Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 16 de decembro de 2009

Folga dos traballadores das instalcións públicas deportivas de Galicia




NOTA INFORMATIVA

A piscina Municipal de Campolongo informa da convocatoria de folga para o vindeiro martes día 22 de Decembro polo que se suspende calquera actividade deportiva. Polo tanto a  actividade extraescolar  de natación do CEIP ÁLVAREZ LIMESES  na Piscina  Municipal de Campolongo para ese dia queda suspendida.

En vacacións se manteñen as clases por se os usuarios queren recuperar a hora ou asistir máis dias.


martes, 15 de decembro de 2009

As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de precaución polo mal tempo



      AVISO:  As clases quedan suspendidas en todos os centros educativos galegos, como medida de  precaución polo mal tempo

A Consellería de Educación tomou esta decisión en base á predición deita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) 15 de decembro de 2009


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu suspender as clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, mércores 16 de decembro.

Esta decisión tómase como medida de precaución, en base á predición feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómenos meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán a Galicia en cotas baixas a partir das 12 desta mesma noite.

A Consellería de Educación garante deste xeito que non se produza incidencia algunha no acceso dos escolares aos seus centros, así como preserva a seguridade do alumnado, profesorado e persoal non docente.

Fonte:  http://www.edu.xunta.es/

venres, 11 de decembro de 2009

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO




O noso colexio, foi elixido na cidade de Pontevedra para comezar o proxecto Camino Escolar Seguro, debido á situación do colexio por unha parte e polo apoio recibido polo profesorado e a asociación de pais e nais de alumnos,e comerciantes.


Este proxecto busca favorecer un acceso seguro e agradable de ida e volta do colexio e facer de cálea un contorno amigable, seguro, acolledor e formativo para todos os nenos, e, por extensión, ao resto das persoas, logrando deste xeito unha cidade pensada para ser habitada.


Obxectivos


Para a cidade:

• Contribuír a que Pontevedra sexa unha cidade máis segura, habitable e sostible.

Para a infancia: 

 • Fomentar a súa autonomía facendo do camiño escolar un espazo seguro e de convivencia.


 • Dar participación aos nenos para mellorar a súa condición de cidadáns activos e responsables.


 • Aprenderán unha forma de vida máis saudable e menos sedentaria.


 Para todos os cidadáns:

 •  Mellorar a coordinación e cooperación entre os servizos municipais e as necesidades cidadás.

 •  Mellorar a mobilidade e a calidade do aire que respiramos, reducindo o uso do transporte privado nos desprazamentos escolares.

•  Para o éxito do proxecto é fundamental a participación do colexio, os nenos, os pais, o profesorado, o contorno da comunidade (comerciantes, veciños), axentes do concello de seguridade vial etc..

•  A adhesión ou colaboración no proxecto é totalmente voluntaria, pero a parte fundamental de cooperación serán os pais. A colaboración dos pais é totalmente necesaria.


Fases

 • Sensibilización e motivación a todos os pais

 • Constitúese o Foro presentación  no que interveñen a comunidade educativa (profesores e pais), o barrio (asociacións de veciños e comerciantes) e persoal do Concello (Policía Municipal, Técnicos de Educación , etc...) que van a intervir na posta a en marcha do proxecto, solucionando os puntos que sexan conflitivos no camiño e no tráfico, como pasos de cebras que non lle respectan ou problemas con semáforos...

• Elaboración de enquisa a alumnos e pais, a través da observación do contorno e os seus hipotéticos problemas. Analizarase o camiño desde a perspectiva do neno.

• Clases en aulas sobre a seguridade e mobilidade impartida polos profesores. Dous profesores xa lle adheriron para dar as clases.

• Deseño das rutas segundo os camiños sinalados para chegar ao colexio.

• Clases tamén dadas polos axentes de educación vial que xa viñeron outros anos.

• Formación da ruta, sinalando o camiño ou os camiños e facendo participe a veciños e comerciantes.

