Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

sábado, 30 de abril de 2016

RECADACIÓN SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAHUI(SOGAPS): GRACIAS DE CORAZÓN

O pasado Xoves 28 de abril A ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAHUI(SOGAPS) e a Anpa Joaquin Costa do Ceip Álvarez Limeses, valcáronse na recadación para o programa  programa humanitario “Vacacións en Paz”.

Ese dia ver a ilusión coa que vos cativos achegábanse as caixas de recadación a deixar a súa achega voluntaria, non deixou indiferente a ninguén. Logo de proceder ao reconto do recado a cifra ascendeu a 300,50 euros de tenrura solidaria, pois que é a solirariedade mais que a tenrura entre pobos.




Quizá non sexades realmente conscientes do que o voso apoio significa, pero incluso a acción máis pequena produce grandes efectos, tanto física como emocionalmente falando. Por iso queremos non só informarvos da recadación que logramos entre todas/os, se non do inmenso agradecemento  e da ONG  SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAHUI(SOGAPS) a todas/os polo voso apoio sostido. Porque saber que estades aí tamén axuda e dános forzas para seguir traballando cada día por estes enormes nenos/as solidarios do CEIP ALVAREZ LIMESES, pois a solirariedade dos nenos de hoxe , formará os homes e mulleres do mundo de mañá.


   


0 comentarios:

Publicar un comentario