Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 6 de xuño de 2017

VIAXE A ILLAS CIES: SÁBADO 24 DE XUÑO 2017



Dende a ANPA ÁLVAREZ LIMESES ofrecémosche celebrar o día 24 de Xuño , San Xoán ,dun xeito distinto e convidámosche a visitar este auténtico paraíso dunha maneira diferente, amena e divertida, achegándoche ao seu valor natural, cultural e a súa historia, todo iso combinado con animación e diversión tanto nas illas como a bordo do catamarán que nos levará ata elas.

• 10,30 hs. Embarque no Porto de Cangas (Detrás da Estación de Autobuses). Chegada a Illa de Cies, Desembarco na Praia de Rodas. Actividades de Animación e xogos na praia para nenos e maiores en conxunto. Posibilidade de elixir unha das dúas rutas guiadas. Tempo libre para comer, desfrutar da illa...

• 20,30 hs. Regreso de Cies.







INSCRIPCIÓN E PAGO: 
Para desfrutar dun día inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos días 12 e 13 de xuño (luns e martes) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs .Cubrir, e entregar no momento da inscrición os datos da folla de inscripción de todos os asistentes*:

PREZOS: 

Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 7,00 € por persoa. 
Non socios: 15,00 € por persoa.
Nenas e nenos de 0-3 anos gratis.

NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc.

        PRAZAS LIMITADAS A 240 BILLETES!!!

     IMPORTANTE: A PERDA DO/S BILLETE/S IMPLICARÁ NON PODER EMBARCAR



                          Ficha Inscripción Excursión CIES 2017

*De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/99, de protección de datos, informámoslle que os seus datos facilitados/ou que facilite serán incluídos nos ficheiros da Asociación de nais e pais de alumnos Joaquín Costa do colexio público de educación infantil e primaria Álvarez Limeses. Estes datos teñen por finalidade xestionar a relación entre a Anpa a NAVIERA ILLA DE ONS, S.L. e a central de reservas do Parque Natural das Illas Atlánticas posto que asi o establece a lei. De NON facilitar o DNI o Anpa e a Naviera reservanse o dereito a non vender os billetes. Pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto ao tratamento dos seus datos perante a ANPA, con domicilio na rúa Joaquín Costa,13 de Pontevedra ou ben na dirección de correo electrónico: anpa.alvarez.limeses@gmail.com
     

0 comentarios:

Publicar un comentario