Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

luns, 13 de maio de 2013

Dia do Libro e Dia Das Letras Galegas: Fotos Reparto gratuito de libros


Con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas e debido á relación de colaboración con OQO editora a Anpa agasallou gratuitamente un libro da citada editorial a cada rapaz e rapaza membros da Anpa. Ista entrega foi persoal, debia acudir cada cativo a recoller o libro que elixira dos presentes. O acto de entrega tivo lugar o sábado día 11 de maio de 2013 de 11:00 a 14:00 hs. no edificio do comedor do colexio.















venres, 10 de maio de 2013

Circular 13 de 10 de maio de 2013. Curso 2012-2013



Circular 13 de 10 de maio de 2013. Curso 2012-2013
Reparto de balde de libros
Lembramos que o vindeiro sábado de 11:00 a 14:00 hs. terá lugar no andar baixo do edificio do comedor do colexio a entrega de balde dun libro para cada rapaz/a membro da Anpa con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas.
Con ista iniciativa pretendemos fomentar a lectura, para iso cada cativo escollerá un libro dos alí presentados que será rotulado co seu nome. A idea e que despois de lelo faga intercambio cas/cos súas/seus compañeiras/os para acceder á lectura de varias obras.  Ista iniciativa só é posíbel pola boa relación existente con OQO editora dende que se proxectaron os seus curtametraxes no ciclo de cine. A entrega é persoal, debe acudir cada cativo a recoller o seu libro.

Asemade a Anpa sorteará entre todos as/os asociadas/os o mesmo día ás 13:30 hs. e no mesmo lugar os
2 vales para unha masaxe de costas e 3 bonos de iniciación a pilates,
obsequio de FIMEGA. Ver no blog as ofertas para asociadas/os da Anpa. www.fimega.com

Ciclo de cine
No ciclo de cine proxéctase este sábado 11 de maio de 2013 a partires das 17:00 hs o quinto filme (de animación) do ciclo “Nocturna, unha aventura máxica” coas voces de Imanol Arias e Carlos Sobera no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra. Goya 2007 a mellor película de animación.
Se algunha persoa non puido recoller os billetes o martes pode facelo o mesmo sábado pola mañá cando vaian polo libro, ou ben pondose en contacto coa Anpa no teléfono da mesma.

Excursión de 2º e 3º de primaria ao
Sendeiro da Fraga do Barragán

Debido ás primeiras comuñóns do día 25 de maio abrimos un prazo para que escollerades o día que máis os interesase para facer a excursión. Votaron 37 familias co seguinte resultado: 25 de maio (9 votos), 8 de xuño (20 votos) e 15 de xuño (8 votos). Polo que trasladamos ista excursión ao sábado 8 de xuño de 2013. Debedes comprender que pode haber tantas datas como familias mais só se pode facer nunha determinada!
Alguén nos preguntou se podían acudir nais e pais ao sendeiro... entendemos que é unha actividade das/dos nenas e nenos e é mellor que neste caso vaian sós.

Excursión de 6º de infantil e 1º de primaria ao
Parque arquelóxico de Campo Lameiro

Ista excursión podía facerse o día programado (25 de maio), mais coincide co grupo que está a preparar o Día da muiñeira (31 de maio); e despois da petición da monitora de tentar aproveitar ao máximo as poucas horas dispoñibles decidimos tamén adiala ao día 8 de xuño de 2013.

O cobro das dúas excursións farase o mércores día 15 de maio de 2013 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio.

xoves, 9 de maio de 2013

Escolas de verán 2013


ESCOLAS DE VERÁN 2013

As escolas de verán son un recurso educativo e lúdico que se desenvolve na época estival en centros educativos de Pontevedra. Organizado pola FANPA e o CONCELLO DE PONTEVEDRA.
Destinatarios: nenos de 3 a 12 anos.

DATAS DE REALIZACIÓN:

Meses de xullo e agosto de 2013.
Dividido en 4 quincenas as urbanas e 2 mensuais as rurais.

LUGARES DE REALIZACIÓN:
  • URBANAS: Campolongo, Manuel Vidal Portela, Marcos da Portela e Barcelos (inglés).
  • RURAIS: Cabanas, Pontesampaio, Vilaverde e Xeve.

