Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

venres, 6 de xuño de 2014

AVISO IMPORTANTE NOVO CAMBIO EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA: RUTA DA PEDRA E DA AGUA






Por mor das previsións meterolóxicas previstas para mañá sábado 7de Xuño, SUSPÉNDESE a excursión de 2º e 3º de primaria á Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga. Pasando a programarse dita excursión, para o vindeiro sábado 14 de Xuño.





   

luns, 2 de xuño de 2014

VENTE DE CRUCEIRO COA ANPA SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2014: VIAXE A ILLA DE ONS






Propoñémosvos dende a Anpa, como como colofón a este curso 2013-2014 un marabilloso paseo no que sen dúbida, poderedes gozar da riqueza paisaxística do arquipélago de Ons. Apreciaredes o contraste dos impetuosos acantilados da súa vertente oceánica, fronte á suavidade e beleza das súas idílicas praias situadas na cara este, máis a resgardo dos temporais do Atlántico Norte.


DÍA: SÁBADO 21 de XUÑO DE 2014

  • 10,00 hs. Embarque no Porto de Marin (Pantalán exterior a escola Naval)
  • 11,00 hs. Chegada a Illa de Ons. Percorremos a Ruta do Faro: Cunha lonxitude de 4 km e un desnivel de 120 m permite, nun pequeno recorrido, facerse unha idea da illa. Cruza pola parte máis estreita desta ata a Enseada de Caniveliñas onde se pode apreciar unha das fontes de auga doce máis importantes. Gozando das vistas dende o punto máis alto do arquipélago.
  • 18,30 hs. Partida de Ons.
  • 19,30 hs. Chegada ao peirao de Marín. Fin da aventura.


INSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos dias 5 e 6 de xuño (xoves e venres) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs.

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 15,00 € por persoa.



  NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc. 


   

mércores, 28 de maio de 2014

RELACIÓN DE PERSOAS FINALISTAS DO II CERTAME DE RELATO CURTO



RELACIÓN DE PERSOAS FINALISTAS DO II CERTAME DE RELATO CURTO


O número de participantes nesta edición do certame foi de 445. As categorías con maior participación foron a de primaria seguida da categoría de secundaria e con menos participación a de adultos seguida da categoría de bacharelato:
- Primaria: 226
- Secundaria: 116
- Bacharelato: 30
- Adultos: 62
- Excluídos: 11
As autoras e autores finalistas, 100 en total, recibirán un libro publicado pola editorial Kalandraka con cadanseu relato. De entre eles o xurado nomeará un gañador/a de cada categoría que se fará público no acto de entrega de premios:
Día: 29 de maio
Hora: 19 h
Lugar: salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

CATEGORÍA PRIMARIA
  • Yasmina Aguiño González
  • Marta Alonso Montoto
  • Noel Álvarez Fernández
  • Lucia Álvarez Pardo
  • José Manuel Amestoy López
  • Carolina Amorín González
  • Uxía Antón Cobas
  • Alba Arias Gómez
  • Martina Barral Pousa
  • Miguel Bouzas Rodríguez
  • Noemi Bouzón Otero
  • Miguel Bralo Latorre
  • Telmo Bravo Barrio
  • Miguel Bugarín Peixoto
  • Duna Casal Padín
  • Raquel Castellano Fernández
  • David Chan García
  • Marcos Constenla Durán
  • Noa Da Silva Álvarez
  • Paula Domínguez Barreiro
  • Carlos Estévez Suárez
  • Mariña Fernández Buceta
  • Candela Fernández Lombar
  • Fabián Freire San Luis
  • Alfredo García Fernández
  • David García Ramallal
  • Eloy Alberto Lago Cusí
  • Marta Leiro Costa
  • Manuel Martínez Vilas
  • Laura Mazoy García
  • Sonia Morgade Camiña
  • Lucas Ortins Méndez
  • Cira Otero Prol
  • Irene Pereira Reboredo
  • Sara Pérez Duarte
  • Óscar Andrés Pérez Hombre
  • Claudia Quiroga Rafael
  • Inés Reirís Chorén
  • Irai Rodríguez Fernández
  • Hernán Rodríguez Iglesias
  • Alejandra Rodríguez Seijas
  • Iván Ruibal Seoane
  • José Manuel Sánchez Fernández
  • Martín Sieiro Ferreira
  • Ana Vidal Vilán

