Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

luns, 19 de xuño de 2017

Fotos excursión 4º e 5º de Primaria o SÁBADO 17 E DOMINGO 18 DE XUÑO: GRANXA KIRIKO


Aqui tedes as fotos e un video da excursión dos alumnos/as de 4º e 5º de Primaria o SÁBADO 17 E DOMINGO 18 DE XUÑO  A GRANXA KIRIKO. Grazas a todos por a vir de excursión coa Anpa, agardamos que fose do agrado de todos os asistentes, pasamos una fin de semán aprendendo a ver, tocar, etc. o que nos rodea e espertar o interese e a curiosidade por animais, as plantas e o seu coidado e fomentar hábitos de hixiene. E gozamos dun clima caloroso para desfrutar da agua , inda que se nos pasou rapidiño houbéranos gustado que se pasara “despacito”







      



luns, 12 de xuño de 2017

VIAXE A CIES: LEMBRADE MAÑÁ MARTES SEGUNDO DÍA REPARTO DE TICKETS


MAÑÁ MARTES
 SEGUNDO DÍA DE REPARTO DE TICKETS
 DE 9:00 a 9:30


Dende a ANPA ÁLVAREZ LIMESES ofrecémosche celebrar o día 24 de Xuño , San Xoán ,dun xeito distinto e convidámosche a visitar este auténtico paraíso dunha maneira diferente, amena e divertida, achegándoche ao seu valor natural, cultural e a súa historia, todo iso combinado con animación e diversión tanto nas illas como a bordo do catamarán que nos levará ata elas.

• 10,30 hs. Embarque no Porto de Cangas (Detrás da Estación de Autobuses). Chegada a Illa de Cies, Desembarco na Praia de Rodas. Actividades de Animación e xogos na praia para nenos e maiores en conxunto. Posibilidade de elixir unha das dúas rutas guiadas. Tempo libre para comer, desfrutar da illa...

• 20,30 hs. Regreso de Cies.







INSCRIPCIÓN E PAGO: 
Para desfrutar dun día inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos días 12 e 13 de xuño (luns e martes) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs .Cubrir, e entregar no momento da inscrición os datos da folla de inscripción de todos os asistentes*:

PREZOS: 

Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 7,00 € por persoa. 
Non socios: 15,00 € por persoa.
Nenas e nenos de 0-3 anos gratis.

NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc.

        PRAZAS LIMITADAS A 240 BILLETES!!!

     IMPORTANTE: A PERDA DO/S BILLETE/S IMPLICARÁ NON PODER EMBARCAR



                          Ficha Inscripción Excursión CIES 2017

     


Propón unha muller: Unha campaña impulsada desde Pontevedra reclama unha muller para as Letras Galegas 2018



Nos 55 anos de historia do Día das Letras Galegas, tan só tres mulleres foron homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987) e María Mariño (2007). Unha campaña impulsada desde Pontevedra espera que en 2018 se poida elixir a unha cuarta escritora para conmemorar o día grande a literatura galega.
O colectivo Polo Correo do Vento, co apoio do Concello de Pontevedra, puxo en marcha esta iniciativa, baixo a denominación #PropónUnhaMuller. Trátase dunha campaña dirixida principalmente aos académicos da Real Academia Galega, responsables da elección do autor homenaxeado, pero que busca a complicidade da cidadanía.
Así, dirixiranse aos colexios da provincia de Pontevedra para que os alumnos fagan chegar unha carga esixindo aos académicos que se recoñeza este ano a unha autora galega. A campaña farase extensible a outras institucións, entidades e colectivos sociais.
Ademais, a iniciativa trasladouse ás redes sociais onde, baixo a etiqueta #PropónUnhaMuller piden aos internautas que sinalen que autora merece ser homenaxeada nas Letras Galegas 2018.
Esta iniciativa, sinalan desde Polo Correo do Vento, busca "denunciar a inxustiza histórica do papel da muller na cultura e nos demais ámbitos da sociedade e dar a coñecer a mulleres que escribiron en lingua galega ou traballaron na defensa do idioma". 
Polo Correo do Vento ofrece dez propostas iniciais para que se debata sobre elas. Avelina Valladares, Belén Feliú, Clara Corral Aller, Filomena Dato, Luísa Villalta, María Tobío, María Victoria Moreno, Pura Vázquez, Xela Arias e Xosefa Iglesias Vilarelle. Con todo, aceptan que se inclúan novos nomes en busca da mellor candidatura posible.
Velaquí tedes un modelo de carta para enviar a proposta
PODES DESCARGALA AQUÍ