• Formación de pedibuses onde os nenos farán o percorrido de forma autónoma pero acompañados no traxecto por outros compañeiros que se irán unindo na ruta e algúns adultos (pais voluntarios e monitores de mobilidade). A policia municipal actuará vixiando, calmando e regulando o tráfico nos puntos que se vexan necesarios


Nas proximas datas o Concello de Pontevedra, en colaboración co Colexio e a Anpa do Álvarez Limeses, realizaran unha presentacion permenorizada do proxecto aos pais e nais do Colexio Alvarez Limeses onde se detallaran as fases do proxecto e se atenderan todas as cuestion e suxerencias plantexadas pola comunidade educativa do C.E.I.P Álvarez Limeses


NOTA IMPORTANTE: Permanecede atentos as novidades ...seguiremos informando e dende  o Anpa Álvarez Limeses facemos un chamamento para asistir a dita presentación e que prantexedes todas as dubidas e temores que teñedades asi como  calquera consideracion sobre o proxecto que consideredes oportuna.

luns, 7 de decembro de 2009

Roteiro Xoán Manuel Pintos

O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) convídante a participar no Roteiro Xoán Manuel Pintos, o vindeiro sábado 12 de decembro. A saída será ás 11.00 horas desde a rúa Xoán Manuel Pintos, a carón da ponte do Burgo. Duración aproximada: 1 hora. Asistencia libre, sen  necesidade de inscrición. Este roteiro pola cidade quere manter viva a memoria  do xurista e escritor Xoán Manuel Pintos, figura central do Rexurdimento galego.

Roteiro Xoán Manuel Pintos

venres, 4 de decembro de 2009

Medio Rural invitará a todos os centros da provincia de Pontevedra a coñecer a Aula Forestal do Viveiro de Areas en Tui



Pontevedra, 3 de decembro de 2009.- A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra invita, a través da xefatura de Medio Rural, a tódolos centros educativos da provincia a que coñezan a Aula Forestal do Viveiro de Areas en Tui.

O obxectivo destas visita é dar a coñecela actividade didáctica e divulgadora que desenvolve este aula centrada no medio forestal entendido como unha natureza nova e dinámica que ocupa a meirande parte da superficie do noso país, e tamén como unha cultura coa cal se identifica a sociedade actual.

A Aula Forestal do Viveiro de Areas ofrece atractivos módulos interactivos e xogos dedicados aos sons e sinais dos animais do bosque, efectos erosivos dos lumes forestais, colonización das árbores segundo a altitude do terreo, etc... que engaiolan aos máis cativos. Ademais tamén contén interesantes mostras vexetais e animais.

As actividades consistirán en visitas guiadas, de entre 60 e 30 alumnos, polos monitores da área nas propias instalacións e pola finca de 12 hectáreas con parcelas de cultivo de especies autóctonas galegas, parcelas de experimentación e outras de tipo ornamental con curiosas árbores centenarias.

O pasado ano máis de 4.000 rapaces visitaron xa estas instalacións.

xoves, 3 de decembro de 2009

CEAPA: REVISTA PADRES Y MADRES

Iniciamos la publicacion online de la Revista Padres y Madres de CEAPA en numero actual es el Nº102 pero podeis ver los numeros anteriores en la web de CEAPA



Una Educación Infantil de calidad para todos los niños y niñas
 


CEAPA   Nº 102 Septiembre-Octubre 2009

luns, 30 de novembro de 2009

Nadal Ocio 2009

Enviamos unha oferta de grupos para o “Nadal Ocio 2009” que cada ano se celebra no recinto feiral de Pontevedra, igual pode interesarvos, é para a pista de xeo e o parque de ocio.



Temos o pracer de comunicarlle que durante a celebración de “NADAL OCIO 2009” ofértanse prezos especiais para grupos (máis de 30 persoas para parque de xeo e 20 para parque de ocio), coas seguintes condicións:

GRUPOS PARQUE DE XEO:

CITA TELEFÓNICA: PATRICIA 653 921 475

Mínimo 30 persoas
Horario: pola mañá exclusivo uso grupos, pola tarde compartido con entrada libre.
Prezo: 3,00 €/persoa ( e obrigatorio o uso de luvas: 1,00€/par)
Duración: 1 hora pola mañán . 45 min. pola tarde .

GRUPOS PARQUE DE OCIO

CITA TELEFÓNICA: PATRICIA 653 921 475

Mínimo: 20 persoas
Horario: pola tarde (si tedes un grupo mixto (para xeo e ocio pola mañán comunicalo ó concerta la cita.)
Prezo: 2,00€/persoa

Diptico_pista_xeo

luns, 9 de novembro de 2009

Circular Actividades Anias FALTA QUÓRUM

Estimados pais:


Dirixímonos a vostedes para informarlles de que hai dúas actividades organizadas pola empresa Anias que a día de hoxe se están a impartir só para catro nenos, cando o número mínimo estipulado é de oito:

1) Psicomotricidade (martes de 16:30 a 17:30 horas para o alumnado de Educación Infantil).