    CATEGORÍA SECUNDARIA
  • Ana Carbón Catro
  • Olalla Castrillo Sánchez
  • Mirelly Lizbeth Chafloque Ludeña
  • Julien Fabrice Courcier Cortegoso
  • Cynthia Fernández Romero
  • Sandra Ferreiro García
  • Eugenia García Magaña
  • Salvia Iglesias Martínez
  • Miguel Leiro Grande
  • Laura López Rey
  • Javier Martín Espiño
  • Natalia Martínez Rodríguez
  • Tania Neira Iglesias
  • Alejandro Ogando Cortés
  • Niquea Outeiral Galiano
  • Daniel Enrique Paz Güimil
  • Fabio Rivas Pardo
  • Asiel Rodríguez González
  • María Rozados Balboa,
  • Laura Sánchez Castro
  • Marta Sanmartín Andújar
  • Sara Santos Novoa
  • María Isabel Seoane Míguez
  • Mónica Silva Vicente
  • Ainhoa Vivel Couso

CATEGORIA BACHARELATO
  • M.ª Guadalupe Castro González
  • Lorena Couselo García
  • Natalia Fernández Rodríguez
  • David Güimil Vázquez
  • Marcos Lago Piso
  • Sara Pazos Martínez
  • Patricia Pérez Domínguez
  • Alberto Riveiro Costas
  • Ricardo Rodiño Balboa,
  • Iria Tarrío Pazos
  • Jennifer Vázquez Vieites

CATEGORÍA ADULTOS
  • Roberto Antón Santiago
  • Isabel Barreiro Quibén
  • M.ª Luísa Costas Rial
  • Marcia Fernández Estévez
  • Lino Fernández García
  • Manuel Fernández García
  • José Manuel Fernández González
  • Pedro Luis González Sardón
  • María Teresa Iglesias Yugat
  • Federico Limeres Arias
  • Manuel Melón García
  • Manuel Pérez Lourido
  • Rafael Quintía Pereira
  • Alicia Rodríguez Massó
  • Judith Souto Valiñas
  • Virginia Suárez Iglesias
  • Fernando Tomé Rodríguez
  • Marcela Torres Suárez
  • María Pilar Vence Lodeiro



                             NORABOA!!!
  

venres, 23 de maio de 2014

AVISO IMPORTANTE CAMBIO EXCURSIÓN 2º e 3º DE PRIMARIA: RUTA DA PEDRA E DA AGUA






Por mor das previsións meterolóxicas previstas para mañá sábado 24 de maio, SUSPÉNDESE a excursión de 2º e 3º de primaria á Ruta de Senderismo da Pedra e da Auga. Pasando a programarse dita excursión, para o vindeiro sábado 7 de Xuño.


PD.- Todos aqueles que non estiveran apuntados a devandita excursión, poderan facelo cubrindo a folla de inscripción, depositandoa xunto co importe exacto e a fotocopia da tarxeta sanitaria,  nun sobre na caixa de correo da Anpa, ao longo da semán que ven.

Aquiles que non poidan asitir o sábado 7 de Xuño e estiveran apuntados, poderán solicitar a devolución do importe abonado.

    

luns, 12 de maio de 2014

Excursión de 2º e 3º Primaria A RUTA DA PEDRA E DA AUGA Ó SABADO 24 DE MAIO




"SABADO  24  DE MAIO: “RUTA DA PEDRA E DA AUGA”

A ruta discorre polos concellos de Meis e Ribadumia. Trátase dun vello camiño que se percorría, tradicionalmente, o luns de Pascua cara ó mosteiro da Armenteira . A primeira parte é a ruta dos muíños de Barrantes, de quilometro e medio, con seis muíños restaurados. Seguindo o curso do río Armenteira chegamos ao concello de Meis, onde atopamos os muíños de Serén, un espazo sorprendente, perfectamente rehabilitado e cunha área recreativa nas ladeiras lo monte da Cabeza de Boi.



Os muíños lévannos ata a “ Aldea Labrega”,  unha representación en granito da vida rural galega de principios do século XX cos seus elementos tradicionais: a igrexa, o horreo, o forno, o cruceiro e os animais domésticos. Sen apartarnos do río, xunto ao que poderemos observar a riqueza da súa flora, cun gran número de especies de ribeira, chegamos á parroquia de Armenteira, na que poderemos visitar o Mosteiro de Armenteira, un sinxelo e austero edificio cunha capela de estilo románico levantada a mediados do século XII coma mosteiro benedictino, aínda que a partir do século XVI á Orde de San Juan.

AVISO: OS NENOS DEBERÁN LEVAR A SÚA MERENDA

NOTA: Saída en autobús  as  9:00 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.
PREZO SOCIO/A: 15,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 40,00 €

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: Xoves, día 15 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.