HORARIO:
De luns a venres (excepto festivos) de 9:00 a 14:00 horas.

MODALIDADES:
Escolas urbanas: 3 temáticas e 1 en lingua inglesa.Escolas rurais: 4 temáticas.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (se hai un número mínimo de usuarios):
  • Servizo Madruga: de 7:30 a 9:00 horas (con ou sen almorzo)
  • Servizo de comedor: de 14:00 a 16:00 horas.
  • Servizo esporádico de Madruga e Comedor. (chamando o día anterior en horario de mañán ós números 685535202 Madruga/ 607634413 Comedor).

O servizo de comedor e madruga só se dará na ludoteca de Campolongo.

PREZOS:
Escolas urbanas 30 euros por quincena.
Escolas rurais 20 euros por me.s
Familias numerosas/ monoparentais/ 2 proxenitores en desemprego 20 euros as urbanas e 15 euros as rurais.
Prezo comedor 42 euros/quincena, madruga sen almorzó 22 euros/quincena, con almorzó 28 euros/quincena. Esporádicos comedor 7,5 euros/día, esporadicos madruga: 2,50 sen almorzo/dia, 3,15 con almorzo/día.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

As solicitudes presentaranse na sede da FANPA (R/ Alfonso XIII Nº7), do 20 ó 27 de maio en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben enviando toda a información por correo electrónico á dirección actividades@nontedurmas.org

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
No caso de que a demanda sexa superios ás prazas existentes farase unha baremación cos seguintes criterios:
Situación escolar: colexio público do concello de Pontevedra 4 puntos
Situación socio-familiar: familia numerosa 4 puntos, familia monoparental 4 puntos.
Situación laboral: Familia monoparental co proxenitor en situación laboral activa 8 puntos, familia cos dous proxenitores en activo 8 puntos, familia onde só un proxenitor esté en situación laboral activa 4 puntos.

DOCUMENTACIÓN:
  • Copia DNI do neno/a ou libro de familia.
  • Fotocopia tarxeta sanitaria.
  • Copia DNI pai/nai ou titor
  • Acreditación familia numerosa
  • Acreditación familia monoparental
  • Documento acreditativo de onde cursa estudios o neno/a.
  • Vida laboral ou fotocopia do encabezamento da derradeira nómina.

FORMALIZACIÓN DA PRAZA:

O día 29 de maio publicarase a listaxe de admitidos na páxina web da FANPA (nontedurmas.org).
Os admitidos realizarán o ingreso no número de conta 2080 5046 20 3040025538 poñendo como concepto o nome do neno/a e “ludotecas verán”.
Os usuarios de comedor farán o ingreso do custe do servizo no número de conta:01820999880208517460
Os usuarios de madruga ferán o ingreso na conta nº: 20805480963044115901
Unha vez realizado o ingreso entregarán o xustificante de pago mediante correo electrónico (actividades@nontedurmas.org) ou unas oficinas da FANPA.
Sendo o prazo de matriculación ESCOLAS DE VERÁN 2013
Word - 46.5 KB
Ficha inscrición




O Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos





O Museo súmase á celebración destes dous días tan significativos programando unha serie de actividades abertas a todos os públicos.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Co gallo desta celebración, o venres 17 de maio, ás 12:00 h, terá lugar unha función do espectáculo Camiño de historias, dirixido ó público infantil, a cargo do grupo de teatro Migallas, a desenvolver no salón de actos do Sexto Edificio, cunha duración dunha hora.
Trátase dun espectáculo constituído por varias historias de tradición oral procedentes de diversos continentes e enlazadas mediante cancións e ditos populares.
Cada relato é tratado dun xeito diferente combinando a narración con técnicas de expresión plástica e dramática. Así, pois, nuns prima a palabra, noutros, as imaxes e noutros recupérase a arte dos actores e contadores ambulantes das feiras de antano.
Malia ser tradicionais, os contidos que tratan estas historias son actuais e próximos ós nenos e ás nenas: os rapaces consentidos polos pais, o afán de posuír xoguetes e lambonadas, o ritmo das estacións e o ciclo da vida, a importancia da música e da festa, etc.
As cancións e os ditos tradicionais arroupan todo o espectáculo co fin de difundir a literatura popular infantil de Galicia.
Pódese conseguir máis información sobre o espectáculo en:

DIA INTERNACIONAL DO MUSEOS

O sábado 18 celébrase o Día Internacional dos Museos, institucionalizado polo Consello Internacional de Museos (ICOM), que este ano ten como lema Museos (memoria + creatividade) = progreso social. Coas seguintes actividades, que se prolongarán ata as 24:00 h, preténdese achegar dunha forma dinámica e lúdica ó Museo o público, tanto infantil como adulto.

