Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

sábado, 13 de maio de 2017

COMUNICADO OFICIAL IMPORTANTE DA XUNTA DIRECTIVA


Estimados socios, alumnado , familias e comunidade educativa do CEIP Alvarez Limeses en xeral. 

Dados os comentarios publicados na entrada ENTREGA E COBRO REPORTAXE FOTOGRAFICA  asi como en diversos grupos de Whatsapp dos grupos de clase existentes, para dar resposta os devanditos comentarios e informar ao resto de socios, non socios e comunidade educativa en xeral da controversia xerada pola Reportaxe Fotográfica  realizada este ano pola empresa “Huella Digital” a Xunta Directiva  da Asociación de Nais e Pais do Colexio Álvarez quere manifestar o seguinte:

Para realizar esta reportaxe fotográfica é o colexio quen ten a autorización para realizar fotografías, sexan ou non da Asociación de Nais e Pais do Colexio Álvarez Limeses (a partires de agora, Asociación de Nais e Pais). É o colexio quen a principio de curso solicita dita autorización para actividades propias do centro, e unha delas, é a da realización de fotografías ás/os nenas/os que se ven facendo dende fai moitísimos anos (hai directivos que levan 7 e 9 anos traballando na Asociación de Nais e Pais). O que se nos plantexa é que o colexio pida autorización tódo-los días lectivos do ano, pois tódo-los días se realizan actividades nas que se pode quitar algunha fotografía. O feito é que o prezo é exactamente igual para todas/os sexan ou  non asociados a Asociación de Nais e Pais.

A Asociación de Nais e Pais, non posúe autorización nin de asociados nin de non asociados, este tipo de autorización e só o solicita de xeito puntual cada ano, polo interese das familias, para actividades como as excursións fin de curso, o cal poderás comprobar nas fichas de inscrición das mesmas no apartado reservado a solicitude de esa autorización tanto de toma de fotos como videos.
 
Tódolos anos se seguiu o mesmo proceso o único que se modificou este ano foi o fotógrafo, o cal a súa vez modificou o prezo polo seu traballo. No tocante o da calidade das fotografías realizadas non admite dubida de ningún tipo, as de este ano son moi superiores en cantidade e en calidade, esto é un feito recoñecido pola maioría dos intregantes da comunidade escolar.

O fotógrafo (Huella Digital) de este ano deunos a maiores, cousa que o anterior non aportaba, documento nos que nos informaba do cumprimento da Lei Organica de protección de datos de carácter persoal (LODP). Con anterioridade á realización de estas fotografías,  por parte da Asociación de Nais e Pais e Huella Digital enviouse unha nota previa a todas e cada unha das familias polos alumnos/as ( vía de comunicación habitual por certo) onde se informaba e se indicaba tanto o nome da empresa que faría a reportaxe este ano en curso, así como diversos aspectos da mesma (non existencia de compromiso de compra, cumprimento en todo momento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD)  da empresa en todos os seus aspectos e  dia de realización das instantáneas entre outros)

De xeito habitual, somentes se facía esta reportaxe fotográfica as/os nenas/os que mudaban de ciclo (os de Infantil e os de 6 de Primaria que marchaban do colexio), cada certo tempo, SEMPRE se facían fotografías xerais de todo o colexio e iso foi que aconteceu este ano, dado o tempo transcorrido sen facer unha foto xeral,  decidiuse que se fixera e que como SEMPRE as/os nenas/os levasen as fotografías para a súa casa e que como SEMPRE pagasen as fotografías os que as quixesen e os que non as quixesen que as devolvesen.

Por parte da Asociación de Nais e Pais, sempre se envía información precisa do que se vai facer con anterioridade e ao respecto do emprego desafortunado e aplicación  similares a expresión "meter no mesmo saco" a asociados e non asociados, é, cando menos sorprendente, que se quite a colación agora e non cando a Asociación de Nais e Pais organizamos, contratamos e pagamos a Festa de fin de curso cun importe de 1.500€ para TÓDALAS/OS nenas/os do colexio , cando organizamos, compramos e pagamos o evento da visita de Papa Noel ao Colexio coa entrega de agasallos para TÓDALAS/OS nenas/os, cando pagamos a partes proporcionais co centro o Magosto para TÓDALAS/OS nenas/os, cando pagamos a partes proporcionais a chocolatada para TÓDALAS/OS nenas/os, cando sufragamos a partes proporcionais as AXENDAS ESCOLARES para TÓDALAS/OS nenas/os, NUNCA facemos distinción para todos estes eventos. E ahí cando os non socios non lles importa compartir o saco da Asociación de Nais e Pais, non si?