    

Excursión de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos) : GRANXA ESCOLA SERANTELLOS Ó SABADO 24 DE MAIO


"SABADO  24 DE MAIO: “GRANXA ESCOLA DE SERANTELLOS"

Serantellos é un equipamento medioambiental, situado no Val do Salnés. A Granxa escola está situada na parroquía de Castrelos a 3 km de Cambados, enclave que permite gozar de interesantes itinerarios(etnográficos,medioambientais….)

INSTALACIÓNS E SERVIZOS

As instalacións pertencen a unha antiga granxa polo que conta coa infraestructura idónea
para actividades agropecuarias. O edificio principal e un antigo pazo rehabilitado e adaptado para a súa función de albergue.

Nota-Este horario é a modo de exemplo, xa que os rapaces serán divididos en grupos ao
chegar á granxa e irán rotando polas diferentes actividades ao longo da mañá, de xeito que un grupo comezará pola actividade de horta, outro por as actividades agropecuarias, etc…

NON É PRECISO QUE OS NENOS/AS LEVEN A SÚA MERENDA
NOTA: Saída en autobús as 9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.

PREZO SOCIO/A: 10,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 35,00 €

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: Mércores, día 14 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.


       

mércores, 30 de abril de 2014

Excursión de 6º de Infantil (5 anos) e 1º de Primaria A RUTA DO SALGUEIRAL SABADO 10 DE MAIO






"SABADO 10 DE MAIO: Viaxa no tempo ao Salgueiral de 1878"


Ao longo da mañá os rapaces percorrerán a aldea seguindo as pistas dun xogo que os achegará a vida cotiá no campo.A actividade comezará na antiga casa daescola (actual Casa de Cultura), onde descubrirán que hoxe non é un dia normal,senón que viaxarán no tempo a unha escola do 1878.Para regresar ao presente deben atopar todas as pezas dun crebacabezas e resolver a adiviña que poderán ler nel unha vez completado. Para conseguilo terán que participar como uns veciños mais na vida cotiá da aldea.




Partindo da Corticeira comezarán camino buscando unha casa que se levantou no 1878 e seguir o percorrido marcado polas pistas e sinais. Pasarán polas casas dos veciños que lles axudaran a resolver as distintas probas Coñecerán labores e tradicións axudados polos veciños da aldea e os monitores acompañantes

AVISO: OS NENOS DEBERAN LEVAR A SÚA MERENDA

NOTA: Saída en autobús as 9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.




PREZO SOCIO/A: 10,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 35,00 €

DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: luns, día 5 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.




   

Excursión de 4º e 5º de Primaria A CORUÑA (acuario, casa da ciencia, planetario e Torre de Hércules) SABADO 10 DE MAIO



SÁBADO 10 DE MAIO: A CORUÑA (acuario, casa da ciencia, planetario e Torre de Hércules)


Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos CientíficosCoruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", somerxido na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. As tres piscinas exteriores albergan ademáis focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo.


A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de SantaMargarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacerpitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo. 




A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO.. 









POSTO que a excursión coincide co Dia da Ciencia, visitaránse os stands dos postos de ciencia na rúa no Parque de Santa Margarita

NOTA: Saída en autobús as 9:00 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.





PREZO SOCIO/A: 20,00 €
PREZO NON SOCIO: 50,00 €


DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: Martes, día 6 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.



     

venres, 11 de abril de 2014

Felices Vacacions de Semana Santa



Hoxe venres 11 de Abril comezan as vacacións de Semana Santa e remata o segundo trimestre. Para a terceira avaliación esperamos contar con bo tempo que nos permita realizar actividades de convivencia e excursións ao aire libre. 

Desexamos a toda a comunidade escolar que pasedes unhas felices vacacións e que a rosa dos ventos vos guie de novo o vindeiro 22 de Abril e que E que a a luz da ANPA vos acompañe e que esta semana santa sexa un xardín onde o bo e o malo se confúnden e é humano que a volta nos volvades elixir.



  

xoves, 3 de abril de 2014

CIRCULAR 16 DO 3 DE ABRIL DE 2014: DIA DA MUIÑEIRA






Para participar no Día da muiñeira, que se celebra a finais do mes de maio, queremos facer un grupo específico de nenas/os no ximnasio do colexio, en horario de 12:00 a 14:00 hs. todos os sábados, a partir do 26 de abril inclusive ata finais de maio.

O custo para socias/os é de 5,00 €, e para non socias/os de 20,00 €Tentaremos conseguir un bo prezo para as rapazas e os rapaces, que teñan que arrendar o traxe para participar na concentración e paseo polas rúas da zona vella e posterior baile na Avenida Montero Ríos.





As persoas interesadas, deben apuntarse no teléfono 697 848 419.
Ata o 20 de abril como data límite para formar o grupo.