Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 27 de febreiro de 2015

CONTA COMIGO 2015




É un programa de lecer e tempo libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA Pontevedra) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

DATAS DE REALIZACIÓN: Os venres, sábados e domingos de abril e maio: 10, 11, 17, 18, 24, 25 e 26 de abril; 1, 2, 8, 9, 10, 15, 16, 22, 23, 29, 30 de maio. 

PREZOS: 
- Actividades: 8€ por actividade e persoa para socios/as e de 16€ para o resto. 
- Rutas de sendeirismo: 3€ por ruta e por familia (máximo 5 membros) para os socios/as e 10€ para o resto. 
- Roteiro Castelao: Gratuito.

PRAZOS DE INSCRICIÓN: 
- Os días 16, 17 e 18 de marzo: para os socios/as de ANPA do Concello de Pontevedra federada na FANPA. 
- Os días 19 e 23 de marzo: para o resto. A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 10 a 14 horas. O pago será en efectivo. Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente.


PDF - 1 MB
Díptico pdf cara 1
PDF - 330.9 KB
Díptico pdf cara 2



0 comentarios:

Publicar un comentario