Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 7 de maio de 2013

Ciclo de cine: Sábado 11 de Maio "Nocturna: Una aventura mágica"




O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h  11 de  Maio e o filme que se proxectará,  será  "Nocturna: Una Aventura Mágica"


Sinopse: Na escuridade da noite, cando as sombras se alongan e cobran vida propia, os ruídos percorren caprichosos as casas e todos os cantos parecen esconder algo misterioso, a nosa imaxinación énchese de temores. Só a luz das estrelas, dos farois e da lúa a través da ventá, consegue converter eses fantasmas en formas recoñecibles e escorrentar os nosos medos. Pero Imaxinádesvos que acontecería se de súpeto toda luz se extinguise por completo? Un súbito apagamento de estrelas ameaza con deixar a noite sumida na máis profunda escuridade. Tim, un neno asustadizo que vive nun orfanato, encherase de valor para resolver este desastre enfrontándose á súa propia sombra que é froito dos seus medos. Para conseguilo somerxerase nunha emocionante aventura a través de Nocturna, un mundo paralelo que xorde cada noite cando quedamos durmidos. Alí descubrirá todos os seres e criaturas que fan que a noite sexa máis ou menos apracible, e coas cales emprenderá unha fabulosa viaxe para intentar rescatar á súa estrela querida: Adhara. Nocturna: unha aventura sorprendente para todos os que dormen e soñan.




0 comentarios:

Publicar un comentario