   

domingo, 11 de xuño de 2017

Fotos excursión 2º Infantil e 3º de Primaria o SÁBADO 10 DE XUÑO: MARCELLE NATUREZA

Fotos excursión 2º Infantil e 3º de Primaria o SÁBADO 10 DE XUÑO: MARCELLE NATUREZA

Aqui tedes as fotos e un video da excursión dos alumnos/as de 2º e 3º de Primaria o SÁBADO 10 DE XUÑO  A MARCELLE NATUREZA. Grazas a todos por a vir de excursión coa Anpa, agardamos que fose do agrado de todos os asistentes, pasamos un día “paseando entre animais, coñecemos os seus segredos e interactuando con eles de xeito respectuoso. Para repatar facendo diana nun día cheo de sol e diversión.











     



martes, 6 de xuño de 2017

VIAXE A ILLAS CIES: SÁBADO 24 DE XUÑO 2017



Dende a ANPA ÁLVAREZ LIMESES ofrecémosche celebrar o día 24 de Xuño , San Xoán ,dun xeito distinto e convidámosche a visitar este auténtico paraíso dunha maneira diferente, amena e divertida, achegándoche ao seu valor natural, cultural e a súa historia, todo iso combinado con animación e diversión tanto nas illas como a bordo do catamarán que nos levará ata elas.

• 10,30 hs. Embarque no Porto de Cangas (Detrás da Estación de Autobuses). Chegada a Illa de Cies, Desembarco na Praia de Rodas. Actividades de Animación e xogos na praia para nenos e maiores en conxunto. Posibilidade de elixir unha das dúas rutas guiadas. Tempo libre para comer, desfrutar da illa...

• 20,30 hs. Regreso de Cies.







INSCRIPCIÓN E PAGO: 
Para desfrutar dun día inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos días 12 e 13 de xuño (luns e martes) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 hs .Cubrir, e entregar no momento da inscrición os datos da folla de inscripción de todos os asistentes*:

PREZOS: 

Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 7,00 € por persoa. 
Non socios: 15,00 € por persoa.
Nenas e nenos de 0-3 anos gratis.

NOTA: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc.

        PRAZAS LIMITADAS A 240 BILLETES!!!

     IMPORTANTE: A PERDA DO/S BILLETE/S IMPLICARÁ NON PODER EMBARCAR



                          Ficha Inscripción Excursión CIES 2017

*De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/99, de protección de datos, informámoslle que os seus datos facilitados/ou que facilite serán incluídos nos ficheiros da Asociación de nais e pais de alumnos Joaquín Costa do colexio público de educación infantil e primaria Álvarez Limeses. Estes datos teñen por finalidade xestionar a relación entre a Anpa a NAVIERA ILLA DE ONS, S.L. e a central de reservas do Parque Natural das Illas Atlánticas posto que asi o establece a lei. De NON facilitar o DNI o Anpa e a Naviera reservanse o dereito a non vender os billetes. Pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición respecto ao tratamento dos seus datos perante a ANPA, con domicilio na rúa Joaquín Costa,13 de Pontevedra ou ben na dirección de correo electrónico: anpa.alvarez.limeses@gmail.com
     

luns, 5 de xuño de 2017

Fotos excursión 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil o SÁBADO 3 DE XUÑO: CENTRO APÍPOLIS

Aqui tedes as fotos e un video da excursión dos alumnos/as de 4º Infantil (3 anos) e 5º de Infantil  o SÁBADO 3 DE XUÑO  A APÍPOLIS. Grazas a todos por a vir de excursión coa Anpa, agardamos que fose do agrado de todos os asistentes, pasamos un día “zumbando” coas abellas, coñecemos os seus segredos , e algun que outro volveu “zanganeando” todos e todas se comportaron como RAIÑAS.








     



Día da Muiñeira



O pasado venres 2 de Xuño de 2017 as/os alumnas/os de Baile Galego da Anpa Álvarez Limeses participaron na celebración do Dia da Muiñeira .Unha celebración tradicional xa na cidade de Pontevedra onde se pretende amosar un aspecto tan importante da cultura tradicional, como o é o folclore, a toda a cidadanía, a través do baile máis representativo desta tradición, a Muiñeira.

Actividade de grande colorido onde as rúas da zona monumental se enchen de nenos e mozos ataviados con traxes tradicionais que desfilan ata a Avda. de Montero Ríos, onde desenrolan a demostración do baile en grupos, segundo as súas idades. Noraboa por amosar o seu arte en nome do Anpa Alvarez Limeses.













