Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 9 de xaneiro de 2017

CONTA COMIGO 2017



É un programa de lecer e tempo libre dirixido ás familias dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación familiar en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

 PREZOS POR FAMILIA (ata 5 membros): 

- Actividades: 20€ por actividade para socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA, 30€ para os non socios/as de ANPA federada na FANPA e 50€ para o resto.

 - Rutas de sendeirismo (prezos por ruta): 3€ para os socios/as, 6€ para os non socios/as e 10€ para o resto. 

PRAZOS DE INSCRICIÓN: 

- Os días do 9 ao 13 de xaneiro: para os socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA. 
- Os días do 16 ao 20 de xaneiro: para o resto.

 A inscrición e o pago faranse no local da FANPA (rúa Xan Guillermo, núm. 9), en horario de 9:30 a 13:30 horas. O pago será en efectivo. Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada (enfermidade) e acreditada documentalmente. 

DOCUMENTACIÓN:
- Ficha totalmente cuberta.
- Fotocopia do documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA.
- Documento que acredite onde estuda o neno/a (só para os non socios/as). 

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade, devolverase o importe íntegro na oficina da FANPA.




  

0 comentarios:

Publicar un comentario