2) Obradoiro científico (luns de 16:30 a 17:30 horas para o alumnado de 3º a 6º de Primaria).

Os responsables de Anias nos comunicaron que se ao longo do presente mes de novembro non se inscriben máis nenos nestas actividades, ambas terán que ser canceladas. Desde a Xunta Directiva da A.N.P.A. queremos recordarlles que tanto Psicomotricidade como Obradoiro científico son actividades moi interesantes para os nosos fillos e sería unha pena que se cancelasen.

 A continuación  poder ver a circular íntegra sobre o tema , ou ben descargala no apartadado Actividades do blog.

Circular Actividades Anias Falta Quórum

mércores, 4 de novembro de 2009

Menu Comedor Mes Noviembre 2009

Ya podéis consultar el menu del comedor para el mes de noviembre en el apartado Comedor y Plan Madruga

Saludos

MAGOSTO C.E.I.P "ALVAREZ LIMESES"

O vindeiro Venres día 6 de novembro  celebrarase a FESTA DO MAGOSTO, que organiza o colexio xunto coa ANPA.


Todos os escolares traerán, ANTES DO VENRES, uns 200 grs de castañas xa amosegadas  (corte ou belisco feito na pel). ¡Non esquecer facelo!As castañas entregaranse ó conserxe na entrada. Os alumnos que o desexen poden vir disfrazados para a ocasión.

Se o tempo o permite faranse xogos populares.


mércores, 21 de outubro de 2009

Saudos Nova Xunta Directiva

Hoxe foi enviada gracias e sempre a inestimable colaboración do persoal docente do centro, unha circular informativa e de saúdo da nova Xunta Directiva da Anpa do Colexio. Esperamos fose recibida por todos vos,  e pedimos comprension no caso contrario, xa que entendemos a o acumulo e diversidade de tareas do persoal docente.

No caso de non tela recibido podedes consultada de seguido:

Saudos Nova Xunta Directiva

mércores, 14 de outubro de 2009

O que tes que saber sobre a Gripe A, está na túa man




En esta página de la Xunta de Galicia SERGAS se da información acerca de la GRIPE A (o que tes que saber sobre a Gripe A).

mércores, 7 de outubro de 2009

VII Xornada de Convivencia Escolar

"Coeducación: ferramenta básica para a prevención da violencia"

O proxecto, “Sen violencia-convivecia”, pretende é previr a violencia e maltrato entre mozos dotando ós menores das habilidades e recursos persoais precisos para evitar este tipo de situacións. Para elo, 38 voluntarios de Cruz Vermella Xuventude organizan talleres educativos para alumnado, pais, nais e docentes. Nestes obradoiros trabállase diferentes aspectos da personalidade como as habilidades sociais e de comunicación, a interculturalidade, a capacidade de convivencia e de resolución de conflitos, empatía, autoestima, sexismo e violencia. No tempo de vida deste proxecto atendeuse a máis de 750 menores da provincia.

Adxunto remitimos o díptico informativo e a ficha de inscripción da VII Edición das Xornadas sobre Convivencia Escolar que veñen celebrando dende hai sete anos, e que este ano levará por título:

"Coeducación: ferramenta básica para a prevención da violencia" . A súa celebración terá lugar o xoves 22 de Outubro no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra.

As xornadas enmárcanse dentro das actuacións do Programa Sen Violencia-Convivencia que Cruz Vermella Pontevedra e a Deputación Provincial desenvolven en convenio dende o ano 2003. Poden remitir as fichas de inscripción por fax ou por correo electrónico:  mailto:senviolencia@cruzroja.es antes do 15 de Outubro.

 Ficha Inscripción Xornada 09

 Díptico Xornada

Biblioteca Pública de Pontevedra actividades 2009

A Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. A súa instalación levouse a cabo no Instituto Provincial de 2ª Ensinanza, salas altas do colexio da Compañía.
Ademais dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.

A Biblioteca Pública de Pontevedra desenrolará, a partires do 9 de octubre y hasta el 28 de decembro, o seu programa de actvididades OCTUBRE-DECEMBRO 2009


 Programa actividades outubro-decembro 09

luns, 5 de outubro de 2009

Consulta Menú Comedor Mensual






CONSULTA EL MENU ESCOLAR PARA EL MES EN CURSO

Debemos saber que el menú del "comedor escolar" debe aportar entre un 30 y un 35% de las necesidades energéticas diarias y debe ajustarse a las necesidades de micronutrientes esenciales.


La estructura básica debe corresponder a:




Recomendaciones para padres y usuarios de comedores escolares

Conocer los alimentos que componen el menú, lo que permitirá hacer un menú compensador para la cena.


El desayuno es una comida indispensable. Debe ser lo más equilibrada posible en composición y en cantidad, no deben faltar los alimentos lácteos, frutas y cereales. Aporta un 25% de la energía del día y debe ser suficiente para cubrir toda una mañana de trabajo.

La merienda se debe aprovechar para incluir fruta y lácteos.

La cena es una comida de esquema similar al almuerzo pero con cantidades reducidas, sin olvidar el aporte lácteo.

La alimentación debe ser variada.

Se deben utilizar lo menos posible los dulces y la bollería industrial. Se debe elegir que en el menú del comedor se mantenga el postre lácteo y/o la fruta fresca.

En cuanto a la Fibra, se debe cuidar que se cumpla el aporte de verduras, cereales y pan integrales.

PROHIBICIÓN ESTRICTA DEL ALCOHOL.

Se deben evitar salsas y fritos.

Se debe promover desde todos los estamentos la educación nutricional.



REUNIÓN DE TRABAJO JUNTA DIRECTIVA

A.N.P.A. JOAQUÍN COSTA – ALVAREZ LIMESES
 
CONVOCATORIA REUNIÓN DE TRABAJO  JUNTA DIRECTIVA

 
Fecha: Martes 06 de Octubre de 2.009
Lugar: Sede del A.N.P.A. Colegio Alvarez Limeses
Hora: 19:30

 
ORDEN DEL DÍA

1. Informaciones y aclaraciones sobre las comisiones de gestión
2. Presupuesto para el curso 2009-10
3. Puesta en comienzo del curso escolar
4. Actividades extraescolares
5. Comedor
6. Ruegos y preguntas

 
NOTA IMPORTANTE

 
Se solicita a todos los miembros de la junta directiva la aportación de fotocopia del D.N.I. para la legalización de la junta.

 
                                                                           El Secretario
                                                                        Rogelio Carballo

xoves, 1 de outubro de 2009

PLAYING IN ENGLISH 2009/10 NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA

Dende FANPA-PONTEVEDRA traballamos un ano máis para poder ofrecerlles actividades alternativas e formativas aos seus fillos/fillas, é un dos nosos obxectivos contribuír na mellora da educación, polo cal queremos presentarlles a actividade “Playing in English”, un programa de cultura inglesa oral, como complemento ao inglés que xa teñen nos colexios para este curso 2009/10, despois da grande aceptación que tivo no curso pasado.


Dende a Federación somos conscientes da importancia de que os nosos fillos e fillas comecen na aprendizaxe da lingua inglesa dende pequeniños, sobre todo en canto se refire aos aspectos da comprensión e expresión, pola que a citada actividade funcionará como novidade este ano para o segundo ciclo de educación infantil.
As clases serán impartidas por KITH ENGLISH INSTITUTE, que ten esta especialidade dende hai máis de 25 anos en España, conta con moita experiencia, amosando no seu traballo cotiá seriedade e responsabilidade.

Os horarios para o curso 2009/10 será o seguinte:

Luns e mércores, en horario de 16:30 a 18:30 hrs ( Educación Primaria) no CEIP CAMPOLONGO



Luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 18:30 hrs (Educación Infantil e Primaria) no CEIP FROEBEL

O CUSTO SERÁ DE 29 € MENSUAIS PARA SOCIOS/AS DA ANPA E 30 € PARA OS NON SOCIOS, QUE PAGARÁN POR DOMICILIACIÓN BANCARIA

As clases terán duración dunha hora, os grupos serán como máximo de 15 alumnos/as, que irán agrupados por idades e cursos. Cabe destacar que todos os alumnos/as do ano pasado teñen praza reservada para este curso, pero teñen que chamar ao Kith para facer a renovación automática, o que si puideran sufrir variacións son os horarios e os grupos, dependendo das matrículas.

