Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027
Amosando publicacións coa etiqueta Portal Educativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Portal Educativo. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de febreiro de 2010

Portal Galego de Recusos Educativos

RECOMENDABLE

De cando en vez dámonos un paseo  polo portal  educativo da Consellería de Educació en busca de recursos que sexan de interese. Pois ben, hoxe detivenme no Portal de Contidos da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia).
A pantalla de inicio (se eliximos a versión flash) é moi atractiva, simulando un escenario futurista, pero ao mesmo tempo conservando algúns dos elementos característicos da vila galego. Desde esta interface inicial accédese aos contidos agrupados en etapas educativas: infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial; así como á sección de “opcións”, en que nos encontramos accesos directos a noticias de actualidade, ligazóns de interese, banco multimedia, etc…

Precisamente, neste apartado de opcións, hai unha sección sobre Orientación, con recursos sobre os ámbitos da orientación educativa, tanto ordinaria, como a destinada ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo; e outra sobre Atención á Diversidade, con información e recursos especifícos para esta área.

Unha vez que nos encontramos nunha sección en particular, a presentación dos rexistros é moi clara e idéntica en todas as seccións, mostrando unha listaxe coa imaxe do recurso, o nome, unha breve descrición do mesmo, e información sobre a quen vai destinado (alumnado, profesorado, e / ou familia), e a orixe do mesmo.
 
Ao portal educativo podedes acceder a traves de http://www.edu.xunta.es/contidos ou no enlace que atoparedes permanentemente no blog na parte superior.
 
 
RECIBE UN CORDIAL SAUDO DE:

O Portal Educativo da Xunta de Galicia migra a unha plataforma renovada e con orientación á cidadanía

  • Os usuarios da web da Consellería de Educación poden agora atopar con maior facilidade os asuntos do seu interese
  • O renovado portal sostén a súa estrutura sobre a diferenciación de contidos para os distintos colectivos, a actualidade e os servizos
O Portal Educativo da Xunta de Galicia vén de migrar a unha plataforma web renovada, na que os usuarios da web poden acceder dun xeito máis dinámico á información da Consellería de Educación e aos servizos ofrecidos por este departamento.

A nova web presenta unha estrutura unificada co resto dos portais da Xunta de Galicia, o que redunda nunha maior accesibilidade para o usuario, que atopa as mesmas referencias en todas as web. Ademais, o portal está enmarcado dentro das iniciativas da Xunta de Galicia a prol do software libre. Esta aposta quere establecer unha referencia tecnolóxica dun gran sistema baseado en software libre, de xeito que a propia Consellería sirva como exemplo dentro do eido educativo sobre o uso deste tipo de software. Complementariamente, optar por unha plataforma baseada en software libre mellorará a súa futura evolución, facilitando a incorporación de funcións e servizos dirixidos a achegar a administración electrónica a todos os eidos educativos e para implantar e fomentar o uso das TIC no proceso educativo.

A parte principal da páxina de inicio sostense sobre os piares dos servizos, a actualidade e os anuncios, presentados con atractivos elementos gráficos e unha estrutura limpa e clara. Na parte superior, a información aparece compartimentada por colectivos, co que os usuarios poden atopar dun xeito máis sinxelo a información do seu interese. Outra das novidades do Portal educativo é a incorporación dun buscador cunha mellorada funcionalidade, que permite incluso a busca avanzada por temas, colectivos ou departamentos.

Tras esta migración, a Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación segue a traballar para conseguir unha plataforma flexible de tal xeito que se poidan incorporar no futuro servizos complementarios tales como ferramentas de traballo colaborativo, e ampliar os servizos ofrecidos.

Fonte: www.edu.xunta.es