Entrar neste Blog  e  ou con texto vía whastapp e faltanos ao respecto con expresións tipo “a reportaxe fotográfica trae trampa" ,“utilizar aos cativos para a venta” “neglixencia terrible" e ameazas veladas do estilo... vos estades totalmente seguro que o que acabades de facer é legal? (en breve o saberemos), pola nosa parte é inadmisible e obviamente son un insulto á Asociación de Nais e Pais, xa que non somos nen descoidados, nen desleixados nen preguiceiros, humanos sí e poderemos cometer fallos, pero todos e cada un dos integrantes da Directiva da Asociación de Nais e Pais traballan altruistamente porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida y educación para os nosos fillos/as. Moitos dos que levamos 7 e 9 anos formando parte activa da mesma, aceptamos críticas constritivas pero o que non imos transixir son descalificativos e ameazas e máis estando próxima a fin da nosa participación como directivos. Parécenos ofensivo que se diga que puidemos vulnerar os dereitos das nosas/os fillas/os.

Cando entramos a a formar parte da Asociación de Nais e Pais, un dos primeiros traballos que fixemos foi dar de alta na "Agencia Española de Protección de Datos-AGPD" a esta Asociación de Nais e Pais do colexio Álvarez Limeses, sendo unha das primeiras Asociacións de Nais e Pais non somentes de Galiza en cumprir coa Lei,  senón que fomos unhas das primeiras de todo España. En tódolos escritos da nosa asociación figuran ao pé os datos do responsable do ficheiro e a quen e como dirixirse

Segundo a Ley orgánica 15/1999 de 13 decembro de protección de datos de carácter persoal informámoslles que a Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses de Pontevedra está dada de alta na Agencia española de protección de datos. Os seus datos formarán parte dun ficheiro ao único fin de levar a cabo a actividade habitual da Anpa. Vostedes teñen os dereitos recoñecidos na lei ao acceso, rectificación e cancelación dos seus datos dirixíndose a Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses na rúa Joaquín Costa, 13, 36001 Pontevedra.


A empresa que quitou as fotografías no colexio, tal e como indica no sobre que recibiron indica claramente: "En el proceso de realización de estas fotografías EL COLEGIO no intervinen en ningún aspecto técnico comercial, limitándose únicamente a AUTORIZAR la sesión fotográfica a "Huella Digital" siempre que el alumnado no sea perjudicado en su plan de estudios"

Por tanto, unha vez máis, indicamos que a Asociación de Nais e Pais o único que fixo foi escoller a un fotógrafo diferente ós dos derradeiros anos. Cada familia e neta e absolutamente libre de mercar ou non a reportaxe , e neste ultimo caso devolver as fotograficas, risco que ao igual que en anos anteriores ten  valorado e asumido a empresa.
A empresa "Huella digital" entregounos os documentos relativos ao cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro. A continuación detallamosllos por se alguen desexa dirixirse a eles e facer valer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos mesmos (pode descargar o formulario na web da agpd e envialo cunha copia do seu DNI)





RESPONSABLE DEL FICHERO: Estudio de actividades fotográficas, S.L.
DIRECCIÓN: Calle/ Argentina, 8 - Bajo
LOCALIDAD: A CORUÑA
PROVINCIA: A CORUÑA
COMUNIDAD AUTÓNOMA: GALICIA
CIF: B-15.133.499

Por ultimo e para rematar , gustaríanos polo ben do futuro funcionamento do Asociación de Nais e Pais , posto que moitos directivos levan anos e rematan o seu paso polo centro, así como por renovación mais que necesaria,  que a mesma enerxía que se adica  en Whattsapear  ou publicar comentarios para denostar e denigrgar a labor da Asociación de Nais e Pais Joaquin Costa do Ceip Alvarez Limeses, se adicara a  participar  de xeito activo na mesma , pois ser integrante/directivo dunha Asociación de Nais e Pais é un DEREITO pero tamén un DEBER SOCIAL.

ATENTAMENTE
XUNTA DIRECTIVA DO ANPA JOAQUIN COSTA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES
  

0 comentarios:

Publicar un comentario