O programa basease nunha aprendizaxe natural da lingua, en grupos reducidos, con uniformidade lingüística, profesorado especializado e clases con dinámica de conversa. As mesmas refórzanse con materiais audiovisuais, cancións, xogos, DVD´s, etc… intentando non recarga-lo alumno, senón exporlle a aprendizaxe coma un xogo noutro idioma.

Este instituto é un centro examinador oficial do Trinity College London, e por conseguinte terán a posibilidade de prepararse e examinarse para esta prestixiosa titulación.

Queremos invitalos a unha charla informativa, que terá lugar no Salón de Actos da Obra Social de Caixanova , na rúa Augusto González Besada de Pontevedra o vindeiro mércores 30 de setembro as 20.30h. As familias interesadas, recibirán as follas de matrícula e toda a información que precisen.

A matrícula será o xoves día 1 e o venres 2 de outubro en FANPA-PONTEVEDRA.

mércores, 30 de setembro de 2009

NIEVE PARA ESCOLARES 2009-2010

NIEVE PARA ESCOLARES 2009-2010

Tenemos el placer de presentarles el nuevo programa escolar de esquí
y actividades deportivas 2010 de Viajes Estiber

En la actualidad  su programa de ski, dispone de un amplio abanico de posibilidades sin limite geográfico poseyendo de cupos propios con confirmación inmediata, venta on-line donde podrán realizar la reserva directamente sin necesidad de pasar por la agencia , sus programas para el cliente individual, familias, empresas, grupos a partir de 20 personas con precios especiales desde un día de ski hasta una semana o más, en la estación que desee, sus cotizaciones personales a medida , y su equipo de guías fijos en las estaciones que harán que la estancia sea agradable.

 

 

 
TRANSGALAICA S.L.
COMERCIAL DE ESTIBER EN GALICIA
  • EMAIL: transgalaica@serviocio.es
  • TELEFONO: 986863551
  • FAX: 986866349
  • MÓVIL: 629884462

xoves, 24 de setembro de 2009

PROTOCOLO GRIPE A EN CENTROS ESCOLARES

As recomendacións incluídas nesta guía teñen a finalidade de reforzar as medidas hixiénicas que habitualmente se toman nos centros escolares e dar a coñecer as medidas de prevención e actuacións que se deben poñer en marcha fronte a gripe pandémica A (H1N1) e que tamén son de utilidade respecto doutras enfermidades infecciosas. O seu obxectivo é limitar a transmisión do virus entre os integrantes da comunidade educativa.

Segundo indicacións do Ministerio de Sanidade e Política Social, todo neno ou nena en idade escolar pode e debe ir ao colexio ou instituto, salvo nos casos en que padeza a enfermidade da gripe A ou exista a sospeita de estar afectado por esta. Igualmente, o Ministerio de Educación, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade, indica que os centros deben permanecer abertos co fin de asegurar que o alumnado que asiste á clase realice actividades educativas proveitosas.

Esta afirmación é igualmente aplicable ao profesorado e ao persoal non docente que traballe no centro educativo. Tamén o é para o colectivo de pais e nais á hora de ir ao colexio, levar e/ou recoller un neno ou nena ou á hora de asistir a calquera evento ou consulta.

O Ministerio de Sanidade comunica así mesmo que, nestes momentos, non é recomendable un peche dos centros escolares nin atrasar o inicio do curso escolar por mor do novo virus da gripe, xa que os inconvenientes para a sociedade dunha medida deste tipo superarían sobradamente as posibles vantaxes, debido a que a escola é un servizo público e, como tal, debe permanecer ao servizo da comunidade.

Segundo as pautas establecidas polo Ministerio de Sanidade, serán as autoridades sanitarias competentes, en función da situación epidemiolóxica, as que deberán avaliar un posible peche puntual dun centro por un período concreto de tempo como consecuencia da aparición dun brote de gripe A, co obxecto de diminuír a extensión da infección, sempre que consideren que esta medida sexa realmente efectiva.

Os centros educativos deberán estar atentos ás actuacións e informacións que transmitan as autoridades sanitarias e educativas con respecto aos plans de preparación fronte á pandemia; así mesmo, deberán colaborar con elas. Este contacto permitiralles aos centros educativos dispor dunha información útil para facerlle fronte ao posible impacto da pandemia de gripe na súa comunidade educativa e establecer plans e pautas de actuación en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Así mesmo, nos centros escolares estableceranse uns procedementos e criterios de vixilancia sobre o absentismo escolar que permitan unha comunicación rápida e oportuna de posibles brotes de gripe A cos servizos de saúde, o que lles permitirá a estes unha rápida valoración do posible impacto epidemiolóxico e social das medidas que cómpre adoptar.

