Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 17 de xaneiro de 2017

Vivencias en familia 2017

O prazo de inscrición para todas as actividades é o seguinte:

  • Desde o 17 de xaneiro ao 28 de febreiro, incluídos
 PALLOZAS DE ARENTEIRO-CARBALLIÑO
Datas:
  • Abril: 29, 30
  • Maio: 20, 21
Dúas quendas (débese escoller só unha):
  • 29 e 30 de abril
  • 20 e 21 de maio
O sábado ás 10.00 horas encontro no cámping e acomodo nas pallozas. Transporte particular.
  • Xogos cooperativos e de presentación, ruta de sendeirismo: visita ao complexo etnográfico e ruta arredor do Río Arenteiro, antiga fábrica de papel, balneario, etc
  • Obradoiro de achegamento á astronomía.
  • Observación astronómica.
  • Visita á piscifactoría do Carballiño.
  • Obradoiro de pegadas, rastros e sinais.
Domingo ás 21.00 horas retorno a Pontevedra.
O almorzo, xantar e cea será por conta dos participantes. Poden cociñar nas súas pallozas (levar os alimentos da casa) ou acudir ao restaurante do cámping.
É posible que sexa necesario compartir o aloxamento na mesma palloza entre varias familias, debido a que é imprescindible completar a capacidade de cada unha delas. Eses detalles seranvos comentados por teléfono, persoalmente en cada caso.
Prezo por persoa:
  • 10 euros socios de ANPA federada en FANPA
  • 30 euros non socios


CÁMPING CONCELLO DO GROVE

Datas de realización:
Xuño: 3 e 4
Sábado 3 chegada ó cámping ás 11:00 horas. Transporte particular.
  • Actividades acuáticas, actividade de rastrexo, actividades lúdicas no cámping e/ou na praia
O xantar e a cea do sábado e o almorzo do domingo están incluídos no prezo. As persoas que queden a comer o domingo pagarían 7 euros a maiores no mesmo día ao persoal do cámping e incluiría a merenda para levar.
Prezo por persoa en tenda de campaña (a levará cada familia):
  • 19 euros socios de ANPA federada en FANPA
  • 27 euros non socios
Prezo por persoa en bungalow:
  • 28 euros socios de ANPA federada en FANPA
  • 37 euros  para non socios
É posible que sexa necesario compartir o aloxamento do mesmo bungalow entre varias familias, debido a que é imprescindible completar a capacidade de cada un deles. Avisaráselles por teléfono persoalmente.


SAN CIBRAO DE LÁS

Día:
Maio: 13
Saída do autobús ás 9.30 h desde o Pazo da Cultura
  • 55 prazas dispoñibles
  • Visita guiada polo Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
  • Obradoiro de elaboración de pan de landra
  • Xantar incluído. Débese avisar no caso de ter algunha alerxia alimentaria
  • Merenda non incluída. Cada participante pode levar a súa.
  • O regreso será ás 18.00 horas no mesmo lugar de recollida


GRANXA XANCEDA

Datas:
Maio: 27
  • 55 prazas dispoñibles
  • Ás 9.00 h, saída desde o Pazo de Cultura
  • Pola mañá, visita á Aula da Natureza Brañas de Valga e á súa zona recreativa
  • Xantar non incluído. Cada un deberá levar a súa comida e bebida, xa que no lugar non hai posibilidades de comprala
  • Pola tarde, visita á Granxa Ecolóxica de Xanceda: animais, procesos e produtos elaborados, degustación
  • Regreso ás 18.00 h


ILLA DE SÁLVORA

Data:
Xuño: 10
  • 100 prazas dispoñibles
  • Saída ás 10.00 h do peirao de Bueu
  • Hai que levar a comida e a bebida que se vaia consumir, non hai posibilidade de comprala no sitio
  • Ruta de sendeirismo e visita guiada polo Parque Nacional
  • Regreso ás 17.30 h



Método de inscrición:

Actividade/s nas que se solicita inscrición:
Día que solicita:
Nome completo do/s adultos (nai/pai etc):
Teléfono de contacto:
Nome de fillo/s ou fillas + idade:
Socio de ANPA si/non
Deberá enviarse un xustificante como unha foto do carné da ANPA ou recibo como anexo no correo
Notas : Poderá indicarse aquí cuestións de enfermidades/ circunstancias psicofísica especiais/ alerxias ou o que consideredes oportuno comentar.
  1. Unha vez que vostede envíe o correo, responderáselle coa confirmación da reserva, en tanto haxa prazas dispoñibles, e a indicación da cantidade que deberá ingresar.
  2. Para proceder ao pago deberá ir a  a través da nosa plataforma de pagos seguros (https://fanpa.gal/vivencias), introducir a cantidade e proceder ao pagamento polo método da súa elección: tarxeta de crédito ou transferencia bancaria (manterase a reserva ata un prazo de 48 horas, tras recibir a resposta de correo de parte da FANPA).
Nota:
Coma noutras ocasións, unha vez inscritos na actividade, non se devolverá a contía de inscrición a non ser que non se poida asistir por enfermidade ou causa análoga debidamente xustificada.
No caso de facer a transferencia bancaria en persoa, recoméndase facer o ingreso na oficina  propia da conta bancaria correspondente para evitar custos  adicionais (Oficina de ABANCA, Rúa José Malvar Figueroa, 14 – Pontevedra)





          

0 comentarios:

Publicar un comentario