica de protección de datos de carácter persoal (LODP).
Con anterioridade á realización de estas fotografías, por parte da Asociación de Nais e Pais e
Huella Digital enviouse unha nota previa a todas e cada unha das familias polos
alumnos/as ( vía de comunicación habitual por certo) onde se informaba e se
indicaba tanto o nome da empresa que faría a reportaxe este ano en curso, así
como diversos aspectos da mesma (non
existencia de compromiso de compra, cumprimento
en todo momento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD) da empresa en todos os seus aspectos e
dia de realización das instantáneas entre outros)
De xeito habitual, somentes se facía esta reportaxe fotográfica as/os
nenas/os que mudaban de ciclo (os de Infantil e os de 6 de Primaria que
marchaban do colexio), cada certo tempo, SEMPRE se facían fotografías xerais de
todo o colexio e iso foi que aconteceu este ano, dado o tempo transcorrido sen
facer unha foto xeral, decidiuse que se
fixera e que como SEMPRE as/os nenas/os levasen as fotografías para a súa casa
e que como SEMPRE pagasen as fotografías os que as quixesen e os que non as
quixesen que as devolvesen.
Por parte da Asociación de Nais e Pais, sempre se envía información precisa
do que se vai facer con anterioridade e ao respecto do emprego desafortunado e aplicación
similares a expresión "meter no
mesmo saco" a asociados e non asociados, é, cando menos sorprendente, que se quite a colación agora e non cando a Asociación de Nais e Pais organizamos,
contratamos e pagamos a Festa de fin de curso cun importe de 1.500€ para
TÓDALAS/OS nenas/os do colexio , cando organizamos, compramos e pagamos o evento
da visita de Papa Noel ao Colexio coa entrega de agasallos para TÓDALAS/OS
nenas/os, cando pagamos a partes proporcionais co centro o Magosto para
TÓDALAS/OS nenas/os, cando pagamos a partes proporcionais a chocolatada para
TÓDALAS/OS nenas/os, cando sufragamos a partes proporcionais as AXENDAS
ESCOLARES para TÓDALAS/OS nenas/os, NUNCA facemos distinción para todos estes
eventos. E ahí cando os non socios non lles importa
compartir o saco da Asociación de Nais e Pais, non si?
Entrar neste Blog e ou con texto vía whastapp e faltanos ao
respecto con expresións tipo “a reportaxe
fotográfica trae trampa" ,“utilizar
aos cativos para a venta” “neglixencia terrible" e ameazas veladas do
estilo... vos estades totalmente seguro que o que acabades de facer é legal?
(en breve o saberemos), pola nosa parte é inadmisible e obviamente son un
insulto á Asociación de Nais e Pais, xa que non somos nen descoidados, nen
desleixados nen preguiceiros, humanos sí e poderemos cometer fallos, pero todos
e cada un dos integrantes da Directiva da Asociación de Nais e Pais traballan altruistamente
porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida y educación para
os nosos fillos/as. Moitos dos que levamos 7 e 9 anos formando parte activa da
mesma, aceptamos críticas constritivas pero o que non imos transixir son descalificativos
e ameazas e máis estando próxima a fin da nosa participación como directivos. Parécenos
ofensivo que se diga que puidemos vulnerar os dereitos das nosas/os fillas/os.
Cando entramos a a formar parte da Asociación de Nais e Pais, un dos
primeiros traballos que fixemos foi dar de alta na "Agencia Española de
Protección de Datos-AGPD" a esta Asociación de Nais e Pais do colexio
Álvarez Limeses, sendo unha das primeiras Asociacións de Nais e Pais non
somentes de Galiza en cumprir coa Lei, senón
que fomos unhas das primeiras de todo España. En tódolos escritos da nosa
asociación figuran ao pé os datos do responsable do ficheiro e a quen e como
dirixirse
Segundo a Ley orgánica 15/1999 de 13 decembro de protección
de datos de carácter persoal informámoslles que a Asociación de nais e pais
Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses de
Pontevedra está dada de alta na Agencia española de protección de datos. Os
seus datos formarán parte dun ficheiro ao único fin de levar a cabo a
actividade habitual da Anpa. Vostedes teñen os dereitos recoñecidos na lei ao
acceso, rectificación e cancelación dos seus datos dirixíndose a Anpa Joaquín
Costa do CEIP Álvarez Limeses na rúa Joaquín Costa, 13, 36001 Pontevedra.
A empresa que quitou as fotografías no colexio, tal e como indica no sobre
que recibiron indica claramente: "En el proceso de realización de estas
fotografías EL COLEGIO no intervinen en ningún aspecto técnico comercial,
limitándose únicamente a AUTORIZAR la sesión fotográfica a "Huella
Digital" siempre que el alumnado no sea perjudicado en su plan de
estudios"
Por tanto, unha vez máis, indicamos que a Asociación de Nais e Pais o único
que fixo foi escoller a un fotógrafo diferente ós dos derradeiros anos. Cada
familia e neta e absolutamente libre de mercar ou non a reportaxe , e neste
ultimo caso devolver as fotograficas, risco que ao igual que en anos anteriores
ten valorado e asumido a empresa.
A empresa "Huella digital" entregounos os documentos relativos ao
cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro. A continuación
detallamosllos por se alguen desexa dirixirse a eles e facer valer os seus
dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos mesmos (pode descargar o
formulario na web da agpd e envialo cunha copia do seu DNI)
RESPONSABLE DEL FICHERO: Estudio
de actividades fotográficas, S.L.
DIRECCIÓN: Calle/ Argentina, 8 -
Bajo
LOCALIDAD: A CORUÑA
PROVINCIA: A CORUÑA
COMUNIDAD AUTÓNOMA: GALICIA
CIF: B-15.133.499
Por ultimo e para rematar , gustaríanos
polo ben do futuro funcionamento do Asociación de Nais e Pais , posto que moitos
directivos levan anos e rematan o seu paso polo centro, así como por renovación
mais que necesaria, que a mesma enerxía
que se adica en Whattsapear ou publicar
comentarios para denostar e denigrgar a labor da Asociación de Nais e Pais Joaquin
Costa do Ceip Alvarez Limeses, se adicara a participar de xeito activo na mesma , pois ser
integrante/directivo dunha Asociación de Nais e Pais é un DEREITO pero tamén
un DEBER SOCIAL.
ATENTAMENTE
XUNTA DIRECTIVA DO ANPA JOAQUIN COSTA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES