Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 29 de abril de 2016

Excursión de 4º e 5º de Primaria ECOPARQUE PAINTBALL ATALAIA (COTOBADE)

Excursión de 4º e 5º de  Primaria ECOPARQUE 
PAINTBALL ATALAIA (COTOBADE)


Ecoparque Atalaia é un centro de ocio aventura ao aire libre, onde podemos gozar dunha ampla gama de actividades lúdicas,recreativas e deportivas nun escenario privilexiado, onde poremos a proba a nosa enerxía e reflexos.No núcleo Atalaia, a 12 quilómetros de Pontevedra, encontrámonos ante un entorno natural con bosque autóctono e a beira do río Lérez , o que resulta un marco ideal para o desenvolvemento das actividades que se realizan no parque.




No Ecoparque Atalaia contan con instalacións e actividades deseñadas para nenos/as, tales como: paintball, , sendeirismo, trekking, orientación , xogos tradicionais e celtas …O paintball infantil está pensado para que nenas/nenos poidan xogar sen preocupacións e con seguridade. Durante 1 hora atoparasche con torretas, casas, unha igrexa, un lago, coches, túneles mesmo helicópteros (que voan de verdade!, van montados en tirolinas).


 Todo isto sempre cunha protección para o corpo, onde a máscara e o casco homologados son fundamentais e obrigatorios.




AVISO: O XANTAR ESTÁ INLUIDO, POLO QUE NON PRECISARÁN LEVALO
(poden levar un pequeno tentempié se o consideran necesario e una botella de agua)



SAIDA: En autobús  as  10:00 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.

NOTA: Os vogais da Anpa que asistirán a mencionada excursión e todos os monitores de Anias Animación sociocultural cumplen a Lei Orgánica 1/1996, de Protección Xurídica do Menor, modificada pola Lei 26/2015 e a Lei 45/2015 de voluntariado, achegaron os respectivos certificados negativos do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.


0 comentarios:

Publicar un comentario