Un paseo pola arte galega desde o s. XIV a Castelao.
Visita teatralizada a cargo do grupo Migallas, na que os participantes, acompañados por varios personaxes, realizan un percorrido polas distintas salas do Sexto Edificio para coñecer as obras galegas que nelas se exhiben.
Con carácter gratuíto, está dirixida a todos os públicos e terá dúas sesións, ás 12:00 h e ás 17:30 h, cun máximo de 30 persoas por quenda, debendo os interesados inscribirse na secretaría do Museo (teléfono 986 804 100, extensión 32436).

Obradoiro infantil de expresión artística.
Actividade complementaria da visita teatralizada, na que os rapaces de entre 4 e 12 anos participantes crearán un cadro inspirado nas obras que viron e nas historias que escoitaron.
Realizarase ás 13.00 h e ás 18.30 h.

O Segredo dos Dinís
É unha das propostas que ofrece o Gabinete Didáctico do Museo, que consiste nunha visita dinamizada ás instalacións, dirixida a mozos e adultos, cun máximo de 50 participantes.
Os visitantes farán un percorrido polos edificios do Museo e as súas coleccións, cuxo fío condutor será a familia Dinís. Conxugando a realidade histórica desta liñaxe, pero adaptándoa ás necesidades da narración, o resultado é unha visita na que os asistentes deberán participar de forma activa e non como meros espectadores para descubrir un secreto.
Comezará ás 21:30 h no Sexto Edificio e ten unha duración de dúas horas.

O xogo dos seis
Trátase dun xogo de mesa, pero realizado en formato xigante, coa intención de que os propios nenos e nenas sexan as fichas do taboleiro.
Chámase O xogo dos seis porque as diferentes preguntas e probas que terán que superar xiran en torno ós seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e as coleccións que estes albergan.
Con el preténdese incidir, dunha forma dinámica e divertida, na idea de que memoria + creatividade axudan ó progreso social, xogando un papel moi importante a función dos museos.
Neste xogo didáctico poden tomar parte nenos e nenas de entre 9 e 14 anos, cun máximo de 18 participantes.
Principiará no Sexto Edificio ás 21:30 h e terá unha duración de hora e media.
Estas actividades son tamén gratuítas, pero é necesaria a inscrición previa no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986.804.100 na extensión 42413.
Ademais, na zona de cristal do Sexto Edificio, a Deputación de Pontevedra vai regalar un libro a cada persoa que visite as instalacións do Museo Provincial, ofertando tamén outros a un prezo máis reducido do que é habitual, co seguinte horario: o venres 17, entre as 11:00 e as 14:00 h, e o sábado 18 desde as 11:00 ás 14:00 h e desde as 17:00 ata o peche das instalacións ás 24 h.


Pazo da Cultura: Programación 10-12 de Maio



Concerto fin tempada
9ª Sinfonía de Beethoven - Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e Coro da Universidade de Minho (Portugal)
Venres 10 de maio ás 21:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 10 euros + gastos
www.pazodacultura.org, http://www.facebook.com/PazoDaCulturaDePontevedra http://twitter.com/PazodaCultura


Concerto fin de tempada organizado pola Sociedad Filarmónica no que a Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o Coro da Universidade de Minho (Portugal) interpretarán conxuntamente a 9ª Sinfonía de Beethoven.
 
Entradas para non socios/as en servinova a un prezo de 10 euros máis gastos aticipadamente e o mesmo día do concerto dúas horas antes na billeteira do Pazo.


