Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 25 de maio de 2017

SÁBADO 10 de XUÑO 2017- Excursión de 2º e 3º de Primaria MARCELLE NATUREZA



Marcelle é un xardín zoolóxico situado no municipio galego de Outeiro de Rei, creado pola iniciativa dun particular que reconverteu unha graxa de avestruces nun núcleo zoolóxico mediante a introdución paulatina de diferentes especies.

No parque atópanse especies autóctonas como o lobo ibérico, o xabaril ou o oso pardo, así como especies exóticas como bisontes, linces boreais, dromedarios …

O obxectivo de Marcelle Natureza é educar para protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.Protexer a biodiversidade é o único modo de asegurar o noso futuro, todos dependemos da natureza e formamos parte del. En Marcelle alóxanse aos animais en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades, estes animais proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade


AVISO:  AS/OS NENAS/OS PODEN  LEVAR UNHA PEQUENA MOCHILA
CON AGUA, ALGÚN TENTENPÉ  PARA A MERENDA E UNHA GORRA



NOTA: Saída autobús  as 8:30  dende a parada Bus da Rúa Joaquín Costa Nº54
(Xefatura Provincial de Tráfico ao lado de Mayeusis).


PARA APUNTARSE DEBEDES ENTREGAR A FICHA DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADA, XUNTO COA FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO MENOR E EFECTUAR O PAGO NO DÍA , HORA E LUGAR SINALADO (LUNS 29 de MAIO de 2017 de 9:00 a 9:30 hr) 



0 comentarios:

Publicar un comentario