Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 12 de febreiro de 2015

COMUNICADO DE PRENSA


A xunta directiva da Anpa Joaquin Costa do CEIP Álvarez Limeses, quere comunicar a opinión pública e singularmente ao concelleiro de educación do Concello de Pontevedra, o seguinte:

1. A comezos do curso 2011-2012, en setembro ou outubro, esta xunta directiva convidou ao concelleiro de educación do Concello de Pontevedra, para visitar o colexio Alvarez Limeses. Amablemente acudiu o concelleiro, e ese día, comunicóuselle que as únicas reivindicacións da Anpa eran sobre a limpeza insuficiente do centro escolar e inexistente do comedor escolar, así como o proxecto de esta Anpa de solicitar a casa abandonada de titularidade municipal situada no núm.11 da rúa Joaquin Costa.

2. Como xa se dixo na rolda de prensa, para nós o de menos é a contía da subvención recibida polas actividades que desenvolvemos durante o curso. Comprenderá o señor concelleiro que 1.000 ou 2.000 € nos gastos totais de 46.000 €, non representan unha cantidade importante. Non pretendemos prexudicar ou minorar o importe recibido polas Anpas que concurriron a estas axudas. Mais creemos que unhas bases reguladoras conforme a normativa vixente, cumprindo a Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG do 25 de xuño de 2007), levaría a un proceso máis claro e transparente podendo optar moitas de estas Anpas a un montante superior na axuda pois presentarían a documentación exacta acorde coas bases e sen ter que “agardar” por criterios subxectivos de adxudicación e de ponderación descoñecidos.

3. Referente as manifestacións, sobre que non nos queixaramos das bases de subvencións de anos anteriores, pode consultar o noso escrito presentado recurso potestativo de reposición, con data de 17 de decembro de 2013 e número de Rexistro de Entrada no Concello 39254. No antedito sobre a concesión de axudas referidas ao curso 2012-2013 xa faciamos referencia a diversas irregularidades nas bases. Recurso que non foi contestado.

4. No tocante as declaracións do concelleiro, nas que manifesta que “Había un error en la documentación que presentaron con los importes fijados y también discrepancias con algunas facturas e igual les correspondía menos de lo que le dimos”. Dende a Anpa Álvarez Limeses queremos reiterar que en ningún momento a nosa solicitude contivera un error nas cantidades ao non cadrar as facturas, as facturas están correctas e co seu xustificante de transferencia bancaria, o único que existiu foi un erro tipográfico no anexo da solicitude tal e como se manifestou, e se reflectivos no recurso potestativo de reposición entregado o 20/11/2014 con Rexistro de Entrada numero 2014038461.

5. Sorpréndenos que o concelleiro diga que non estivemos en contacto con el, pois estes anos foron numerosas as veces que reclamamos tanto dende a Anpa como dende a dirección do colexio a solución dos problemas. De aí que tomaramos a decisión de presentar as peticións por escrito.

6. Temos que recoñecer, que o señor concelleiro, ten unha magnifica idea propoñendo que sexan as persoas e neste caso particular Anpas que utilizan os espazos públicos, quen deban facer a limpeza dos mesmos. Propoñemos que se faga extensiva a todos os recintos municipais, colexios, edificios, parques e rúas, e así conseguirá un grande aforro para o Concello, pois cada quen so terá que limpar o espazo que utilice e o Concello quedará liberado de contratar servizo de limpeza.


Pontevedra, 12 de febreiro de 2015




0 comentarios:

Publicar un comentario