Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 18 de maio de 2017

SÁBADO 3 DE XUÑO: Excursión de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) : CENTRO DE INTERPRETACIÓN APÍPOLIS


Apípolis é un centro para a comprensión da relación existentes entre os seres humanos e as abellas, que se enmarca dentro dos equipamentos para a educación ambiental. Os elementos que conforman Apípolis fan que os visitantes aprendan todo o referente ás abellas ao tempo que o pasan ben, conseguindo que a visita se converta nunha experiencia gratificante e enriquecedora. Apípolis atópase nunha finca de 10.000m que conta con varias salas de exposicións, zonas axeitadas para o descanso e o xogo, unha sala de usos múltiples e varios obradoiros destinados a realización de diferentes actividades.


NOTA : para realizar a actividade “visita al apiario” é conveniente que traian un calzado que lles cubra todo o pe e pregase informar de calquer tipo de alerxia alimentaria ou de outro tipo.

AVISO: A merenda do descanso das 11:30 (incluída no prezo) non precisan levar merenda nin auga NOTA: Saída autobús as 9.30 dende a parada Bus da Rúa Joaquín Costa Nº54 (Xefatura Provincial de Tráfico ao lado de Mayeusis).



NOTA: Saída autobús as 9.30 dende a parada Bus da Rúa Joaquín Costa Nº54 (Xefatura Provincial de Tráfico ao lado de Mayeusis).

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: LUNS , DÍA 22 DE MAIO DE 2017 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.



0 comentarios:

Publicar un comentario