Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 22 de setembro de 2010

50 Anos de Escola


Dende a dirección do CEIP ÁLVAREZ LIMESES, solictasenos que divulgemos a seguinte información:

Estimados país, nais, titores, avós e avóas:


No mes de outubro imos celebrar os “50 anos da escola” do noso colexio. Pedimos a vosa axuda e colaboración para confeccionar un gran mural con fotos antigas do mesmo, de alumnos, Mestres ou de distintas actividades realizadas no centro nestes 50 anos. (As fotografías serán escaneadas e devoltas o máis rápido posible, e serán recollidas na secretaria).

Tamén gustaríanos contar con algún pai, nai ou avó, avoa ou outro familiar, que fosen antigos alumnos do centro e que prestase a facer unha pequena charla cos alumnos maiores ou calquera outra actividade. (Interesados poñerse en contacto coa xefatura de estudos).

0 comentarios:

Publicar un comentario