Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

xoves, 26 de abril de 2012

Programación Pazo da Cultura


Artesanía
7º Encontro de Palilleiras "Cidade de Pontevedra" no Recinto Feiral
domingo 29 de abril, de 10 a 14 horas e de 16h. a 19:30 horas.
Lugar: Recinto Feiral
Prezo: Entrada Libre
Máis información en www.pazodacultura.org e facebook Pazo da Cultura.

Un ano máis a cidade de Pontevedra e concretamente o Recinto Feiral, acolle este encontro no que se dan cita profesionais e afeccionadas a palillar que se achegan dende diferentes puntos de España e outros paises coma Portugal. Organizado un ano máis pola asociación A Fieitiña, contará cunha parte expositiva e outra adicada á venda de encaixes. Este domingo 29 no Recinto Feiral, en horario de 10 a 14 horas, e de 16 a 19:30h.
Máis información en www.pazodacultura.org e facebook: http://on.fb.me/J90GfZ
 



Exposición
Xeración ´80 na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura
Do 18 de abril ao 3 de xuño de 2012
Lugar: Sala de Exposicións
Prezo: Entrada libre
Máis información en www.pazodacultura.org e facebook

Dez mulleres que comparten ter nacido nos anos 80 e o seu paso pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra son as artistas que compoñen a exposición "Xeración ´80". A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, no seu afán de converterse non espazo de mostra para xoves e talentosos/as artistas, acolle esta exposición composta por pinturas, esculturas, performances, video-creacións e outras expresións artísticas que dende un pensamento crítico estudan, analizan executan e presentan a imaxe feminina.
 
Do 18 de abril ao 3 de xuño. De martes a venres de 17.00 h. a 21.00h.; Sábados de 11.00h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h. Luns pechada.


Concerto
Venda de Entradas Anni B. Sweet
ata o venres 11 de maio
Lugar: www.servinova.com
Prezo: Anticipada:10 eur./Billeteira:14 eur.
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook.

Anni B Sweet é unha cantautora de folk-pop malagueña de 23 anos. Para moita prensa especializada é xa por méritos propios a revelación musical do momento. Dende o lanzamento do seu primeiro disco "Start, Restart, Undo" a sua carreira non deixou de medrar rápidamente, conseguindo ser a artista máis nova nominada e finalista nos Premios da música. Os lectores do País a escolleron tamén como artista revelación do ano. Anni é tamén coñecida fora de España logo de que a súa discográfica Sony lanzase o seu disco en Alemania, Francia, Bélxica entre outros paises, realizando varias xiras internacionais con grande éxito.
 
No 2012 Anni publica o seu novo e agardado disco, Oh, Monsters! que verá a luz en abril. Anni comezará a xira de presentación no importante festival SOS 4.8 de Murcia como cabeza de cartel, xunto con outras importantes bandas internacionais. A seguinte parada será xa en Pontevedra onde poderemos escoitar pezas como esta http://www.youtube.com/watch?v=ioOEtxhcr8M&feature=related 
Venta anticipada de entradas 
Departamento de Comunicación 
Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
Teléfono: 986 83 30 61
Fax: 986 87 40 70
comunicacion@pazodacultura.org
www.pazodacultura.org


                                                                      Recibe un cordial saúdo: 



0 comentarios:

Publicar un comentario