Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 17 de setembro de 2010

Nota informativa sobre a ANPA


A Asociación de Nais e Pais de Alumnos, ANPA, traballa e colabora co colexio a lo menos nas seguintes accións:
- A organización das actividades extraescolares.
- A supervisión do comedor e plan madruga.
- A contratación dun seguro de accidentes económico, individual voluntario.
- A subvención de festas como o Magosto, Papá Noel, Entroido, Fin de Curso,…
- A exposición e xestión das fotografías dos festivais.
- A organización das excursións de Fin de Curso.

A nivel familiar, pertencer á ANPA supón beneficios nos prezos das excursións, de cara a poder disfrutar dun seguro de accidentes moi económico, 6€,(que inclúe a rotura de gafas e dentes), poder participar nas actividades extraescolares do colexio ou para ter praza e descontos nas actividades organizadas pola FANPA (clases de Inglés, ludotecas de verán, programa Mesturanzas, …) .

A nivel do colexio, o contar cunha ANPA posibilita: que haxa xornada continua, actividades extraescolares, comedor, …(servizos que calquera pode chegar a necesitar); que se poida colaborar coa dirección do colexio para reclamar de Concello e Delegación melloras das instalacións, do persoal, …; que haxa un representante máis das nais e pais nos órganos de decisión do colexio, axudando a mellorar o plan e a xestión docente dirixida aos nosos fillos; que se poidan pedir certas subvencións para actividades ou que se conte cun interlocutor que represente as nais e pais dos alumnos, … Ademais, tódolos nenos, socios e non socios se benefician da festa de fin de curso, das bebidas do magosto, das fotos, da xestión do comedor,…que realiza a ANPA.

Para formar parte da ANPA é suficiente con un único pago anual cuxo importe se fixa na asemblea de setembro. É bo que todas as nais e pais entendamos que a ANPA traballa a prol de todo o colexio, e que cantos mais sexamos máis cousas poderemos facer. Tamén debemos concienciarnos da necesidade de participar como membros da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva é o órgano de xestión da ANPA. Está formada por Presidenta/e, Vicepresidenta/e, Secretaria/o, Tesoureira/o e máis nove vogais. Segundo os Estatutos, o mandato da Xunta Directiva dura dous anos e cada ano hai que renovar a metade dos membros.

 
Axúdanos a mellorar!
Faite socio e participa!



0 comentarios:

Publicar un comentario