Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 25 de abril de 2016

SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAHUI(SOGAPS)



O pobo saharauí hoxe máis que nunca precisa todo o no apoio. O clima de tensión que se está a vivir no Sáhara Occidental, un territorio en proceso de descolonización inconcluso das Nacións Unidas. Marrocos segue ocupando ilegalmente, parte do territorio saharauí, deixando ao pobo saharauí entre un clima de exilio e a ocupación ao longo dos últimos 40 anos. Estamos en momentos actuais ante un clima bélico.

A ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAHUI(SOGAPS) leva moitos anos realizando o programa humanitario “Vacacións en Paz”. Consiste en rescatar dos campamentos de refuxiados, no deserto, ao maior nº de nenas/os para evitarlles as altísimas temperaturas dos meses de xullo e agosto. Mais a axuda resulta insuficiente. Cada ano están mais escasos de recursos económicos para costear a viaxe destes cativos refuxiados. Por tal razón se comezou unha campaña na escola e en colaboración coa ANPA. Que os nosos cativos tomen conciencia cunha aportación económica das familias na medida das súas posibilidades.

Con este obxectivo se repartiron uns sobres ao alumnado e poderán recibir as aportacións voluntarias das familias.

Para tal laboura, un representante da ONG solidariedade Galega co Pobo Saharauí acompañado por membros da xunta directiva da Anpa, estarán o XOVES 28 DE ABRIL de 9:00 a 9:30 no hall do colexio para recibir nunhas urnas todos os sobres coa aportación económica voluntaria que as nenas/nenos/pais/nais/familias queiran depositar .

Moitas grazas pola vosa complicidade solidaria, dos cooperante de SOGAPS e da Delegación Saharauí en Galicia

MAIS INFORMACIÓN: http://www.sogaps.org




0 comentarios:

Publicar un comentario