Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 19 de xuño de 2017

FESTA FIN DE CURSO 2016-2017

O VENRES PRÓXIMO DÍA 23 DE XUÑO, durante a mañá de 11 a 13 horas aproximadamente, celebrárase no colexio e só para todas/os os cativos a festa fin de curso. Organizaremos dende a Anpa a festa como nos anos anteriores, é dicir, festa no interior do colexio para as seis aulas de infantil (3, 4 e 5 anos) e para primaria con:

*     FESTA INFANTIL (3,4,5 anos)
Festa no Ximnasio e patio interior do colexio.
Organización dos nenos por grupos de idade 
que irán rotando polas actividades a modo de
circuíto, con inchábel, xogos populares e 
xogos de animación.




*     FESTA PRIMARIA (1º,2º,3º,4º,5º,6º)
FESTA TEMÁTICA DA AGUA E FIN DE FESTA CON ESPUMA, no patio exterior do colexio, que estará acompañada de animación musical na que os monitores irán dirixindo xogos  e actividades a realizar a modo de circuíto por clases:

·          Triro acuático
·         Baloncesto esponxa
·         Diana submarina
·         Bebedor desesperado
·         Carreira de Gobeletes
·         Transportadores de Auga
·         Carreira de Bombeiros
·         Encher o Balde….


IMPORTANTE: Pedimos a vosa colaboración para que os rapaces e rapazas de primaria xa veñan preparadas/os  dende  a casa cunha camiseta e pantalón (longo, curto, falda ), que se poidan mollar. Recomendamos que  traian unha muda para cambiarse ao rematar a actividade( camiseta, pantalón, e muda interior seca  e calzado)


O calzado  debe ser axeitado para este tipo de actividades como: fanequeiras, ou  tenis que se poidan mollar. (evitaremos as chancletas que non se suxeiten ao pé para evitar caídas).


      
      

0 comentarios:

Publicar un comentario