Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 8 de maio de 2013

A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca manifestacións nas catro provincias o vindeiro 9 de maio ás 19:30 horas



Estas mobilizacións enmárcanse dentro dos actos da xornada de Folga Xeral no Ensino convocada para esa data


Dende a Federación Provincial de ANPA de Pontevedra informan que a  plataforma en Defensa do Ensino Público, a que pertencemos mediante CEAPA, fai un chamamneto a docentes, pais, nais e estudantes a secundar e apoiar a folga  no ensino público que terá lugar o xoves 9 de maio para pedir a retirada do proxecto da Lei orgánica de mellora  da  calidade educativa (LOMCE) e, contra os recortes que sofre o sistema educativo tanto estatal como autonómico.


QUEREMOS UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA, IGUALITARIA E DE CALIDADE.



Plataforma en Defensa do Ensino Público na que se integran CCOO, FETE-UGT, CSIF, CONFAPA-GALICIA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva, convoca manifestacións nas catro provincias galegas con motivo da Xornada de Folga Xeral no Ensino que esta plataforma ven de convocar para o día 9 de Maio.
Estas manifestacións terán lugar nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo ás 19:30 horas. A Plataforma manifesta que se escolleu o horario de tarde para a celebracións das mesmas para facilitar ás nais e pais do alumnado, que son convocantes desta xornada de folga, a asistencia ás mesmas e que puideran expresar o rexeitamento á LOMCE e ás políticas de recortes dos gobernos central e autonómico.
A Plataforma lamenta que non puidera facerse efectiva unha mobilización unitaria de todas as organizacións que representan á comunidade educativa galega, a pesar dos ofrecementos que se fixeron para iso.

Fonte: http://www.nontedurmas.org

0 comentarios:

Publicar un comentario