      

mércores, 31 de maio de 2017

SÁBADO 17 e DOMINGO 18 DE XUÑO: Excursión 4º e 5º de Primaria GRANXA KIRIKO (Fornelos de Montes - Pontevedra)



O Centro O KIRIKO atópase en Soutosico, Fornelos de Montes (Pontevedra). Está situado nun espazo natural de grandes zonas de bosque autóctono (carballeiras, bosques de ribeira.), ao pé do encoro de Eiras, no río Oitavén, Os programas do Centro O KIRIKO, ofrecen un conxunto de experiencias enmarcadas no ámbito rural e en contacto coa natureza, e fomentando o sentido crítico do uso dos recursos naturais e a súa preservación Centro O KIRIKO conta cun edificio de 1.850 m2.Dispón de aulas-taller, aula de audiovisuais, biblioteca e enfermería. As instalacións complétanse con zonas de xogo con parque infantil de 800 m2. Aprender a ver, tocar, etc. o que nos rodea e espertar o interese e a curiosidade por animais, as plantas e o seu coidado e fomentar hábitos de hixiene.


DATAS: 17-18 DE XUÑO DE 2017
•HORARIO DE CHEGADA SÁBADO KIRIKO: A partir das 10:30 h.
•HORARIO DE SAIDA DOMINGO: En torno a las 17:30 hacia Pontevedra.
ACTIVIDADES (Estancia de 2 días):
Actividades de medio natural e aventura
1. Itinerario de interpretación ambiental: con paradas no regacho, na árbore morta, nos eucaliptos e en zona de carballos.
2. Canoas
3. Tiro con arco.
- Actividades de granxa
1. Actividades na área de animais: solta de animais aos campos,
pequenos labores de granxa animal: coidado dos animais,
alimentación, limpeza de cuadras, cepillado de cabalos, etc.
2. Actividades de horta e aromáticas: Coñecemos o horto ecolóxico e o das plantas aromáticas. Preparación e abonado (compostero) de terreo, plantamos, regamos e recollemos froitos da horta (se hai dispoñibles.)
- Actividades de carácter lúdico-deportivas:
1. Xogos de cooperación.
2.Gymkhana- Gran Xogo.
3.Velada nocturna de festa.
4.Piscina (só a partir do mes de maio)

PARA APUNTARSE DEBEDES ENTREGAR A FICHA DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADA, XUNTO COA FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO MENOR E EFECTUAR O PAGO NO DÍA , HORA E LUGAR SINALADO (LUNS 5 de XUÑO de 2017 de 9:00 a 9:30 hr) 


AVISO: Pensión completa con aloxamiento en habitacions compartidas, en literas que dispoñeen de roupa de cama. 

NOTA: Saída autobús as 9.30 dende a parada Bus da Rúa Joaquín Costa Nº54 (Xefatura Provincial de Tráfico ao lado de Mayeusis).


xoves, 25 de maio de 2017

SÁBADO 10 de XUÑO 2017- Excursión de 2º e 3º de Primaria MARCELLE NATUREZA



Marcelle é un xardín zoolóxico situado no municipio galego de Outeiro de Rei, creado pola iniciativa dun particular que reconverteu unha graxa de avestruces nun núcleo zoolóxico mediante a introdución paulatina de diferentes especies.

No parque atópanse especies autóctonas como o lobo ibérico, o xabaril ou o oso pardo, así como especies exóticas como bisontes, linces boreais, dromedarios …

O obxectivo de Marcelle Natureza é educar para protexer a fauna silvestre e conservar a natureza.Protexer a biodiversidade é o único modo de asegurar o noso futuro, todos dependemos da natureza e formamos parte del. En Marcelle alóxanse aos animais en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades, estes animais proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade


AVISO:  AS/OS NENAS/OS PODEN  LEVAR UNHA PEQUENA MOCHILA
CON AGUA, ALGÚN TENTENPÉ  PARA A MERENDA E UNHA GORRA



NOTA: Saída autobús  as 8:30  dende a parada Bus da Rúa Joaquín Costa Nº54
(Xefatura Provincial de Tráfico ao lado de Mayeusis).


PARA APUNTARSE DEBEDES ENTREGAR A FICHA DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADA, XUNTO COA FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA DO MENOR E EFECTUAR O PAGO NO DÍA , HORA E LUGAR SINALADO (LUNS 29 de MAIO de 2017 de 9:00 a 9:30 hr)