Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 4 de maio de 2017

Inolvidable viaxe de fin de curso de 6º de Primaria


Logo de nove anos nos que as/os alumnas/os de 6º de primaria compartiron aprendizaxes, vivencias, inquedanzas e onde adquiriron a base dos coñecementos para a súa futura vida estudantil. Este ano rematan o seu paso polo CEIP ÁLVAREZ LIMESES , culminando a súa educación primaria, e como colofón a este tan prolifero paso as Nais e Pais de Alumnos de 6º de primaria do curso 2016-2017 , organizaron  unha viaxe de fin de curso aos PICOS DE EUROPA

Despois de varios meses de organizacion e traballo realizamos a viaxe, este pasado fin de semana dende o venres 28 de abril ate o martes 2 de Maio de 2017, á cal foi intensa, pero marabillosa, pois os nenos e nenas gozaron moitísimo en todas as actividades, dándonos a sensación de que se lles fixo curto. Aprenderon que a vida non se mide no número de veces que respiras, senón en contemplar e compartir con amigos lugares que quitan a respiración.


Despois desta experiencia tan estupenda, poñemos algunha foto e vídeos que resumen e poñen imaxe ao sorriso da felicidade dos alumnos de 6º Curso do Ceip Alvarez Limeses 2016-2017












0 comentarios:

Publicar un comentario