Contos inéditos musicados
"Son de contos"
Domingo 12 de maio ás 19:00 horas
Lugar: Teatro Principal
Prezo: Entrada libre ata completar aforo
www.pazodacultura.org, http://www.facebook.com/PazoDaCulturaDePontevedra http://twitter.com/PazodaCultura


Un xénero novo no que os asistentes poderán gozar de 3 contos inéditos, escritos para a ocasión por Fina Casalderrey, Manuel Lourenzo e Xoan Babarro e Ana María Fernández conxuntamente. A música corre a cargo dos músicos Julius Andrejevas, Fernando Ruibal e Carlos Cambeiro, que crearon pequenas pezas para acompañar os relatos, narrados por Vicente P. Couceiro.
 
Entrada libre ata completar aforo.


Concerto
"Keep in touch - Tuba Projet" - Michel Godard
Domingo 12 de maio ás 19:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 3 euros
www.pazodacultura.org, http://www.facebook.com/PazoDaCulturaDePontevedra http://twitter.com/PazodaCultura


O Ciclo de Butaca da Banda de Música de Pontevedra, achega deste volta o concerto titulado "Visite" no que converxerán o tubista e serpentonista francési Michel Godard e o ensemble de tubas, percusión e pianos "Keep in Touch Tuba Project". O ensemble, dirixido por Alfonso Mollá, interpretará un programa que fusiona a música do renacemento e o jazz.
 
Entradas a un prezo de 3 euros o propio día do concerto na billeteira do Pazo da Cultura dúas horas antes.


Visitas guiadas exposición
"Nova York, Viena, Milán, Pontevedra"
Sábado 11,18 e 25 de maio e domingo 2 de xuño ás 11:30 horas
Lugar: Sala Exposicións Pazo da Cultura
Prezo: Entrada libre


A exposición colectiva "Nova York, Viena, Milán, Pontevedra" organiza visitas guiadas durante os sábados 11,18,25 de maio e o día da clausura, domingo 2 de xuño. Carmen Hermo será a guía este primeiro sábado 11, seguida de Enrique Velasco o 18, Miguel Pereira o 25 e Antón Sobral o día 2. Ao longo de media hora os propios artistas explicarán aos participantes a mostra colectiva que acolle pintura, escultura e video creacións. Entrada libre ata formar grupos máximos de 40 persoas.
 
Lembrade que podedes visitar a exposición sen guía no seguinte horario de apertura: Martes a venres de 17.00 a 21.00h. Sábados de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00 a 14.00h. Luns, pechado.




mércores, 8 de maio de 2013

A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca manifestacións nas catro provincias o vindeiro 9 de maio ás 19:30 horas



Estas mobilizacións enmárcanse dentro dos actos da xornada de Folga Xeral no Ensino convocada para esa data


Dende a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra informan que a  plataforma en Defensa do Ensino Público, a que pertencemos mediante CEAPA, fai un chamamneto a docentes, pais, nais e estudantes a secundar e apoiar a folga  no ensino público que terá lugar o xoves 9 de maio para pedir a retirada do proxecto da Lei orgánica de mellora  da  calidade educativa (LOMCE) e, contra os recortes que sofre o sistema educativo tanto estatal como autonómico.


QUEREMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA, IGUALITARIA E DE CALIDADE.



Plataforma en Defensa do Ensino Público na que se integran CCOO, FETE-UGT, CSIF, CONFAPA-GALICIA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convoca manifestacións nas catro provincias galegas con motivo da Xornada de Folga Xeral no Ensino que esta plataforma ven de convocar para o día 9 de Maio.
Estas manifestacións terán lugar nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo ás 19:30 horas. A Plataforma manifesta que se escolleu o horario de tarde para a celebracións das mesmas para facilitar ás nais e pais do alumnado, que son convocantes desta xornada de folga, a asistencia ás mesmas e que puideran expresar o rexeitamento á LOMCE e ás políticas de recortes dos gobernos central e autonómico.
A Plataforma lamenta que non puidera facerse efectiva unha mobilización unitaria de todas as organizacións que representan á comunidade educativa galega, a pesar dos ofrecementos que se fixeron para iso.

