Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 27 de abril de 2012

EXCURSIÓN DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA SÁBADO 12 de MAIO



Un día no parque: 
Visita guiada á exposición + área arqueolóxica + poboado + 
exhibición + xantar + obradoiros.




O Parque Arqueolóxico é un equipamento público para a investigación e para a produción de coñecemento experto sobre este patrimonio cultural, pero tamén é un espazo para transmitirlle ao público visitante un coñecemento sobre os petróglifos galegos rigoroso e, ao tempo, lúdico, didáctico e emocionante.

Menú:  1º prato, pasta salteada con verduras.
             2º prato, xamón asado con patacas fritidas.
             Sobremesa: Iogur ou peza de froita. Pan e auga.

Dous obradoiros: “Cazadores da Idade do bronce” e “En busca do lume”.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SÁBADO 12 DE MAIO 2012
9:30
Saída en autobús dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal. 
10:00
Chegada ao Parque Arqueolóxico e inicio das actividades
18:15
Despedida e Saida Cara Pontevedra
18:45
Chegada a Pontevedra


Os rapaces irán rotando polas diferentes actividades xa que estarán divididos en grupos

Custo
SOCIOS/AS   ANPA  ÁLVAREZ  LIMESES
15 €
NON SOCIOS
35 €





DATA DE COBRO E ENTREGA FICHAXoves, día 3 Maio de 9:00 a 9:30 hs no colexio.
Nota: A ficha deberá ir acompañada dunha  fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.

¡Moi Importante! Non se admitirá ningunha inscripción que non vaia acompañada 
da fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.


Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario