Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027
Amosando publicacións coa etiqueta Volta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Volta. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xaneiro de 2012

Pasado o Nadal...volta ao cole!



Tras vivir uns días repletos de maxia e ilusión...regresamos á actividade cotiá. A volta ao cole é un clásico que ten moitas lecturas: o que uns contemplan como unha liberación, os pais e avós que tiveron que encher con xogos e paseos as vacacións escolares, é para outros, os máis pequenos, unha mala noticia. Hai que volver a clase e aínda que a case todos lles apetece moito aquilo de ver os seus amigos, non teñen nin chisco de ganas de volver estudar. Os novos xoguetes volven a huchas e estantes á espera de ser resucitados os fins de semana.

Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo recarga total para afrontar este ano tan enigmático e profético que arrancamos…..

Recibide un cordial saúdo


luns, 12 de setembro de 2011

VOLTA AO COLE: COMEZO CURSO 2011-2012

.




Remataron as vacacións e comezamos un novo curso 2011-2012. Deséxovos un bo comezo a todos e todas!!
Nós, dende aquí, seguiremos facendo achegas para conseguir unha escola máis coeducativa e solidaria. ¡Esperamos as vosas visitas e colaboración!

Un saúdo, Hoxe, coa miña volta ao cole, quedo con este proverbio de Fernando Rielo, filósofo, poeta e un sen fin de máis mesteres e é que: "un sorriso non prexudica nin ao que a dá, nin ao que a recibe"...pois nada dende a ANPA ÁLVAREZ LIMESES somos a primeir@s en predicar co exemplo:






Pd.-Pouco a pouco con tempo iremos actualizando contidos...ainda sufrimos estrés  postvacacional¡¡¡¡¡