Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 21 de xuño de 2017

ALERTA ANPA:SE NON HAI XUNTA DIRECTIVA, O ANPA DESAPARECE

ADEUS É UN BERRO QUE QUERE DECIR “BENVIDO”
(Adeus Pablo, Suso e Manuel...Benvidos novos directivos)

Estimadas/os socias/os, familias, e comunidade educativa en xeral:






Estes días intensos, poñen fin a anos de compromiso da cabeza visible desta directiva (Presidente, Vicepresidente e Tesoureiro) co ANPA JOAQUIN COSTA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES. Queromos dirixirnos a todas/os   as/os que formades parte desta asociación e da comunidade educativa do Ceip Álvarez Limeses. Foron anos de proxectos, traballos e desafíos. Pablo Gómez, Jesús Miguel Coejo  e Manuel Álvarez adicaron 7 , 4 e 9 anos respectivamente por e para ista Asociación, que por fin de ciclo e outras vicisitudes familiares e persoais  deben abandoar os postos directivos dista ANPA.

Dende o resto de directivos do Anpa queremos agradecerlle todos estes anos traballando polos nosos cativos. GRAZAS AOS TRES , porque se ista Anpa acadou case  85% de Socios e en parte grazas a vosa labor á fronte.


Dende a xunta  directiva da ANPA queremos  informar da necesidade de renovar os cargos actuais que van quedar vacantes se non hai candidatos. De non xurdir candidatos, a ANPA corre risco desaparecer e todo o que ata agora viña asumindo a Anpa se perderá en detrimento da educación das nosas/os fillas/os. Desaparecerían os servizos de Comedor e Plan Madruga, as actividades extraescolares, as excursións de fin de curso etc... entre moitas das cousas nas que a ANPA é parte activa organizativa e/ou economicamente. Isto é así e esperamos que anime a posibles candidatos dubitativos tanto para a xunta directiva como para a formación dos grupos de traballo.


Un pai/nai implicado en temas educativos, que participa no ANPA, polo xeral, é un pai/nai participativo, con capacidade de iniciativa, con certo espírito crítico, non pasivo, que á vez está a aprender sobre temas educativos e de xestión para os que quizá non estea totalmente preparado. Tendo en conta que as nais e os pais educamos sobre todo a través do exemplo, non son estes os valores e as competencias que queremos que adquiran e desenvolvan os nosos fillos e fillas? Con todo o anterior acórdase facer un chamamento á comunidade educativa para novas propostas de candidatura e lanzar as seguintes mensaxes:

QUE  HOXE ADEUS SEXA UN BERRO QUE QUERE DICIR “BENVIDO”
SE NON HAI XUNTA DIRECTIVA, O ANPA DESAPARECE!!!
ANIMAR AOS FUTUROS CANDIDATAS/OS!  
VÉMONOS NA ASAMBLEA ORDINARIA DE SETEMBRO
UN SAÚDO A XUNTA DIRECTIVA

0 comentarios:

Publicar un comentario