Para poder realizar una avaliación inmediata do absentismo escolar, habilitarase en cada centro un programa informático co fin de recoller diariamente as ausencias que se produzan.

Protocolo Actuación Gripe A en Centros Escolares


Podedes descargas o protocolo dende:

Protocolo Actuación Gripe A en centros escolares

Información Xeral Sobre a Gripe A

INFORMACIÓN SOBRE A GRIPE A

Ante a situación xerada pola aparición da gripe A, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en coordinación coa Consellería de Sanidade e seguindo as directrices do Ministerio de Sanidade e Política Social e da Organización Mundial da Saúde (OMS), quere informar os centros docentes e transmitirlles unhas indicacións co obxectivo de actuar da forma máis correcta ante as situacións que se lles poidan presentar e contribuír a despexar as dúbidas do conxunto da comunidade escolar (colectivo docente e non docente, alumnado, nais e pais de alumnos/as). As medidas que se están adoptando van encamiñadas a evitar a propagación do virus causante desta nova gripe e ao correcto tratamento de todas as persoas afectadas. Son  medidas cun carácter eminentemente preventivo dirixidas tanto ás persoas como ao contorno, que tamén se deben adoptar nos centros educativos.
 


INFORMACIONSOBREGRIPE_ser

Pudes descargar la informacion en:

Información Xeral Gripe A

Teatro Infantil en Pontevedra

LUGAR: BIBLIOTECA PUBLICA DE PONTEVEDRA


DATA: VENRES 25 DE SETEMBRO


HORA: 18:30 h.

A Biblioteca Pública de Pontevedra acolle a obra “UN CONTO DE SEMPRE” de Titeres Cascanueces, dentro do programa de actividades culturais “Letras vivas” da Consellería de Cultura e Turismo

O protagonista, un neno de 5 anos fai unha longa viaxe para rescatar un libro de contos onde se supón están tódalas respostas.

Entrada libre ata completar aforo.

Fuente: www.nontedurmas.org

INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES

INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES

Como xa informamos o curso pasado, a Federación de ANPAS de Pontevedra (FANPA) negociou un SEGURO DE ACCIDENTES ao que pode acceder cada neno socio en condicións ventaxosas.

O seguro custa 6 euros (pago anual único e por neno) e é válido ata o 1-10-10.Cubre os accidentes que ocorran durante o período lectivo, actividades extraescolares, excursións, etc. Para que cubra os accidentes en dentes e gafas se necesitan un mínimo de 100 nenos asegurados no colexio.

A ANPA ten un seguro pero é DE RESPONSABILIDADE CIVIL (é dicir un seguro a terceiros). De modo que os accidentes ou lesións que sufran os nenos POR ELES MESMOS nunha actividade extraescolar ten que asumilos o seguro particular de cada neno.Este seguro de 6 euros ven a ser un seguro privado a maiores do particular.

Os interesados deben ingresar 6 € na conta 2080/0401/63/0040139077 de Caixanova, ata o martes 29 de setembro, indicando nome e apelidos do alumno no concepto.

COBERTURAS DO SEGURO DE ACCIDENTES:

 Quedan cubertos todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluídos unicamente os accidentes da vida privada do alumno/a.

 A prima anual por alumn@ é de 6€

 DETALLE DAS COBERTURAS:

- Asistencia Sanitaria: ILIMITADA

- Falecemento por accidente: 6.000 €
- Incapacidade Permanente Parcial por accidente: 6.000 €
- Falecemento por infarto de miocardio: 6.000 €
- Gastos de sepelio: 1.500 €
- Gastos de repatriación por falecemento no estranxeiro: 3.000 €
- Gastos odontolóxicos por accidente ata: 1.200 €
- Rotura de lentes. 1.200 €
- Asistencia en viaxe: INCLUÍDA

Pensando na maior comodidade posíbel para a ANPA e o Colexio, o corredor do seguro concertaría a Asistencia Sanitaria co centro médico que, polas súas características e cercanía, mellor servizo poida darlles.

A Compañía aseguradora sería Allianz e o número mínimo de alumnos a incluír no seguro é de 100 para incluír as prestacións de odontoloxía e rotura de lentes.