Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 10 de maio de 2013

Circular 13 de 10 de maio de 2013. Curso 2012-2013



Circular 13 de 10 de maio de 2013. Curso 2012-2013
Reparto de balde de libros
Lembramos que o vindeiro sábado de 11:00 a 14:00 hs. terá lugar no andar baixo do edificio do comedor do colexio a entrega de balde dun libro para cada rapaz/a membro da Anpa con motivo do Día do libro e do Día das letras galegas.
Con ista iniciativa pretendemos fomentar a lectura, para iso cada cativo escollerá un libro dos alí presentados que será rotulado co seu nome. A idea e que despois de lelo faga intercambio cas/cos súas/seus compañeiras/os para acceder á lectura de varias obras.  Ista iniciativa só é posíbel pola boa relación existente con OQO editora dende que se proxectaron os seus curtametraxes no ciclo de cine. A entrega é persoal, debe acudir cada cativo a recoller o seu libro.

Asemade a Anpa sorteará entre todos as/os asociadas/os o mesmo día ás 13:30 hs. e no mesmo lugar os
2 vales para unha masaxe de costas e 3 bonos de iniciación a pilates,
obsequio de FIMEGA. Ver no blog as ofertas para asociadas/os da Anpa. www.fimega.com

Ciclo de cine
No ciclo de cine proxéctase este sábado 11 de maio de 2013 a partires das 17:00 hs o quinto filme (de animación) do ciclo “Nocturna, unha aventura máxica” coas voces de Imanol Arias e Carlos Sobera no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra. Goya 2007 a mellor película de animación.
Se algunha persoa non puido recoller os billetes o martes pode facelo o mesmo sábado pola mañá cando vaian polo libro, ou ben pondose en contacto coa Anpa no teléfono da mesma.

Excursión de 2º e 3º de primaria ao
Sendeiro da Fraga do Barragán

Debido ás primeiras comuñóns do día 25 de maio abrimos un prazo para que escollerades o día que máis os interesase para facer a excursión. Votaron 37 familias co seguinte resultado: 25 de maio (9 votos), 8 de xuño (20 votos) e 15 de xuño (8 votos). Polo que trasladamos ista excursión ao sábado 8 de xuño de 2013. Debedes comprender que pode haber tantas datas como familias mais só se pode facer nunha determinada!
Alguén nos preguntou se podían acudir nais e pais ao sendeiro... entendemos que é unha actividade das/dos nenas e nenos e é mellor que neste caso vaian sós.

Excursión de 6º de infantil e 1º de primaria ao
Parque arquelóxico de Campo Lameiro

Ista excursión podía facerse o día programado (25 de maio), mais coincide co grupo que está a preparar o Día da muiñeira (31 de maio); e despois da petición da monitora de tentar aproveitar ao máximo as poucas horas dispoñibles decidimos tamén adiala ao día 8 de xuño de 2013.

O cobro das dúas excursións farase o mércores día 15 de maio de 2013 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio.

0 comentarios:

Publicar un comentario