Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 27 de abril de 2012

EXCURSIÓN DE 5º INFANTIL E 1º PRIMARIA SÁBADO 26 de MAIO




Serantellos é un equipamento medioambiental, situado no Val do Salnés. A Granxa escola está situada na parroquía de Castrelos a 3 km de Cambados, enclave que permite gozar de interesantes itinerarios (etnográficos, medioambientais….). As instalacións pertencen a unha antiga granxa polo que conta coa infraestructura idónea para actividades agropecuarias. O edificio principal e un antigo pazo rehabilitado  e adaptado para a súa función de albergue.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SÁBADO 26 DE MAIO DE 2012
9:30
Saída en autobús dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.
10:00
Benvida a Granxa. Facemos grupos e pintámonos as caras
disfrazándonos de animaliños domésticos.
10:30
Obradoiro do achegamento e coidado dos mamíferos da granxa
11:00
Descanso: Tomamos un tentempé (galletas, froita...)
11:30
Obradoiro da elaboración artesanal do pan: da semente ó boliño. Cada rapaz/a lévase a casa un boliño de pan feito por el mesmo.
12:30
Obradoiro do achegamento e coidado das aves da granxa
13:30
Despedida
14:00
Chegada a Pontevedra
Os rapaces irán rotando polas diferentes actividades xa que estarán divididos en grupos

Custo
SOCIOS/AS   ANPA  ÁLVAREZ  LIMESES
10 €
NON SOCIOS
30 €






DATA DE COBRO E ENTREGA FICHAMercores , día 9 Maio de 9:00 a 9:30 hs no colexio.
Nota: A ficha deberá ir acompañada dunha  fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.

¡Moi Importante! Non se admitirá ningunha inscripción que non vaia acompañada 
da fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.


Recibide un cordial saúdo

0 comentarios:

Publicar un comentario