Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026
Amosando publicacións coa etiqueta Anias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Anias. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de setembro de 2017

Actividades extraescolares ANIAS curso 2017-2018

ACTIVIDADES ANIAS 2017-2018

Listaxe e información da oferta de actividades extraescolares de ANIAS para o CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2017-2018.

venres, 2 de marzo de 2012

Taller Práctico: Convivir en Familia

 

Ampliase o prazo de matricula do curso para pais “Convivir en familia”

Descrición: Taller práctico no que se propón a busca da mellor formula para compaxinar as diferentes facetas da vida persoal, laboral e familiar e para afrontar a educación dos fillos/as con maior seguridade, impartido por unha psicóloga especializada en terapia familiar.

Dirixido a: Pais e nais empadroados no Concello de Pontevedra

Duración: 20 horas
Nº de prazas: 20
Lugar: CEIP Álvarez Limeses
Datas de realización: 16 de marzo ao 1 de xuño
Día e horario: Venres de 18:00 a 20:00 horas
Servizo gratuito de ludoteca durante a duración do obradoiro

Inscrición: A inscrición é gratuita. Deberá facerse no Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Pontevedra, sito na rúa Xofre de Tenorio, 1 (Chalé de Fontoira), en horario de 10:00 h. a 13:30 h. ata o día 14 de marzo de 2012. Xunto coa solicitude aportarase a fotocopia do D.N.I. e un volante de empadroamento actualizado.

Información sobre as inscricións no teléfono 986 86 48 25 
Información sobre os contidos do obradoiro no teléfono 986 86 45 98 



Bloques de Contidos:


Habilidades sociais e de comunicación en familia
- Desenvolvemento da competencia para afrontar, previr e conter dificultades
- Practica da comunicación asertiva e a escoita activa
- Estratexias de negociación
- Pensando e educando en positivo


Estratexias para acadar a conciliación familiar
- Aprendendo a repartir e delegar responsabilidades distribuíndo de xeito equilibrado as tarefas domésticas
- Educando en igualdade


Directrices para unha educación afectivo – sexual saudable
- Mitos, prexuízos e tabús
- A busca de ferramentas para a prevención e promoción de condutas saudables
- Adolescencia e sexualidade

 Cartel Convivir en Familia

                                                            Recibide un cordial saúdo

xoves, 22 de setembro de 2011

COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2016-2017




O COMEDOR ESCOLAR
















 O Comedor Escolar é un servizo educativo, ademais de contribuír á organización da vida familiar, que ofrece o Colexio, e como tal debe marcarse uns obxectivos:

  • Promover e desenvolver hábitos alimentarios saudables
  • Garantir unha dieta que favoreza a saúde
  • Promover hábitos hixiénicos saudables
  • Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia
  • Conseguir un ámbito físico e social saudable
  • Para conseguir estes obxectivos desenvolveranse unha serie de actividades que terán lugar no propio espazo e tempo de comedor escolar dos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria, atendendo á idade dos alumnos e alumnas.

O NOSO COMEDOR ESCOLAR

O servizo de comedor escolar préstao a empresa que designa para tal efecto a Federación Provincial de Anpas de Pontevedra sendo na actualidade a empresa ARUME é unha empresa galega,a responsable, tanto da subministración da comida propiamente dita coma do persoal que se encarga da atención aos comensais e do persoal que se ocupa da limpeza do office e do comedor. Sabemos cuán importante é a alimentación durante as etapas temperás na vida das persoas: a infancia e adolescencia. En ARUME queremos ir máis aló do servizo convencional e implicámonos punta a punta no proceso, desde a procura do mellor produto local, o transporte e servizo do prato na mesa do comedor escolar, ata o acompañamento e dinamización durante o momento do consumo grazas aos nosos experimentados monitores. Utilizamos as técnicas de calidade e control máis esixentes para garantir a máxima seguridade na elaboración e entrega de todos os nosos menús.
Estes menús son previamente pensados e deseñados por expertos nutricionistas e dietistas coñecedores das verdadeiras necesidades alimenticias que esixen esas temperás idades. Pero en ARUME non só buscamos o equilibrio dos menús, senón que poñemos empeño en que a nosa cociña rezume ?arume? caseiro e os neno/as dos comedores escolares sentan como na casa. Conseguir que a hora da comida dos escolares sexa feliz e proveitosa, forma parte da nosa responsabilidade e supón un pracer para nós


PLAN MADRUGA
Moitas familias necesitan traer os seus fillos e fillas antes do horario lectivo ao colexio. Co fin de dar este servizo, organizouse o Plan Madruga de sete e media da mañá a nueve.Este servizo utilízano aquelas familias que por motivos laborais ou por circunstancias persoais necesitan un horario máis amplo.

Preténdese con iso:
  • Dar servizo ás familias, facilitando a conciliación da vida familiar, laboral e escolar.
  • Ofrecer un lugar coñecido e cálido, con persoal cualificado que atenderá aos nenos e nenas, proporcionándolles un ambiente relaxado.
  • Evitar o cambio de lugar ou de persoas nestas horas da mañá.
  • Ofrecer a posibilidade almorzar entre as 8:00 e 8:30 ou ben de completar o almorzo de casa con algún alimento que poidan tomar neste tempo.
O servizo do Plan Madruga préstao a empresa que designa para tal efecto a Federacion Provincial de Anpas de Pontevedra sendo na actualidade a empresa ARUME, a responsable da prestacion deste servizo.



CONDICIONS DE PRESTACIÓN DE SERVIZO COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2016-2017

No nome de ARUME é un pracer saudarlles e informarlles de que o próximo curso seremos a empresa responsable do servizo de comedor e de madrugadores no seu centro.

Se desexa efectuar a alta para o curso 2016-17, deberá remitir a ficha cuberta íntegramente a ARUME por fax ao nº 986 454 013 ou ao noso novo email info@arumeservicios.gal. Pregámoslle que a lea atentamente e que firme para expresa-la súa conformidade co Regulamento do Comedor exposto nos centros e coas normas do servizo:

1. Modalidades de contratación dos servizos:

a.) Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.

b.)Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.

c.) Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

2. O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ó 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactarnos no noso novo correo electrónico info@arumeservicios.gal. Esta información é importante para nós: lembre que somos os encargados da custodia do seu/súa fillo/a.

3. A petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días) deberá comunicárnola antes do 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactarnos no teléfono, fax ou email antes mencionados.

4. Se falta algún dato, a solicitude non será válida. Unha vez cuberta e entregada implicará, salvo notificación en contra e dentro dos prazos anteriormente indicados, a contratación e pago do servizo solicitado. Causará baixa no servizo cando se produza o impago do recibo. Non poderán facer uso dos servizos usuarios con recibos pendentes de pago.

5. ARUME non tén ningunha competencia na asignación e/ou obtención de becas.Non se farán descontos nos recibos mensuais por días de ausencia, salvo que sexan por enfermidade superior a 4 días consecutivos, teñan avisado das ausencias e se aporte o certificado médico.

6. ARUME dispón da páxina web www.arumeservicios.gal onde os usuarios poderán rexistrarse e acceder sempre que o desexen para consultar os menús, os seus datos no noso sistema (información persoal, días de asistencia previstos, facturación,…) e solicitar cambios. Rexistrarse é sinxelo seguindo os pasos en “Darse de alta (Guía)” na páxina web.




TELÉFONOS DE CONTACTO:
  • ARUME: 607 634 413
  • FANPA PONTEVEDRA: 986 84 34 12

REGULAMENTO E PROTOCOLO COMEDOR/PLAN MADRUGA



REGULAMENTO COMEDOR/PLAN MADRUGA



PROTOCOLO COMEDOR




FICHAS E CIRCULARES COMEDOR CURSO 2016-2017 

  FICHA INSCRIPCIÓN COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2016-2017


PROGRAMACIÓN MENSUAL


  Actividades Madruga Mes Marzo 2017

  Actividades Comedor Mes Marzo 2017

Aquí se publicarán a programación mensual de actividades no comedor e plan madruga  segundo teñamos a súa dispoñibilidade
MENÚ COMEDOR MENSUAL

Aquí se publicarán os menús comedor(normal,dietas) mensualmente segundo teñamos a súa dispoñibilidade


Aquí se publicarán os menús madruga mensualmente segundo teñamos a súa dispoñibliidade


 Menú Madruga Mes Marzo 2017






                                                        Recibe un cordial saúdo