Fonte: http://www.nontedurmas.org

martes, 7 de maio de 2013

Ciclo de cine: Sábado 11 de Maio "Nocturna: Una aventura mágica"




O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h  11 de  Maio e o filme que se proxectará,  será  "Nocturna: Una Aventura Mágica"


Sinopse: Na escuridade da noite, cando as sombras se alongan e cobran vida propia, os ruídos percorren caprichosos as casas e todos os cantos parecen esconder algo misterioso, a nosa imaxinación énchese de temores. Só a luz das estrelas, dos farois e da lúa a través da ventá, consegue converter eses fantasmas en formas recoñecibles e escorrentar os nosos medos. Pero Imaxinádesvos que acontecería se de súpeto toda luz se extinguise por completo? Un súbito apagamento de estrelas ameaza con deixar a noite sumida na máis profunda escuridade. Tim, un neno asustadizo que vive nun orfanato, encherase de valor para resolver este desastre enfrontándose á súa propia sombra que é froito dos seus medos. Para conseguilo somerxerase nunha emocionante aventura a través de Nocturna, un mundo paralelo que xorde cada noite cando quedamos durmidos. Alí descubrirá todos os seres e criaturas que fan que a noite sexa máis ou menos apracible, e coas cales emprenderá unha fabulosa viaxe para intentar rescatar á súa estrela querida: Adhara. Nocturna: unha aventura sorprendente para todos os que dormen e soñan.




A asociación de pais do Álvarez Limeses pide a cesión dun local



A asociación de pais de alumnos do colexio Álvarez Limeses solicitou ao Concello a cesión dun edificio municipal situado no recinto escolar e en estado de abandono, para que o colectivo poida reparalo e dedicalo ás súas actividades. Esta proposta, formulada esta mesma semana, encontrou xa o apoio do grupo municipal do PP, que no pleno do onte luns formulou unha pregunta ao respecto. A oposición recorda que a asociación de pais de alumnos aspira a habilitar as dúas primeiras plantas do edificio para salas de usos múltiples e a terceira a oficinas.

Apúntase a que o colexio pode utilizar o edificio polas mañás para necesidades lectivas e deixalo para a asociación de pais nos horarios libres.

EXCURSIÓN DE INFANTIL 3 e 4 anos a Apípolis (Curso 2012-2013)


Foron os de 3 e 4 anos de Educación infantil, 44 rapaces en total.
2  monitores de ANIAS e 4 pais/nais "sufridores/as"


Os nenos da clase de 3 e 4 anos do colexio aprenderon moito sobre as abellas.Separáronos en grupos e mentres lles contaron unha historia da vida das abellas e do traballo dos apicultores, despues cada grupo foi realizando diferentes cousas pero todos pasaron por:


A exposicion da vida das abellas, como se reproducen, como varian no tempo, como traballan, as diferenzas entre elas, etc ali viron un enxame moi grande e despues nunha colmea ensináronlles a abella raíña, e o macho.

Despues foron a facer unha vela e a espremer mel e explicáronlles todo o proceso, ahi foi onde lles regalaron o botecito de mel e a vela. Logo foron a facer bolechas de mel, as cales elaboraron eles mesmos e iso lles gustou moito e por último vestíronse de apicultores, e fomos a ver as abellas onde viron de preto un enxame, unha colmea, a raíña, o zangano, as obreiras e as larvas, esta parte tambien encántolulles moito.





FOTOS EXCURSIÓN DE 4º e 5º de Primaria a DOMUS e MUNCYT (A Coruña) Curso 2012-2013


Foron os de 4º e 5º de Educación primaria, 52 rapaces en total.
3 monitores de ANIAS e 3 pais "sufridores"

Fomos ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología ) pola mañá e comemos alí.
A sede central do MUNCYT na Coruña conta con diferentes espazos que permiten realizar todo tipo de exposicións de carácter temporal e itinerante. As características arquitectónicas do edifico posibilitan a exhibición de pezas de gran volume, maquinaria industrial, vehículos de transporte, etc., unha virtude excepcional, que fixo posibles a instalación da parte dianteira e o tren de aterraxe do Boeing 747 que trouxo o Guernica a España, doaron Iberia, ou a montaxe do primeiro acelerador de partículas deseñado e construíu na Xunta de Enerxía Nuclear cara a 1957.

Antes de ir ao Domus, visita aos arredores da Torre de Hércules.Paseíto e xogos, para que se desafogasen.Pola tarde, primeiro ao Domus, onde non se cansaron de aprender ciencia e tocar todo.Despois ao parque de Santa Margarita, aproveitando que se celebraba o día da ciencia, con demostración de ábaco e xogos incluídos.
Volta á casa

Os chavales....contentísimos