Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 12 de xuño de 2017

Propón unha muller: Unha campaña impulsada desde Pontevedra reclama unha muller para as Letras Galegas 2018



Nos 55 anos de historia do Día das Letras Galegas, tan só tres mulleres foron homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). Unha campaña impulsada desde Pontevedra espera que en 2018 se poida elixir a unha cuarta escritora para conmemorar o día grande a literatura galega.
O colectivo Polo Correo do Vento, co apoio do Concello de Pontevedra, puxo en marcha esta iniciativa, baixo a denominación #PropónUnhaMuller. Trátase dunha campaña dirixida principalmente aos académicos da Real Academia Galega, responsables da elección do autor homenaxeado, pero que busca a complicidade da cidadanía.
Así, dirixiranse aos colexios da provincia de Pontevedra para que os alumnos fagan chegar unha carga esixindo aos académicos que se recoñeza este ano a unha autora galega. A campaña farase extensible a outras institucións, entidades e colectivos sociais.
Ademais, a iniciativa trasladouse ás redes sociais onde, baixo a etiqueta #PropónUnhaMuller piden aos internautas que sinalen que autora merece ser homenaxeada nas Letras Galegas 2018.
Esta iniciativa, sinalan desde Polo Correo do Vento, busca "denunciar a inxustiza histórica do papel da muller na cultura e nos demais ámbitos da sociedade e dar a coñecer a mulleres que escribiron en lingua galega ou traballaron na defensa do idioma". 
Polo Correo do Vento ofrece dez propostas iniciais para que se debata sobre elas. Avelina Valladares, Belén Feliú, Clara Corral Aller, Filomena Dato, Luísa Villalta, María Tobío, María Victoria Moreno, Pura Vázquez, Xela Arias e Xosefa Iglesias Vilarelle. Con todo, aceptan que se inclúan novos nomes en busca da mellor candidatura posible.
Velaquí tedes un modelo de carta para enviar a proposta
PODES DESCARGALA AQUÍ

   

0 comentarios:

Publicar un comentario